Os servizos de Cercanías son os que presta a Dirección Xeral dos Servizos de Cercanías e Media Distancia de Renfe-Operadora como tales, en cada momento, para cubrir as necesidades de mobilidade de cada núcleo. Enténdese por núcleo o ámbito xeográfico en que se prestan servizos de Cercanías. Estes servizos hanse realizaran cos medios materiais que en cada momento se destinen. Todos os servizos de Cercanías han estar debidamente sinalizados, para facilitar a súa identificación por parte do viaxeiro. Para utilizar os trens de Cercanías, os viaxeiros deberán posuír un título de transporte ou billete axeitado, nas condicións, prezos e horarios establecidos xenérica ou especificamente para cada oferta comercial. Os trens de Cercanías dispoñen dunha única clase, e a súa capacidade vén limitada polo número total de prazas, sentadas e de pé, de cada vehículo.
O título de transporte ou billete é o documento que formaliza o contrato de transporte entre Renfe-Operadora e o viaxeiro.
O contrato de transporte de viaxeiros en trens de Cercanías regúlase por estas Condicións xerais, que estarán a disposición dos viaxeiros.
No título de transporte figurarán claramente lexibles, como mínimo, as seguintes inscricións e indicacións:
A información sobre os seguros concertados (SOV e SRC) atópase nas oficinas de atención ao cliente e na correspondente páxina en Internet de Renfe-Operadora.
Segundo a súa utilización e de acordo coas condicións especiais establecidas para cada un deles, os títulos de transporte ou billetes poden ser:
Cada produto combinado poderá ter unhas condicións específicas que virán determinadas polo convenio comercial que o regule. Estas condicións estarán a disposición dos viaxeiros. Tamén serán válidos os abonos e títulos de transporte combinados con outros modos de transporte emitidos por entidades e institucións, que derivan de convenios subscritos cos mesmos, e cunhas condicións específicas que estarán, así mesmo, a disposición dos viaxeiros.
Os títulos de transporte ou billetes poderanse adquirir nos puntos de venda propios de Renfe-Operadora (despachos de billetes ou máquinas autovenda), nos alleos que esta autorice e, nos casos excepcionais previstos nestas Condicións, en ruta. Os títulos de transporte expediranse a través dos sistemas que Renfe-Operadora autorice.
O pagamento do importe dos títulos de transporte hase de efectuar en moeda de curso legal ou outro medio legal que Renfe-Operadora autorice. O viaxeiro deberá comprobar que os datos do título de transporte se axustan á súa petición. As reclamacións relativas ao título de transporte emitido ou ao importe do mesmo haberán de se formular no momento da súa expedición, agás no caso de que non haxa persoal na estación. En tal caso, poderase efectuar a reclamación en calquera estación que teña persoal ou dirixila por escrito a calquera oficina de Renfe-Operadora. En caso de perda ou extravío do título de transporte non se facilitará duplicado nin xustificante ningún. Inicio Inicio
Os títulos de transporte serán válidos para as datas, zonas, destinos e, no seu caso, período de tempo, indicados nos mesmos.
Ningún título de transporte será válido sen a correspondente impresión mecánica realizada no momento da súa emisión. A presentación simultánea ou consecutiva de máis dun título de transporte non será válida para realizar unha mesma viaxe a un prezo máis reducido, agás que o viaxeiro aboase a diferenza respecto ao prezo do total do traxecto. Calquera título de transporte adquirido antes dunha revisión de tarifas será válido para a súa data ou período de utilización, sen que cumpra aboar diferenza ningunha por parte do viaxeiro. A acumulación de descontos ou tarifas para a obtención dun título de transporte só será admitida nos termos establecidos nas tarifas correspondentes. Os billetes, abonos e tarxetas ou carnés non serán válidos se presentan deterioracións, emendas ou raspaduras. Nos núcleos con controis de acceso, unha vez pasados estes, tanto nas estacións de orixe como de destino ou, se for o caso, nas de transbordo, se o viaxeiro desexa acceder novamente á plataforma deberá adquirir un novo título de transporte ou efectuar unha nova cancelación no abono.
Todo billete emitido poderá ser anulado nas condicións que a continuación se recollen, en función da natureza do título.
No caso de títulos de transporte Multiviaje ou abonos, a anulación por pedimento do viaxeiro deberase realizar, con carácter xeral, antes do comezo do seu período de validez. Os títulos de transporte simples, de dúas viaxes e colectivos deberanse anular na estación de orixe antes de transcorridas dúas horas desde a súa adquisición. Na anulación dun título de transporte, agás que se cumpran os requisitos estipulados na condición 24, deducirase un 15% do importe do título anulado en concepto de gastos de anulación.
