1.1.1. Estas Condicións xerais de contratación sonlles de aplicación aos contratos de transporte de mercancías, entendidas como tales calquera clase de bens, que realiza Renfe-Operadora.
De igual modo, estas normas seranlles de aplicación a aqueles transportes que, realizados por ferrocarril, precisen ser complementados por outros modos de transporte, sempre que estes últimos sexan antecedentes ou consecuentes e de carácter complementario ao realizado por ferrocarril.
Os devanditos transportes complementarios rexeranse pola súa normativa específica.
1.1.2. Porén, quedan excluídos do ámbito de aplicación destas condicións:
1.1.3. Estas condicións consideraranse, en canto poidan existir diferenzas entre ambas, subsidiarias e supletorias das establecidas particularmente no contrato principal.
As normas específicas que rexen nesta materia serán as correspondentes ao sector ferroviario, ademais da lexislación civil e mercantil de aplicación xeral e común.
Para os efectos destas Condicións xerais formúlanse as definicións seguintes:
Conforme o artigo 43 da Lei 39/2003, do 17 de novembro, do sector ferroviario, considérase empresa ferroviaria aquela entidade titular dunha licenza de empresa ferroviaria cuxa actividade principal consiste en prestar servizos de transporte por ferrocarril consonte os termos establecidos na devandita lei.
É o contrato mediante o cal a empresa ferroviaria se obriga, en nome propio e mediante un prezo, a transportar por ferrocarril dun lugar a outro, mesmo cando sexa preciso complementalo con outros modos de transporte en vagón completo, tren completo, contedor ou contedores, as mercancías que lle foron encomendadas.
Para os efectos destas Condicións xerais de contratación enténdese que:
Denomínase operador de transporte de mercancías a persoa física ou xurídica titular dunha empresa que, xa sexa baixo a configuración de axencia de transporte, de transitario, de almacenista distribuidor, ou de empresa que dispoña dos seus propios vagóns ou doutros elementos de transporte, estea habilitada para intermediar nos termos legalmente establecidos na contratación do transporte de mercancías, actuando como organización interposta entre os cargadores e os carrexadores, e que contacta en nome propio tanto con uns coma con outros.
Denomínase carrexador a empresa ferroviaria que, en virtude do contrato de transporte de mercancías por ferrocarril asume, en nome propio, a obriga de transportar as mercancías por ferrocarril dun lugar a outro.
Cando se contratase o transporte coa mediación dun operador de transporte, este ocupará a posición de carrexador fronte ao cargador, e responderá do cumprimento de todas as obrigas e responsabilidades que se lle atribúen ao carrexador nestas Condicións xerais, coma se realizase o transporte el mesmo.
A persoa física ou xurídica que, xa sexa por conta propia ou como operador de transporte, solicita a realización do transporte en nome propio e fronte á cal o carrexador asume, en virtude do contrato de transporte, a obriga de realizalo.
A persoa física ou xurídica que lle fai a entrega material das mercancías ao carrexador para o seu transporte. Poderá ser expedidor das mercancías o propio cargador ou unha persoa distinta que actúe por conta daquel.
A persoa física ou xurídica a quen o carrexador ten que lle entregar as mercancías obxecto do transporte unha vez rematado este. Poderá ser consignatario das mercancías o propio cargador ou unha persoa distinta.
É o documento realizado en formato papel ou por medios telemáticos (carta de porte electrónica) que formaliza o contrato de transporte entre a empresa ferroviaria que realizará o servizo de transporte de mercancías e o cliente. O devandito documento conterá, como mínimo, os datos que figuran na condición 3.1. destas Condicións xerais. A ausencia da carta de porte non afectará necesariamente a existencia nin a validez do contrato, sen prexuízo de que as partes se poidan esixir mutuamente a súa formalización.
É o conxunto de vagón, vagóns, contedor ou grupo de contedores cunha mesma orixe e destino, facturado por un mesmo cliente, que transporta a mesma mercancía ou diferente e que está amparado por un único documento carta de porte, con ou sen anexos, segundo se compoña dun ou varios vagóns ou contedores.
É a expedición composta por varios vagóns, contedores ou varias expedicións que, sen formar un tren completo, teñen unha mesma orixe, destino e remitente.
É o acto mediante o cal o cargador acepta o vagón ou contedor posto á súa disposición, e mediante o cal queda formalizado o contrato de transporte.
Enténdese por asignación e posta a disposición a designación do vagón, vagóns ou contedores que cómpre utilizar para realizar un determinado transporte, así como a situación do material no lugar e condicións adecuados para a súa carga e/ou descarga, momento a partir do cal contará o prazo para a realización destas operacións.
Considérase un vagón completo o conxunto de mercancías entregado dentro ou sobre un vagón e que constitúe unha expedición.
