Este documento establece as condicións respectivas polas que se rexen os servizos de transporte de viaxeiros en trens de Alta Velocidad e Larga Distancia de ámbito nacional, así como outros servizos complementarios e especiais (tales como aparcadoiros e salas club) que se presten.
En trens internacionais aplicaranse os convenios internacionais subscritos por España en materia de transporte ferroviario.
1.1. Os viaxeiros serán transportados nos trens e coches especificados segundo o título de transporte de que estean provistos, nas condicións de admisión, prezos e horarios establecidos.
1.2. A capacidade destes trens limítase ás prazas dos coches que integran a súa composición, e non se admitirán viaxeiros de non existir a seguridade de dispoñibilidade de prazas, agás o indicado no punto 14.6.
1.3. De forma xeral, todos os medios que se utilicen estarán debidamente sinalizados, para facilitar a súa identificación por parte do viaxeiro.
2.1. O título de transporte ou billete é o documento que formaliza o contrato de transporte entre Renfe-Operadora e o viaxeiro.
2.2. O contrato de transporte de viaxeiros de Alta Velocidad e Larga Distancia regúlase por estas Condicións xerais, que estarán a disposición dos viaxeiros.
3.1. Contido do título de transporte
No título de transporte (billete) figurarán claramente lexibles, sen emendas nin riscos, cando menos as seguintes inscricións e indicacións:
Os títulos de transporte (billetes) emitiranse, con carácter xeral, para tren, clase e data determinada, ben con praza designada ou sen praza específica.
Poderanse emitir títulos de transporte sen determinar o tren nin a data. Estes títulos requirirán a súa posterior formalización, antes de inicar a viaxe, para validalos.
3.2. Modalidades de títulos de transporte
Os títulos de transporte (billetes), que poderán ser individuais ou colectivos segundo a súa utilización e de acordo coas condicións específicas establecidas para cada un deles, que estarán a disposición dos viaxeiros poden ser:
A. Simple: Válido para unha soa persoa e unha única viaxe. O billete simple poderá estar suxeito a diferentes tarifas ou ofertas comerciais como as que se indican a continuación:
Entre outras tarifas, pódense ofrecer as seguintes:
B. Colectivo ou de grupo: válido para máis dun viaxeiro.
C. Múltiple ou abono temporal: válido para máis dunha viaxe do mesmo ou distinto titular, segundo os casos, durante un período determinado de tempo.
D. Combinados: válido para outros medios de transporte complementarios ou que inclúan outros servizos.
3.3. Venda
3.3.1. Os billetes poderanse adquirir nos puntos de venda propios de Renfe-Operadora ou concertados con terceiros que esta autorice, ou excepcionalmente en ruta a través dos axentes encargados da intervención facultados para este fin.
3.3.2. Estes billetes expediranse a través dos sistemas que Renfe-Operadora determine, calquera que sexa a súa índole e segundo a evolución das tecnoloxías.
3.3.3. O pagamento do importe dos billetes efectuarase en moeda de curso legal ou noutro medio de pagamento que Renfe-Operadora autorice.
3.3.4. O viaxeiro deberá comprobar os datos do billete no momento da súa expedición (data de viaxe, orixe e destino, tren, clase e importe) e que estes se axustan á súa petición. Toda reclamación sobre o billete emitido ou o seu importe deberase realizar nese momento. Non se aceptarán reclamacións posteriores por estes conceptos.
3.3.5. Os billetes, que non son nominativos, son transferibles antes do comezo da viaxe, agás os expedidos ao abeiro dunha oferta comercial con acreditación. En caso de perda ou extravío do título de transporte, non se facilitará duplicado nin xustificante ningún.
3.3.6. Nos puntos de venda propios de Renfe-Operadora ou concertados por ela indicarase, de xeito visible, o horario específico de expedición.
3.4. Validez e formalización
3.4.1. Os títulos de transporte son válidos para o día, tren e clase que figuran neles.
3.4.2. Se no billete non figuran nin o tren nin a data, deberá constar a data límite de utilización. A formalización deste tipo de billetes para unha data e un tren determinados deberase facer antes de acceder ao tren e dentro do período de validez.
3.4.3. Non se considerarán válidos os títulos de transporte que presenten deterioración, emendas ou riscos, ou que estean plastificados.
3.4.4. Como excepción, o viaxeiro que tome o tren en puntos onde a formalización do seu billete non sexa posible, deberá solicitarlla inescusablemente ao axente encargado da intervención en ruta.
3.5. Anulación e cambio de billetes
3.5.1. Anulación
3.5.2. Cambio de billetes
En xeral, todo billete poderá ser cambiado cuns gastos de cambio de ata o 10% do importe do billete.
3.5.3. Axencias de viaxes: Anulacións e cambios
Os clientes que adquirisen os seus billetes nunha axencia de viaxes terán dereito a cambialos ou anulalos na propia axencia. Esta estará obrigada a realizar o cambio ou anulación dos billetes emitidos por ela mesma consonte as condicións establecidas nos parágrafos anteriores.
3.5.4. Axencias retallistas e almacenistas-retallistas: Billetes combinados adquiridos a través de operadores turísticos. Anulacións e cambios.
4.1. A estrutura de prezos dos servizos de Alta Velocidad e Larga Distancia será a que se defina nas tarifas e condicións específicas de cada produto comercial, que estarán a disposición dos viaxeiros.
5.1. Prezo
O prezo dos servizos de transporte de Alta Velocidad e Larga Distancia estará a disposición dos viaxeiros.
Todos os títulos de transporte expediranse conforme os prezos en vigor o día da súa emisión, e recolleranse nos AVISOS de información aos viaxeiros nos correspondentes taboleiros de anuncios.
