Renfe, a través da súa estratexia de Responsabilidade Social Empresarial “Un tren de valores”, estableceu unha serie de compromisos coa sociedade como eixes da súa xestión, entre eles un compromiso coa sustentabilidade e coa protección do medio ambiente.
Neste apartado podes conseguir toda a información sobre a nosa política ambiental, sobre as interaccións ambientais dos nosos servizos e sobre as nosas actividades no tocante á sustentabilidade. Ademais, desde aquí poderás coñecer toda a información para poderes participar con nós en actividades relacionadas co fomento da mobilidade sustentable e coa protección do medio ambiente.
Renfe, ademais de contar coas vantaxes asociadas a un modo de transporte sustentable coma o ferrocarril, realiza todos os días un esforzo encamiñado á redución dos seus impactos ambientais, cuns estándares esixentes de xestión ambiental froito do compromiso coa sustentabilidade e co medio ambiente adquirido por Renfe.
O ferrocarril é o modo de transporte de viaxeiros e de mercancías que presenta un menor impacto ambiental no seu conxunto, así como o modo que menos enerxía consome por unidade transportada, que presenta uns menores niveis de emisións de CO2, que menos contribúe á contaminación local nas áreas urbanas e que xera un menor impacto acústico. Ademais, a ocupación do terreo realizada polas infraestruturas ferroviarias é, en termos relativos, menor ca o espazo ocupado polas estradas.
Todas estas vantaxes ambientais, ademais doutras como son a menor taxa de accidentes do transporte ferroviario e a redución da conxestión urbana, fan que o tren sexa o modo de transporte que menos custos externos lle xera á sociedade. A estrada e a aviación xeran entre 2 e 5 veces máis custos externos ca o ferrocarril.
Menos emisións de CO2
O ferrocarril é o medio que realiza unhas menores emisións de CO2 por unidade transportada, entre 3 e 5 veces menos que viaxando por estrada e entre 7 e 10 veces menos que viaxando en avión. Renfe reduciu en máis dun 30% as súas emisións por unidade transportada no período 1990-2007.
Así, por exemplo, no traxecto Barcelona-Madrid un viaxeiro que utilice o Ave xera unhas emisións de 13 quilogramos de CO2, mentres que un viaxeiro que utilice o avión produce unhas emisións de 70 quilogramos. Con estes datos, o aforro na emisión de CO2 á atmosfera que se produce ao transferir viaxeiros do avión e do coche cara ao tren de Alta Velocidad é moi elevado. O aforro estimado en toneladas de CO2 pola transferencia modal desde o avión e o automóbil privado no corredor Madrid-Zaragoza-Barcelona cara ao tren de Alta Velocidad estímase anualmente en máis de 200 000 toneladas de CO2/ano, unha cifra similar á das emisións do consumo eléctrico doméstico dunha cidade como Zaragoza.
Estas menores emisións son debidas a:
<p class="texto_parrafo">Renfe xera unha serie de impactos ambientais menores ca outros modos de transporte, que ano tras ano nos esforzamos en reducir e, de ser posible, eliminar. As principais magnitudes ambientais durante o ano 2007 e a súa evolución son as seguintes:
Consumo enerxético:
| 2004 | % | 2005 | % | 2006 | % | 2007 | % | 2008 | % | |
| Tj tracción eléctrica | 7.094,10 | 65,7 | 7.496,00 | 71,7 | 7.483,00 | 71,8 | 7.402,00 | 72,2 | 7.724,89 | 73,8 |
| Tj tracción diésel | 3.705,01 | 34,3 | 2.956,93 | 28,3 | 2.935,84 | 28,2 | 2.845,61 | 27,8 | 2.740,46 | |
| Tj total | 10.799,11 | 10.452,93 | 10.418,84 | 10.247,61 | 10.465,35 |
| 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | |
| Kj / UT | 348,99 | 338,51 | 333,17 | 335,85 | 329,01 |
| Evolución (base 2004) | 100 | 97,00 | 95,47 | 96,23 | 94,27 |
| 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | |
| Kg CO2 debidos á electricidade | 897.785.314 | 780.875.625 | 700.527.629 | 705.245.921 | 596.532.400 |
| Kg CO2 debidos ao diésel | 267.596.000 | 255.370.640 | 253.548.540 | 245.757.400 | 236.676.729 |
| Total kg CO2 | 1.165.381.314 | 1.036.246.265 | 954.076.169 | 951.003.321 | 833.209.129 |
| g CO2/UT | 37,66 | 33,56 | 30,51 | 31,17 | 26,19 |
| Evolución en % sobre base 2004 | 100,00 | 85,27 | 77,48 | 79,20 | 66,56 |
Se queres coñecer ou ampliar a túa información sobre as nosas magnitudes ambientais, podes facelo na nosa memoria ambiental.