Considérase un tren completo a expedición composta por un determinado número de vagóns que teñen unha mesma orixe, destino e remitente.
É aquel vagón propiedade dunha persoa física ou xurídica distinta dunha empresa ferroviaria que foi autorizado a circular polas vías para realizar transportes propios e alleos.
É a demora sobre o prazo establecido para realizar as operacións de carga e/ou descarga dun vagón ou contedor propiedade da empresa ferroviaria ou dun terceiro por parte do cargador ou do consignatario. Para determinar o período da paralización computaranse, por períodos ininterrompidos de 24 horas cada un, todos os días que transcorran desde o momento en que a carga ou descarga debeu quedar completada ata o momento en que efectivamente se levou a cabo.
Son os gastos orixinados a consecuencia dos servizos complementarios que poderá prestar Renfe-Operadora en desenvolvemento do propio contrato de transporte e que excedan do contido básico do contrato de transporte, tal como aqueles que se deriven da almacenaxe de mercancías, a limpeza de vagóns e contedores, o aluguer de toldos etc.
3.1.1. Os remitentes entregarán na estación de facturación ou, se é o caso, mediante medios telemáticos unha declaración-carta de porte autorizada coa súa sinatura manual ou electrónica axustada ao modelo que Renfe-Operadora teña establecido.
O contido da declaración-carta de porte debe ser cuberto, conforme as instrucións facilitadas para o efecto, na parte correspondente a cada un dos contratantes.
3.1.2. A declaración-carta de porte deberá incluír, como mínimo, os seguintes datos:
3.1.3. A declaración-carta de porte, entregada en formato papel ou remitida por medios telemáticos polo remitente a Renfe-Operadora ou ao persoal por ela designado, será o título de contrato de transporte, con base no cal se decidirán todas as cuestións que ocorran, e quedará sempre unha copia en poder de Renfe-Operadora. O modelo de carta de porte establecido por Renfe–Operadora non se poderá substituír por outro documento, nin se lle poderán engadir outros distintos dos autorizados.
3.1.4. Aqueloutros documentos que, sen reunir os requisitos esixidos para poder ser considerados como declaración-carta de porte, fosen expedidos polas partes intervenientes no contrato de transporte en formato papel ou electrónico, terán a forza probatoria que se deduza do seu contido, así como a que se deduza de calquera outra proba xurídica.
3.1.5. Non obstante o anterior, poderase solicitar tamén a facturación de expedicións ou vagóns mediante telefax, segundo o modelo que estableza Renfe-Operadora. Estas solicitudes de facturación só poderán ser realizadas por clientes con tarxeta de crédito, considerándose a documentación remitida polo devandito medio como un preanuncio dun transporte posterior. Máis adiante haberá que cubrir a declaración-carta de porte.
Agás no caso de se efectuar a facturación con carta de porte electrónica, Renfe-Operadora ou o persoal por ela designado entregaralle ao remitente, no acto de facturación, un talón-duplicado da carta de porte, asinado e selado pola estación expedidora, que conterá os mesmos datos sinalados na declaración-carta de porte, ademais dun espazo onde o consignatario asinará o recibo da mercancía. Renfe Operadora non está obrigada a entregar os documentos anexos internos á declaración-carta de porte.
O remitente poderá rexeitar o talón-duplicado da carta de porte se non se consignaron nel os datos de constancia obrigatoria consonte o prescrito anteriormente.
O contrato de transporte quedará plenamente perfeccionado despois de cumpridos os seguintes requisitos:
As operacións indicadas nos apartados 2, 3 e 4 poderanse efectuar a través de medios telemáticos no caso de se empregar a carta de porte electrónica.
Cumpridos estes requisitos, considerarase plenamente perfeccionado o contrato e terase por ben feita a entrega a Renfe-Operadora.
O remitente será responsable da exactitude da declaración-carta de porte e das consecuencias que lle poida ocasionar a Renfe-Operadora ou a terceiros por omisión, erro ou falsidade na mesma.
En consecuencia, o remitente que cubra unha declaración-carta de porte de maneira falsa ou incompleta, tanto no que atinxe á natureza da mercancía como ao seu peso, co fin de satisfacer un porte menor ca o que lle corresponda, deberalle aboar a Renfe-Operadora, en concepto de penalización, o dobre do prezo que resulte polo exceso de peso ou pola diferente natureza da mercancía declarados. Tamén deberá resarcir a Renfe-Operadora e a calquera terceiro por todos os danos e perdas que se produzan como consecuencia da devandita declaración.
Cando ao volver pesar os vagóns ou contedores cargados polos remitentes se observe sobrecarga, Renfe-Operadora percibirá tamén, en concepto de penalización, unha sobretaxa igual a CINCO VECES o prezo que correspondería aplicarlle ao transporte do peso que superase a carga máxima establecida.