Os viaxeiros dos servizos ferroviarios de Cercanías teñen, entre outros, os seguintes dereitos:
Os viaxeiros teñen as seguintes obrigas:
Os viaxeiros non poderán:
Os supostos anteriores serán susceptibles de seren sancionados tras a instrución do correspondente procedemento sancionador, sen prexuízo, ademais -nos supostos das letras a) e d)- da exclusión do viaxeiro, de conformidade co disposto no artigo 90 do Regulamento do sector ferroviario, sen que neses casos este teña dereito ao reembolso do prezo pagado polo título de transporte.
Considerarase equipaxe os vultos de man que conteñan pezas de roupa e obxectos de uso persoal ou profesional pertencentes ao viaxeiro, cuxa natureza non contraveña as disposicións de seguridade establecidas nas leis e regulamentos e non represente perigo ou molestias para outros viaxeiros. Renfe-Operadora non será responsable de ningunha incidencia, roubo, extravío ou danos ocasionados na equipaxe derivados da súa mala colocación ou contido, agás que lle fosen imputables.
Admitirase o transporte de bicicletas nos trens e horarios expresamente autorizados en cada núcleo de Cercanías. Só se admitirá unha bicicleta por viaxeiro. A información correspondente aos devanditos extremos estará a disposición dos viaxeiros. A carga, custodia e descarga das bicicletas serán efectuadas polos seus propietarios e Renfe-Operadora non será responsable dos danos ou perdas que estas poidan sufrir durante a viaxe. O viaxeiro que leve unha bicicleta deberá manter en todo momento o coidado debido para garantir a seguridade e comodidade dos demais viaxeiros, e será responsable dos danos que se puidesen producir ao tren e a terceiros.
Unicamente se admitirá un animal por viaxeiro. Este transporte poderase realizar nos trens, horarios e estacións autorizadas en cada núcleo de Cercanías. A información correspondente a tales extremos estará a disposición dos viaxeiros.
Só se admitirán viaxeiros que porten armas nos trens de Cercanías cando cumpran os seguintes requisitos:
Cando se trate de persoal das Forzas Armadas, de forzas e corpos de seguridade, do Servizo de Vixilancia Aduaneira ou de traballadores de empresas de seguridade que realicen funcións de custodia ou vixilancia, abondará con exhibir a súa guía de pertenza e a súa tarxeta de identificación militar ou, no seu caso, carné profesional. Os viaxeiros portadores de armas deberán en todo momento actuar coa dilixencia e precaución necesarias e comportarse de forma que non poidan causar perigo, alarma, danos ou molestias aos demais viaxeiros ou aos seus bens.
Os obxectos esquecidos, perdidos ou abandonados polos viaxeiros, así como todos aqueles cuxa procedencia se descoñeza, que sexan achados nos trens, plataformas ou outras dependencias de Renfe-Operadora, serán conservados por esta durante un prazo de dous meses. Levarase un rexistro de todos eles, onde se reflectirá a súa referencia e características principais e o día e lugar en que foron atopados, para os efectos do destino que, no seu caso, se lles deba dar de acordo coas disposicións vixentes ou, no seu defecto, o seu alleamento en poxa pública. Se antes de proceder ao seu alleamento os donos destes obxectos solicitasen a súa entrega, esta levarase a efecto tras a debida xustificación e aboamento dos gastos que procedan, incluídos os do seu transporte ata un lugar distinto daquel onde foron atopados.Inicio Inicio
O viaxeiro que, procedente dunha estación con venda de billetes, acceda aos trens sen título de transporte válido ou sen a debida autorización deberá aboar o prezo dun título de transporte simple para o percorrido completo que vaia realizar, coa penalización ou recarga estipuladas nestas condicións, segundo corresponda. De negarse a isto, esixiráselle que abandone o tren na mesma estación, se o tren estiver estacionado, ou na seguinte con parada, caso de estar o tren en marcha. Todo o anterior será aplicable sen prexuízo de que, caso de identificar o viaxeiro, Renfe-Operadora formule a correspondente denuncia ante a Delegación do Goberno para a instrución do oportuno expediente sancionador por infracción administrativa, consonte o establecido no artigo 95 da Lei 39/2003, do 17 de novembro, do sector ferroviario. Para os efectos destas Condicións xerais entenderase que o viaxeiro carece de título de transporte cando non o formalizase, estea caducado, o presente con emendas, raspaduras ou riscos ou deteriorado (de tal forma que non permita comprobar os seus datos), ou cando non o acompañe da documentación necesaria habilitante para a natureza do título de transporte adquirido. As recargas aplicables, con independencia do prezo do billete e con excepción dos casos previstos no artigo 22 destas Condicións xerais, ascenderán ao dobre do importe do título de transporte simple, en día laborable (de luns a venres, non festivo), do máximo percorrido de cada núcleo. Naqueles núcleos integrados, total ou parcialmente, en consorcios de transporte, a recarga aplicable nestes supostos será a estipulada polo consorcio correspondente.
Antes de subir ao tren, o viaxeiro deberá comprobar que se trata do vehículo correspondente ao percorrido da súa viaxe e para o que o habilita o título de transporte adquirido. Os títulos de transporte para trens de Cercanías expediranse indistintamente para a súa utilización en praza sentada ou de pé por parte do viaxeiro.