Froito do noso compromiso coa sustentabilidade e a protección do medio ambiente, Renfe integra en todas as súas actividades o respecto ao medio ambiente. Por este motivo, actualmente atopámonos en proceso de certificarmos os servizos das nosas diferentes áreas de actividade mediante a implantación de sistemas de xestión ambiental acordes coa norma UNE-EN-ISO 14001 e, nalgúns casos, mediante a implantación de sistemas integrados baixo a norma UNE-EN-ISO 14001 de xestión ambiental e UNE-EN-ISO 9001 de xestión da calidade.
Durante o ano 2007 os servizos de Renfe con sistemas de xestión ambiental certificados coa norma UNE-EN-ISO 14001 foron:
| Área de actividade | Servizo | Número de certificación |
|---|---|---|
| Taller de Córdoba | CGM 01/065 | |
| Fabricación e mantemento | Taller de Ourense | CGM 01/074 |
| Alta Velocidad - Larga Distancia | O transporte de viaxeiros e a prestación do servizo polas liñas de Alta Velocidad Madrid-Sevilla e Madrid-Málaga, así como o seguimento e control das actividades contratadas. | Este servizo dispón dunha certificación integrada SGI-001/2003, que inclúe: Certificación de calidade segundo a UNE-EN-ISO 9001 n.º ER- 1143/20003. |
| Cercanías e Media Distancia | Servizos de Media Distancia con trens TRD, rede Exprés e R-598. | GA-2007/0093 |
Ademais, Renfe certificou servizos de Cercanías segundo a norma de transporte público de pasaxeiros UNE-EN-ISO 13816, norma que inclúe como requisito o seguimento de varios indicadores ambientais cos que avaliar a mellora da xestión e a eficiencia en cuestións como o consumo de enerxía, de auga ou de papel. Estes servizos atópanse nos seguintes núcleos de Cercanías:
Tres liñas do núcleo de Cercanías de Asturias:
Máis información en: Cercanías Asturias
Tres liñas do núcleo de Cercanías de Bilbao:
Máis información en: Cercanías Bilbao
Tres liñas do núcleo de Cercanías de Valencia:
Máis información en: Cercanías Valencia
O respecto ambiental é un atributo esencial de Renfe e é un elemento de diferenciación fronte a outros modos de transporte. Por iso, Renfe incluíu a sustentabilidade como un dos obxectivos dos seus plans estratéxicos. Ademais, é un dos compromisos de Renfe en materia de responsabilidade social, dentro da súa estratexia "Un tren de valores".
A política, o compromiso e o decálogo ambiental constitúen os principais elementos da xestión ambiental en Renfe. Estas ferramentas, aprobadas polo Comité de Dirección de Renfe en decembro de 2005, sitúan a sustentabilidade como un elemento estratéxico para a compañía.
Política ambiental de Renfe
O obxectivo de Renfe no eido do medio ambiente é reducir e mesmo eliminar os efectos ambientais ligados aos seus servizos.
Para tal efecto, Renfe segue unha política ambiental baseada en tres eixes fundamentais:
Compromiso ambiental de Renfe
O compromiso ambiental de Renfe é o elemento que guía as súas accións ambientais. Establece as obrigas e compromisos que Renfe adquire co medio ambiente e co seu medio social e forma parte da aposta de Renfe polo desenvolvemento sustentable, na súa tripla dimensión: económica, social e ambiental.
Renfe comprométese a:
Establecer publicamente, e por escrito, os seus compromisos ambientais.
Asumir compromisos ambientais de carácter voluntario, máis aló mesmo da normativa ambiental por parte de Renfe.
Desenvolver os instrumentos de xestión máis axeitados para reducir, e mesmo eliminar, os seus impactos ambientais, mediante unha adecuada organización interna.
Establecer vías axeitadas para a participación das partes interesadas na xestión ambiental de Renfe.
Comprobar a eficacia da súa xestión ambiental mediante o control da súa implementación e cumprimento, así como mediante a súa actualización e adaptación permanente ás demandas da sociedade.
Deste compromiso, ademais, derívase un decálogo ambiental que regula o sistema de xestión ambiental de Renfe.
Decálogo ambiental:
En Renfe queremos que te impliques connosco na protección do medio ambiente. Por iso realizamos campañas educativas como as seguintes:
Aquí podes conseguir información de proxectos e foros a nivel nacional e internacional nos que participa Renfe, así como outras ligazóns relacionadas co ferrocarril, o transporte e o medio ambiente.
Outras ligazóns de interese:
© Renfe. Todos os dereitos reservados.
Información legal |