Naqueles transportes concertados a portes debidos, e no caso de que o consignatario se fixese cargo da mercancía obxecto de declaración falsa ou incompleta, Renfe-Operadora terá dereito a esixir o importe do dobre do prezo pactado polo peso da mercancía que superase o peso declarado na carta de porte, se o remitente non os satisfixese. Non obstante, o consignatario non estará obrigado ao pagamento se rexeitou facerse cargo da mercancía.
Cando por sospeitas de falsidade na declaración do contido ou peso dun vulto, un vagón, un contedor ou unha expedición, cargados polo remitente sen intervención de Renfe-Operadora, esta decidise rexistralo ou comprobar o peso, realizarase o recoñecemento ou repeso ante testemuñas, coa asistencia do remitente ou consignatario. Se estes non asistisen ao acto, volverán ser citados a través dun notario. Se aínda así non asistisen, abrirase o vulto, contedor ou vagón, ou realizarase o repeso, en presenza do referido notario e, se procede, das testemuñas, ou ante a Xunta Arbitral do Transporte competente. Poderase prescindir das testemuñas cando presencie o recoñecemento ou repeso un notario ou a Xunta Arbitral do Transporte.
Sobre o recoñecemento e o seu resultado redactarase a acta correspondente para os efectos procedentes, que asinarán todos os presentes, despois de identificados, e na que deberá constar: o lugar e a data do recoñecemento; o aviso dado ao remitente ou ao consignatario; a súa asistencia ou ausencia; o número de vultos, vagóns, contedores e clase de mercancía; o seu estado e circunstancias segundo a declaración-carta de porte e as que teñan realmente ao abrir o vulto, vagón ou contedor; e os nomes e domicilio das testemuñas, se as houber.
Se tras o rexistro practicado non resultase ser falsa a declaración do expedidor, todos os gastos correrán por conta de Renfe-Operadora, mesmo os de reembalaxe da mercancía.
Se, pola contra, resultase falsa a declaración, estes gastos serán satisfeitos polo remitente ou polo consignatario, se este se fai cargo da mercancía.
Renfe-Operadora non estará obrigada a admitir:
Renfe-Operadora terá dereito a rexeitar o transporte dos vultos, mercancías ou contedores sobre vagón no caso de ter fundadas sospeitas de que, polo seu acondicionamento interior ou contido, poidan sufrir avaría ou deterioración, así como aqueloutros vultos ou expedicións cuxas embalaxes ou envases se estimen defectuosos ou insuficientes para a boa conservación da mercancía ou, de ser o caso, cando se trate de mercancías que deberían ir sinalizadas mediante as oportunas marcas e inscricións que advirtan do risco que pode implicar a súa manipulación para as persoas ou as propias mercancías.
O remitente deberá etiquetar cada vulto indicando con caracteres claros e permanentes a estación de destino, os nomes e enderezos do remitente e consignatario, a clase de mercancía e, se fosen varios os vultos que formasen a expedición, sinalarase en cada etiqueta o número do vulto e farase referencia ao número total de vultos. As numeracións das correspondentes etiquetas deberanse corresponder coas que, de ser o caso, se fixese constar nas cartas de porte.
Renfe-Operadora poderá establecer, se procede, un modelo único de etiqueta e/ou rotulado que permita unha identificación máis fácil dos vultos.
Renfe-Operadora non será responsable dos posibles erros que se poidan producir na entrega dos vultos en destino que se deriven dunha etiquetaxe insuficiente e inadecuada.
A obriga de pagar o prezo do transporte recaerá sobre o cargador ou remitente cando se concertase a porte pagado, e sobre o consignatario ou persoa autorizada cando se concertase a porte debido.
Os gastos que se produzan a consecuencia de petición expresa do cargador, remitente ou consignatario por repeso, precintos, demora na carga, descarga ou retirada (paralización do material ou almacenaxe) ou outros gastos análogos, deberán ser satisfeitos polo remitente ou consignatario que os motivase.
O establecido nos parágrafos precedentes enténdese de aplicación, agás que Renfe-Operadora e o cliente pactasen outra forma de pagamento dos portes e gastos accesorios (a través de tarxeta de crédito, cheques etc.).
Renfe-Operadora terá sobre as mercancías os dereitos dun acredor preferente pola totalidade dos créditos que existan ao seu favor como consecuencia do contrato de transporte. Este dereito prescribirá aos oito días de se facer a entrega e, unha vez prescrito, conservará os dereitos que lle outorguen as disposicións en vigor como acredor ordinario. Poderá entón esixir a venda xudicial, a través da autoridade xudicial ou Xunta Arbitral do Transporte competente, para se resarcir do importe dos devanditos créditos.
Conforme o establecido no artigo 91 do Regulamento do sector ferroviario, os cargadores e consignatarios deberán constituír un seguro de responsabilidade civil que cubra os posibles danos que se poidan ocasionar nas operacións de carga e descarga da mercancía.
