O asistente virtual do sitio web de Renfe-Operadora é un sistema que facilita axuda aos usuarios do portal mediante un procedemento de preguntas e respostas, e que proporciona a información solicitada ben mediante unha resposta directa ou ben mediante a oferta aos usuarios (a título informativo e sen carácter de invitación, consello ou suxestión) da posibilidade de acceder aos portais de terceiros.
A utilización deste servizo non esixe o tratamento de datos persoais do usuario ou de terceiras persoas, polo que se informa ao usuario de que se proporciona datos persoais propios ou de terceiros na utilización do servizo, Renfe-Operadora non realizará por si mesma ningún tipo de tratamento da devandita información.
O usuario comprométese a realizar un uso adecuado do servizo, de tal xeito que non deberán inserirse contidos inapropiados, ofensivos ou insultantes. De inserirse calquera contido semellante, a persoa que os facilite asumirá todas as responsabilidades derivadas.
No caso de que exista contradición entre a información facilitada mediante o asistente virtual e a mostrada polo portal de Renfe-Operadora, prevalecerá en todo caso a información proporcionada por esta páxina web.
Renfe-Operadora non será responsable de ningunha consecuencia derivada do uso do asistente virtual en contra destas condicións ou, en termos xerais, en contra da dinámica habitual de uso e funcionamento de servizos análogos. Tampouco será responsable das consecuencias que puidesen derivar dos posibles erros ou inexactitudes que puidese conter a información proporcionada a través do asistente, nin da información contida nas páxinas web que, a título informativo, poida proporcionar o asistente virtual.
© Renfe. Todos os dereitos reservados.
Información legal |