A interrupción da viaxe por parte do viaxeiro non permite a súa continuación noutro tren posterior. O transbordo de trens que o viaxeiro haxa de efectuar para proseguir a viaxe polo itinerario e condicións indicadas no seu billete non se considerará interrupción da viaxe, senón trasbordo en ruta.
A perda ou abandono do tren por parte do viaxeiro na estación de comezo da viaxe ou no seu transcurso non dará dereito a ningún reembolso.
Poderáselles denegar tamén o acceso aos vehículos de transporte e ás salas de embarque ou de espera a aquelas persoas que non se sometan aos controis de seguridade establecidos para o acceso dos viaxeiros aos vehículos. Nese caso o viaxeiro non terá dereito ao reembolso do prezo do billete.
Naqueles casos en que o cambio de horarios se produza cando o viaxeiro non chegou a concluír o consumo total do seu título Multiviaje ou Abono, e non estea de acordo ou se vexa prexudicado polo novo horario nas súas expectativas de viaxe, sempre que non utilizara o seu título de transporte con posterioridade ao cambio de horarios poderá solicitar o reintegro dos días restantes de acordo co disposto para títulos de transporte Multiviaje na condición 26, apartado 1.A.
Renfe-Operadora está obrigada a efectuar o transporte contratado coa duración prevista nas condicións recollidas no título de transporte e nestas Condicións xerais, agás en caso de forza maior. Renfe-Operadora terá a disposición dos viaxeiros un libro ou follas de reclamacións nos termos previstos na lexislación ferroviaria. O viaxeiro que se considere lesionado no seu dereito poderá expoñer as súas queixas no devandito libro ou folla de reclamacións ou utilizando como medios de comunicación o correo ordinario, teléfono, telefax, correo electrónico, así como a través da Internet conforme se estableza para tal efecto ou mediante documento ou carta dirixida a calquera oficina de Renfe-Operadora. O prazo de presentación da reclamación será dun mes desde que se teña coñecemento do feito que a motivou. Sen prexuízo da utilización do libro ou follas de reclamacións, o viaxeiro poderá reclamar os danos e perdas ocasionados por Renfe-Operadora por vía xudicial ou, se for o caso, arbitral.
Agás por causa de forza maior, o viaxeiro afectado por unha cancelación, interrupción ou atraso da viaxe terá dereito a recibir a indemnización correspondente.
26.1 Cancelación do servizo de transporteEntenderase por cancelación da viaxe, sempre que non concorran causas de forza maior, a imposibilidade por parte de Renfe-Operadora de iniciar a mesma nas condicións recollidas no título de transporte, debido á supresión de trens durante polo menos unha hora. En caso de cancelación do servizo, o viaxeiro poderá optar por:
26.2 Interrupción da viaxeEntenderase por interrupción da viaxe, sempre que non concorran causas de forza maior, a súa paralización mentres se está a desenvolver. En caso de interrupción da viaxe unha vez iniciada, Renfe-Operadora estará obrigada a proporcionarlle ao viaxeiro, o máis axiña posible, o transporte noutro tren ou modo de transporte en condicións equivalentes ás pactadas. O viaxeiro poderá renunciar tamén a continuar a viaxe, ante o cal se procederá a indemnizalo nas mesmas condicións ca as estipuladas no apartado A) da condición anterior.
26.3 Atraso do tren
26.4 Supostos especiaisCando exista cancelación ou interrupción do servizo contratado por persoas con discapacidade ou mobilidade reducida, levarase a cabo a habilitación do seu título de viaxe para outro tren ou modo de transporte coas mesmas condicións de accesibilidade que tiña o anterior.
Todos os clientes con billete de Cercanías e co desconto vinculado ao seu uso poderán utilizar os aparcadoiros asociados ás estacións xestionadas por Cercanías de Renfe-Operadora mediante o aboamento dos prezos establecidos polas tarifas en vigor o día da súa utilización. Os devanditos prezos están recollidos no cadro de prezos oficiais exposto nos AVISOS de información aos viaxeiros nos correspondentes taboleiros de anuncios. Entrada en vigorEn cumprimento do establecido polo artigo 59 da Lei 39/2003, do 17 de novembro, do sector ferroviario, as presentes Condicións xerais de contratos de transporte de viaxeiros de Cercanías foron obxecto da preceptiva autorización polo Ministerio de Fomento mediante a Resolución do secretario de Estado de Infraestruturas e Planificación do 21 de xuño de 2006, por delegación da ministra de Fomento de conformidade coa Orde FOM/2893/2005, do 14 de setembro (BOE do 19 de setembro de 2005), e entrarán en vigor no prazo dun mes desde a súa notificación á empresa ferroviaria Renfe-Operadora.
© Renfe. Todos os dereitos reservados.
Información legal |