O pagamento dos portes e gastos accesorios terá que se realizar ao contado en moeda de curso legal ou a través doutros medios de pagamento previamente acordados con Renfe-Operadora, de acordo co disposto na condición 3.9.
As reclamacións por diferenza ou erro no cambio de moeda, falsidade dela etc. deberanse facer no acto de pagamento. Todas as presentadas posteriormente serán desestimadas.
Agás que exista un pacto previo en contrario das partes, as expedicións que se efectúen en réxime de carga completa serán cargadas e descargadas polos seus remitentes e consignatarios, respectivamente, que se valerán dos elementos de que dispoñan ou dos que mediante o pagamento do correspondente prezo poña á súa disposición Renfe-Operadora.
O cargador e/ou remitente será responsable dos danos e perdas que por neglixencia nas devanditas tarefas se lle ocasionen a Renfe-Operadora ou a terceiros ao longo do transporte, incluídos os que afecten o normal desenvolvemento da circulación ferroviaria, sen prexuízo de que poida exercitar as accións procedentes contra o expedidor que, de ser o caso, realizase a carga e estiba.
Non obstante, Renfe-Operadora poderá dar instrucións para a colocación e estiba das mercancías que compoñen o envío ou a expedición, podendo chegar a ser responsable dos danos que se produzan na mercancía a causa da súa colocación e estiba cando esta fose realizada de acordo coas devanditas instrucións se estas foron determinantes dos danos ocasionados.
Antes de efectuar a carga, o remitente deberá comprobar que os vagóns ou contedores postos á súa disposición son aptos para o uso ao que pretende destinalos, non teñen defectos visibles e están limpos, e terá que informar inmediatamente a Renfe-Operadora de calquera obxección.
O remitente que acepte un vagón con avarías evidentes ou sen limpar asume toda a responsabilidade polos danos que, como consecuencia de tal estado, poidan afectar a mercancía cargada.
Para as operacións de carga e descarga indicadas concederase un prazo de oito horas hábiles, que empezarán a contar desde o momento en que o vagón se puxo a disposición e desde o aviso ou notificación directa e suficiente ao consignatario, respectivamente, conforme se indica na condición 4.8. De non efectuarse as devanditas operacións no prazo sinalado percibiranse os dereitos que procedan por paralización do material e, se for o caso, almacenaxe.
Transcorrido o prazo concedido para a descarga sen que o consignatario a realizase, Renfe-Operadora, cando o estime necesario, poderá realizala por conta daquel, cobrándolle os gastos que se orixinen, sen prexuízo de percibir os dereitos que correspondan por paralización de material e almacenaxe. Para iso será indispensable que vencese o prazo anterior e que o vagón fose posto a disposición á hora acordada, para que a causa da demora non se lle poida atribuír a Renfe-Operadora.
Os consignatarios deberánlle devolver a Renfe-Operadora os vagóns ou contedores utilizados no transporte no mesmo estado en que lles foron entregados, e serán responsables dos danos e perdas que se puidesen causar polo incumprimento desta obriga.
En vagón completo, o mínimo de peso de taxación será o que se sinale nas tarifas aplicables segundo os acordos ou convenios establecidos en cada caso, e deberase redondear para os efectos de taxación ao múltiplo de 100 kg superior.
A distancia mínima de taxación será de 100 km. Na aplicación de tarifas por parte de Renfe-Operadora as distancias quilométricas estableceranse por quilómetros completos, é dicir, redondeando por exceso toda fracción de quilómetro. Para tal efecto existirán unhas táboas que estarán a disposición dos usuarios ou clientes nas estacións abertas ao tráfico de mercancías e na correspondente páxina da internet de Renfe-Operadora.
Calquera petición de ruta que puidese facer o remitente terá carácter meramente indicativo e, xa que logo, non obrigatorio para Renfe-Operadora. Esta realizará o transporte seguindo o percorrido que estime conveniente para o mellor servizo. Os prazos máximos serán os que correspondan pola vía de taxación dos portes, e a ruta escollida será a máis curta, con excepción dos casos en que os organismos oficiais competentes impoñan xustificadamente outras rutas.
No suposto de que Renfe-Operadora aceptase a ruta solicitada polo usuario, consignará expresamente esta aceptación na declaración-carta de porte e no talón duplicado da mesma, caso en que tanto os portes que se cobren coma os prazos máximos de transporte serán os que correspondan a esta ruta.
Se, feita a petición de vía polo usuario, Renfe-Operadora non consignase expresamente a súa conformidade, entenderase que non a acepta.
