Renfe

Un tren de valores

A Responsabilidade Social Empresarial de Renfe

Transportar viaxeiros e mercancías baixo o principio de seguridade, cunha clara orientación cara ao cliente, coa máxima calidade, eficiencia, rendibilidade e innovación, sobre a base do compromiso coa sociedade e o desenvolvemento dos seus empregados. Esta é a principal obriga e responsabilidade de Renfe como operador ferroviario. A organización aposta, xa que logo, por un modelo de xestión empresarial baseado nun firme compromiso co desenvolvemento dos seus empregados, coa sociedade e co medio, a través dunha estratexia que impulsa a sustentabilidade, a cultura e a ética, e que impregna todos os niveis da compañía e todos os seus ámbitos de actuación.

Coa finalidade de impulsar de forma continua o seu compromiso cos seus grupos de interese, a compañía deseñou e desenvolveu nos últimos anos unha estratexia de Responsabilidade Social Empresarial denominada ‘Un tren de valores Renfe’. Un tren que vai máis aló dos obxectivos económicos e cualitativos propios de calquera compañía, que se abre tamén aos aspectos sociais, medioambientais, culturais e éticos.

Arredor deste tren de valores, Renfe elixiu catro eixes en torno aos cales se aliñan todas as accións de responsabilidade social que desenvolve a compañía, e que se plasman en catro compromisos voluntarios:

Coa sociedade e a accesibilidade

Coa cultura, a educación e o deporte

Coa sustentabilidade e o medio ambiente

Ético e de bo goberno

¿Qué es la RSE?

“A responsabilidade social empresarial implica, ademais do cumprimento estrito das obrigas legais vixentes, a integración voluntaria no seu goberno e na súa xestión; na súa estratexia, na súa política e nos seus procedementos; e nas preocupacións sociais, laborais, ambientais e de respecto dos dereitos humanos que xorden da relación e o diálogo transparentes cos seus grupos de interese, responsabilizándose así das consecuencias e os impactos que se derivan das súas accións.

Unha empresa é socialmente responsable cando responde satisfactoriamente ás expectativas que teñen os distintos grupos de interese sobre o seu funcionamento».

Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais

Como se organiza en Renfe a RSE

Co obxecto de canalizar as actuacións e os proxectos de Responsabilidade Social Empresarial, Renfe dispón dunha Comisión de RSE onde están representadas todas as áreas corporativas e operativas da compañía. O seu principal obxectivo é impulsar os proxectos vinculados á estratexia de RSE da empresa, así como o intercambio de experiencias e información entre as áreas.

Nas reunións mensuais da Subcomisión de RSE estúdanse os proxectos de Responsabilidade Social Empresarial postos en marcha por cada área de actividade e propóñenselle novas iniciativas ao Comité de Dirección.

© Renfe. Todos os dereitos reservados.
Información legal |