Mentres o remitente conserve no seu poder o talón-duplicado da carta de porte e a mercancía non chegase á estación destinataria, poderá solicitar calquera cambio de consignación ou de destino presentando o devandito talón-duplicado e aboando os novos portes e demais gastos que se puidesen ocasionar. Unha vez feitas as indicacións precisas no devandito talón ou, cando corresponda, trocado este por outro en que conste a novación do contrato, Renfe-Operadora devolverallo ao remitente.
Renfe-Operadora terá dereito a percibir ou, de ser o caso, obriga de reintegrar as cantidades que correspondan a consecuencia do cambio de destino.
Nas expedicións de cargas completas en que, por pedimento do cliente, Renfe-Operadora autorizase o cambio de destino ou a composición en ruta e isto variase os destinos finais ou o número de vagóns que a compoñen, entenderase que a expedición finaliza onde se produce o cambio e , a partir de alí, se xera unha expedición ou varias novas.
Cando despois de facturada unha mercancía xurdisen dificultades alleas ao servizo de Renfe-Operadora que imposibiliten o transporte ou a entrega da remesa ao consignatario, Renfe-Operadora, en apreciación das circunstancias do caso, avisará o remitente (se a mercancía non chegou aínda ao destino) ou o consignatario (se esta estivese xa na estación destinataria). Recibido este aviso o remitente ou, de ser o caso, o consignatario presentará o talón-duplicado da carta de porte e poderá dar instrucións sobre a forma en que desexa que se proceda coas mercancías. Renfe-Operadora procurará cumprir as devanditas instrucións.
Nos casos de atraso por causa imputable a Renfe-Operadora, o consignatario poderá facer uso do establecido no artigo 371 do Código de Comercio, ben exercendo o dereito de rexeitamento ou ben reclamando a indemnización máxima que lle corresponda consonte o pactado ao respecto ou o sinalado na condición 4.16.
No caso de cancelación ou interrupción dun servizo de transporte ferroviario de mercancías por causas imputables a Renfe-Operadora , esta estará obrigada a proporcionar, a elección do cliente, o transporte da mercancía noutro tren ou noutro modo de transporte ou, en caso contrario, a devolverlle ao cliente o importe pagado, sen prexuízo das indemnizacións ás que isto dese lugar.
No caso de que, por se interromper o servizo ferroviario nalgún punto por causas non imputables a Renfe-Operadora, se establecesen medios supletorios e complementarios de transporte para lle dar continuidade ao tráfico, os remitentes ou consignatarios satisfarán os gastos inherentes á prestación dos devanditos servizos supletorios e complementarios.
Se con motivo da expresada interrupción as mercancías tivesen que conducirse por un percorrido máis longo, Renfe-Operadora terá dereito a percibir o prezo do transporte correspondente a este maior percorrido, sempre que non lle sexa imputable á súa modificación.
En todas aquelas expedicións que non cumpra entregar no domicilio dos consignatarios, Renfe-Operadora comunicaralles telefonicamente, mediante telefax ou por correo electrónico a chegada das súas expedicións, e procurará deixar constancia de cando realizou tal comunicación, en especial para as expedicións que constitúen vagón completo, co fin de evitar que se produzan paralizacións do material e o conseguinte pagamento por parte dos consignatarios.
A entrega das expedicións ao consignatario no domicilio, na estación ou na dependencia de destino habilitada con tal efecto levarase a cabo, tras devolverlle a Renfe-Operadora o talón-duplicado da carta de porte, consonte as seguintes condicións:
1. As expedicións entregaránselle sempre ao consignatario, despois da súa identificación mediante exhibición do DNI ou outro documento equivalente e a devolución do talón-duplicado da carta de porte debidamente asinado.
2. Así mesmo, no caso de ausencia do consignatario será suficiente a sinatura doutra persoa autorizada mediante poder de representación legalmente outorgado.
3. No caso de que o consignatario perda o talón-duplicado da carta de porte poderáselle entregar a mercancía, sempre que acredite suficientemente a súa personalidade, mediante a redacción dun documento acreditativo da recepción desa mercancía, que producirá os mesmos efectos ca a presentación do talón-duplicado.
4. A aceptación polo consignatario das expedicións transportadas, o seu troco polo talón-duplicado da carta de porte ou polo documento que no seu caso o substitúa e o pagamento dos dereitos de transporte e demais gastos, se non fosen satisfeitos na procedencia, extinguen toda acción contra Renfe-Operadora, tanto por parte do remitente coma do consignatario, agás cando no mesmo acto da entrega se fixesen constar por escrito, en forma regulamentaria, as reclamacións ou reservas de dereitos que puidesen ter lugar, de acordo co que estipulan os artigos 366 e 374 do Código de Comercio. De non mediar estas reservas, unicamente serán admisibles con posterioridade á entrega as reclamacións relativas a portes ou outros gastos pagados indebidamente a Renfe-Operadora.
Poderase rectificar, no momento de entrega da mercancía no destino, calquera omisión ou erro que se cometese no peso ou no prezo. Este dereito é recíproco entre Renfe-Operadora e o consignatario.
Con respecto a isto, cando se realice un repeso dunha expedición e se encontre diferenza co inicialmente declarado, considerarase o novo peso como o peso neto, que servirá para efectuar a correspondente rectificación da taxación.
Nas mercancías que poidan sufrir incrementos ou diminucións de peso polas súas características propias ou por condicións externas ao transporte, tal como fenómenos climatolóxicos imprevistos, recoméndase o seu repeso no destino. En calquera caso, Renfe-Operadora non será responsable das variacións de peso que experimenten as mercancías por estas circunstancias.
Malia o anterior, cando a diminución de peso sexa inevitable, en casos moi específicos poderanse establecer acordos cos remitentes ou consignatarios que contemplen esta particularidade na taxación.
Cando por calquera motivo se repesen as mercancías na estación de destino, o peso efectivo servirá como base:
Se a expedición estivese suxeita a un cargamento mínimo máis elevado ca o peso de taxación obtido consonte as regras antes sinaladas, aplicarase o devandito mínimo de cargamento conforme o establecido nas condicións que o regulen.
Toda reclamación por avaría, perda ou falta de parte dunha remesa deberá ir precedida da formalización dunha acta de recoñecemento, que se poderá efectuar dun modo amigable entre o consignatario e Renfe-Operadora ou, de ser o caso, ante notario ou ante a Xunta Arbitral do Transporte competente.
Sempre que as partes o estimen necesario, poderán designar peritos para que asistan ao recoñecemento, os cales subscribirán a acta que se formule cando proceda. Cada unha das partes aboará os honorarios do seu perito e se, no caso de discrepancia, se nomease xudicial ou extraxudicialmente un perito terceiro, os seus honorarios serán satisfeitos metade e metade entre ambas as partes, agás que se acorde outra cousa.
No suposto de que o nomeamento o faga a Xunta Arbitral do Transporte competente, esta nomeará un perito segundo o procedemento establecido na súa normativa.
O acto de recoñecemento realizarase no momento da entrega das mercancías, en que se fará constar o estado exterior e visible das mercancías ou dos vultos; o seu peso, marcas e número; a natureza e cantidade; as súas cualidades e estado; se a molladura ou calquera outra deterioración é ou non recente; o tempo en que puido acaecer a avaría; a causa apreciable dela e, finalmente, o valor do dano ou estrago real da mercancía ou calquera outro dato ou indicación que se considere conveniente.
No caso de se tratar de falta de mercancía e/ou danos ocultos que non puidesen ser apreciados no momento da entrega das mercancías, o prazo máximo para formular a reclamación será de 24 horas contadas a partir do momento de entrega da mercancía, conforme o artigo 366 do Código de Comercio.
As actas de recoñecemento a que se refire esta condición serán unha proba dos feitos, circunstancias e apreciacións que consten nelas, sen prexulgar ningún dereito.
Cando o consignatario e/ou destinatario non se atope no domicilio indicado na declaración-carta de porte, rexeite recibir a mercancía ou non a retire cando lle corresponda facelo, Renfe-Operadora deberalle pedir novas instrucións ao remitente.
Se as novas instrucións dadas por este consistisen no traslado da mercancía a un destino distinto do indicado na carta de porte, Renfe-Operadora poderá optar entre solicitar o depósito da devandita mercancía conforme as indicacións do parágrafo seguinte ou realizar o seu transporte ata o seu novo destino, aplicándose neste caso as regras previstas na condición 4.16.
Se Renfe-Operadora non lle puidese solicitar novas instrucións ao remitente, ou se as devanditas instrucións non fosen dadas por este no prazo de dúas horas contadas desde que lle foron solicitadas, Renfe-Operadora poderalle solicitar o depósito das mercancías correspondentes á autoridade xudicial ou á Xunta Arbitral do Transporte competentes a disposición do remitente, sen prexuízo de terceiro con mellor dereito. O devandito depósito producirá os efectos da entrega.
De igual modo, e conforme o indicado no parágrafo anterior, Renfe-Operadora poderá solicitar o depósito das mercancías cando o transporte se concertase a porte debido e o consignatario se negase a pagar o prezo no momento da entrega das mercancías, agás que se xustifique que está pactado o pagamento adiado. En caso contrario, o pagamento do devandito prezo deberase efectuar no momento da entrega da mercancía e ao contado.
Os gastos xerados polo devandito depósito serán por conta do cargador-remitente ou do consignatario.
Transcorridas 24 horas desde que Renfe-Operadora lle entregou as mercancías ao consignatario ou as depositou nos termos previstos na condición anterior sen que aquel realizase o pagamento do prezo do transporte cando este fose concertado a porte debido, Renfe-Operadora poderá esixir a venda ou alleamento ante a autoridade xudicial ou a Xunta Arbitral do Transporte competente daquela parte das mercancías que resulten suficientes para cubrir o prezo do transporte e os gastos que tivese que realizar.
Este dereito especial prescribirá aos 8 días de se facer a entrega ou depósito das mercancías e, unha vez prescrito, Renfe-Operadora non poderá exercer outra acción que a que lle corresponda como acredor ordinario.
Renfe-Operadora terá os dereitos dun acredor preferente sobre as mercancías pola totalidade dos créditos que existan ao seu favor como consecuencia do contrato de transporte; e mesmo despois de entregadas as mercancías ao consignatario, conservará os dereitos que lle outorgan as disposicións en vigor e poderá esixir a venda xudicial ou o alleamento das mercancías transportadas a través da correspondente Xunta Arbitral do Transporte, para se resarcir do importe dos devanditos créditos.
Cando as mercancías transportadas corran o risco de se perder pola súa natureza ou por accidente inevitable, sen que haxa tempo para realizar a entrega nin para que os seus donos dispoñan delas ou dean instrucións ao respecto, Renfe-Operadora poderá solicitar o depósito e alleamento das devanditas mercancías ante a Xunta Arbitral do Transporte competente, a cal poderá proceder á súa venda directa (en cuxo caso procurará obter as mellores condicións posibles) ou, cando corresponda, ao seu alleamento conforme as regras xerais indicadas anteriormente.
Se polo estado da mercancía fose necesario vendela en cantidade superior á necesaria para satisfacer a débeda, entregaráselle o excedente a quen xustifique o seu dereito. Se a cantidade obtida na venda ou poxa non alcanzase para o pagamento total da débeda, o remitente-cargador responderá da diferenza.
Cando as mercancías en poder de Renfe-Operadora constitúan un perigo para a saúde pública ou poidan causar algún tipo de contaminación, daráselles o tratamento que esixa a lexislación específica vixente.
Para tal efecto, antes de proceder no sentido indicado haberá que redactar unha acta, asinada por representantes de Renfe-Operadora e dúas testemuñas alleas e, de ser o caso, un informe pericial en que se faga constar a debida xustificación do feito e dos motivos que ocasionaron esta actuación.
4.16.1. Regras xerais sobre a responsabilidade de Renfe-Operadora
4.16.2. Responsabilidade por danos, perdas, avarías e subtracción das mercancías
Conforme o establecido na lexislación do sector ferroviario, e no caso de que na declaración-carta de porte non figurase reserva ningunha, Renfe-Operadora será responsable, agás nos supostos de caso fortuíto, forza maior ou natureza ou vicio propio das cousas, dos danos, perdas, avarías e subtracción da mercancía confiada para o transporte e que se puidesen producir durante el.
Estas circunstancias comprobaranse ao efectuar a súa entrega ao consignatario, pero aínda entón poderá declinar a responsabilidade se proba que os danos se deben a caso fortuíto, forza maior, natureza ou vicio propio das mercancías.
En consecuencia, fóra dos supostos anteriormente mencionados, Renfe-Operadora estará obrigada a entregar as mercancías no mesmo estado en que, segundo a carta de porte, estaban no momento en que as recibiu, sen detrimento nin menoscabo ningún. De non facelo, estará obrigada a pagar o valor e co límite aos que se fai referencia nesta condición.
Consonte o establecido no artigo 365 do Código de Comercio, de se producir unha deterioración parcial dalgunhas das mercancías transportadas o consignatario estará obrigado a recibir as que se encontren en bo estado, agás que el mesmo probe a imposibilidade de utilizalas convenientemente a causa da avaría ou deterioración que se lles causase. A segregación realizarase por pezas distintas ou soltas, sen que se poida producir a división dun mesmo obxecto para tal efecto. O anterior será de aplicación ás mercancías embaladas ou envasadas, con distinción dos vultos que aparezan en boas condicións.
4.16.3. Responsabilidade por atraso na entrega das mercancías. Rexeitamento por esta causa
No caso de que a entrega ao consignatario non se efectúe dentro dos prazos máximos establecidos nestas Condicións xerais, por causa atribuíble a Renfe-Operadora, esta será responsable dos prexuízos que a devandita dilación puidese causar. Correspóndelle ao consignatario probar a existencia de tales prexuízos, que deberán ser consecuencia inmediata do atraso experimentado pola remesa.
A indemnización por atraso no transporte nunca poderá ser superior ao valor da mercancía o día e o lugar en que se debía entregar. Esta indemnización poderá ser compatible coa que cumpra satisfacer por avaría das mercancías transportadas con atraso; pero a suma de ambas as dúas indemnizacións terá sempre como límite o valor das devanditas mercancías calculado de acordo co disposto no epígrafe anterior desta condición.
Cando a causa do atraso sexa atribuíble a Renfe-Operadora, o consignatario poderá rexeitar os efectos transportados, a condición de que llo comunique a aquela por escrito antes da chegada dos mesmos ao punto de destino e unha vez superados os prazos máximos concedidos para a entrega, tendo en conta o indicado no seguinte apartado.
Cando se producise o devandito rexeitamento da mercancía, Renfe-Operadora satisfará o seu importe total consonte esta condición, coma se se perdese ou extraviase, sen que proceda o aboamento de danos e perdas.
4.16.3.1. Prazos máximos do transporte: Se as partes non pactaron un prazo concreto para entregarlle a mercancía ao consignatario, os prazos máximos das diversas operacións relacionadas co transporte serán os que se indican a continuación, aos que haberá que engadir, de ser o caso, os establecidos para o percorrido complementario desde ou ata vías de portos, derivacións particulares e servizos de recollida ou de entrega a domicilio, respectivamente:
Denominarase prazo ordinario do transporte o resultante da suma dos prazos máximos das diversas operacións relacionadas co transporte antes referidas.
Ademais, terase en conta o seguinte:
4.16.3.2. Responsabilidade de Renfe-Operadora no caso de se producir un atraso.
Unha vez transcorrido o prazo ordinario do transporte (aumentado co que estableza, se procede, o convenio ou acordo de aplicación, se existese e establecese un prazo distinto con tal efecto), o consignatario, agás que se acordase outra penalización ao respecto por este concepto, terá dereito a unha indemnización que poderá chegar ata o 25 por 100 dos portes da remesa, calculados consonte os prezos que lle sexan aplicables e con suxeición ás seguintes escalas, agás que se probe que o atraso foi debido a causa de forza maior, a caso fortuíto ou a causa imputable ao consignatario.
A porcentaxe de indemnización computarase sobre a percepción de Renfe-Operadora, entendéndose como tal a que se obtén de aplicar o prezo do transporte propiamente dito e os gastos accesorios vinculados directamente ao mesmo e coñecidos de antemán (como, por exemplo, os inherentes a carga e descarga); pola contra, non se efectuará o devandito cómputo sobre outros gastos accesorios non unidos intimamente ao prezo do transporte.
Por este motivo, todo consignatario ten dereito, unha vez transcorridos os prazos máximos de transporte sen lle ser entregada a remesa, a que a estación de destino faga constar no seu talón-duplicado da carta de porte que o envío non está aínda á súa disposición.
Estas condicións sonlles de aplicación a todos os contratos de transporte que formalice Renfe-Operadora cun terceiro para regular os transportes de mercancías por ferrocarril que se realicen dentro do territorio nacional, sen prexuízo da aplicación das condicións establecidas nas correspondentes tarifas especiais aplicables aos transportes concretos nin de cantos outros pactos ou acordos subscribisen as partes intervenientes no contrato de transporte.
Respecto do non previsto nelas, serán de aplicación a lexislación do sector ferroviario, o Código de Comercio, o Código Civil e demais normativa xeral de común aplicación.
a/ Controversias en relación co cumprimento do contrato: Con suxeición ao disposto na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres e no Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de ordenación de transportes terrestres:
A parte demandante poderá presentar a súa reclamación ben ante a Xunta competente no lugar de orixe do transporte, ben ante a competente no lugar de destino deste, ou ben ante a competente no lugar de celebración do contrato, agás que se pactase por escrito a submisión a unha Xunta concreta.
b/ Depósito, alleamento e peritaxe das mercancías
Agás que se pactase o contrario, as partes contratantes poderán recorrer á Xunta Arbitral do Transporte competente no lugar en que se encontren as mercancías para realizar as actuacións de depósito, alleamento ou peritaxe das mercancías que, de ser o caso, resulten procedentes conforme o previsto nestas Condicións xerais de contratación, e de conformidade co disposto na Orde do 30 marzo de 2001, pola que se establecen as normas para a realización de funcións de depósito e alleamento de mercancías por parte das Xuntas Arbitrais do Transporte.
En cumprimento do establecido no artigo 59 da Lei 39/2003, do 17 de novembro, do sector ferroviario, estas Condicións xerais dos contratos de transporte de mercancías foron obxecto da preceptiva autorización polo Ministerio de Fomento mediante a resolución emitida polo secretario de Estado de Infraestruturas e Planificación con data do 18 de abril de 2006, por delegación da ministra de Fomento de conformidade coa Orde Fom/2893/2005, do 14 de setembro (BOE do 19 de setembro de 2005) . Estas Condicións xerais entrarán en vigor no prazo dun mes desde a súa notificación á empresa ferroviaria Renfe-Operadora.
© Renfe. Todos os dereitos reservados.
Información legal |