5.2. Menores
Os nenos menores de catro anos que non ocupen praza non precisarán título de transporte e viaxarán de forma gratuíta. Estarán cubertos polo SOV e o SRC.
Independentemente da idade, no caso de nenos que compartan unha praza, os asentos, camas ou liteiras só poderán ser ocupados por un máximo de dúas persoas, sexan dous nenos ou un adulto e un neno.
5.3. Familias numerosas
Serán de aplicación os descontos establecidos na lexislación vixente sobre familias numerosas, para o que os viaxeiros deberán acreditar a súa condición de beneficiarios mediante os títulos oficiais expedidos pola administración competente.
Os viaxeiros dos servizos ferroviarios de Alta Velocidad e Larga Distancia teñen, entre outros, os seguintes dereitos:
Os viaxeiros non poderán:
Os supostos anteriores serán susceptibles de seren sancionados tras a instrución do correspondente procedemento sancionador, sen prexuízo, ademais -nos supostos das letras a) e d)- da exclusión do viaxeiro, de conformidade co disposto no artigo 90 do Regulamento do sector ferroviario, sen que neses casos este teña dereito ao reembolso do prezo pagado polo título de transporte.
Considerarase equipaxe todo vulto de man que conteña prendas e obxectos de uso persoal ou profesional pertencentes ao viaxeiro, cuxa natureza non contraveña as disposicións de seguridade que establecen as leis e regulamentos, e non represente un perigo ou molestia para os outros viaxeiros.
Todo viaxeiro provisto de billete poderá levar consigo, baixo a súa custodia e responsabilidade, nos lugares destinados para o efecto, ata dous vultos de man cunha limitación total de 20 kg. As dimensións do vulto maior non poderán exceder de 70 x 50 x 25 cm.
O viaxeiro deberá colocar axeitadamente a equipaxe que leve consigo co fin de evitar posibles danos ou molestias aos demais viaxeiros ou estragos no material. A vixilancia da equipaxe será responsabilidade exclusiva do viaxeiro.
Renfe-Operadora non será responsable de ningunha incidencia, roubo, extravío ou danos ocasionados na equipaxe que poidan producirse pola súa mala colocación ou contido, agás que lle fosen imputables.
10.1. Só se lles permitirá o acceso con bicicletas aos viaxeiros con billete para trens de prazas deitadas (liteiras ou camas), ou na forma en que a directriz comercial específica o estableza en trens de prazas con dereito a asento.
10.2. Como norma xeral só se admitirá unha bicicleta por viaxeiro, cun máximo de dúas bicicletas por departamento, independentemente da clase e tipo de departamento que se ocupe.
10.3. As bicicletas deberanse colocar de xeito que ocupen o mínimo espazo posible.
10.4. En coche cama unicamente será posible a admisión de bicicletas cando se adquira o departamento na modalidade familiar, é dicir, cando todos os viaxeiros que ocupen o departamento constitúan un grupo.
10.5. Cando a viaxe se realice en liteira e as características do departamento o permitan, as bicicletas deberanse colocar exclusivamente no espazo situado debaixo das liteiras inferiores, co fin de evitar molestias ao resto dos viaxeiros. Non será necesario constituír un grupo, pero só se admitirá un máximo de dúas bicicletas por departamento.
10.6. A carga, custodia e descarga das bicicletas efectuaranas os seus portadores. Renfe-Operadora non se fai responsable dos posibles danos ou perdas que poidan sufrir as bicicletas durante o traxecto.
10.7. O viaxeiro que leve unha bicicleta deberá manter en todo momento o coidado debido para garantir a seguridade e comodidade dos demais viaxeiros, e será o responsable dos posibles danos que se poidan producir no tren e a terceiras persoas.
11.1. Admitirase o transporte de cans guía de invidentes, que poderán acompañar gratuitamente o seu titular, sempre que estean provistos de cadea e buceira se fose necesario pola súa agresividade.
11.2. Admitirase o transporte de pequenos animais domésticos, sempre baixo a custodia do viaxeiro que os leve e sempre e cando os demais viaxeiros non se opoñan nin sufran ningunha molestia. O viaxeiro será responsable dos danos que os seus animais domésticos puidesen ocasionar. Os animais deberán ir, cando proceda, coa guía de sanidade, nas condicións hixiénico-sanitarias e de seguridade previstas na lexislación vixente.
11.3. O transporte limitarase a pequenos animais domésticos, entendendo como tales os cans, gatos e aves (que non sexan de curral). Admitirase como máximo un só animal por viaxeiro, sempre dentro dunha gaiola ou elemento cun dispositivo que permita conter e retirar os residuos. Como regra xeral non se admitirán animais cun peso máximo que exceda os seis quilogramos e contedores con dimensións superiores a: 60x35x35 cm. Non obstante as excepcións, cando así corresponda estes requisitos determinaranse segundo o tipo de tren e produto.
11.4. Este transporte poderase realizar en todos os trens de Alta Velocidad e Larga Distancia, e poderanse establecer condicións específicas dependendo das características de determinadas series de trens.
11.5. O prezo e as condicións estableceranse nas condicións específicas editadas para tal efecto por Alta Velocidad e Larga Distancia, que estarán a disposición dos viaxeiros.
12.1. Admitiranse viaxeiros que porten armas nos trens unicamente cando cumpran os seguintes requisitos:
12.2. Cando se trate de persoal das Forzas Armadas, das forzas e corpos de seguridade, do Servizo de Vixilancia Aduaneira ou de traballadores de empresas de seguridade que realicen funcións de custodia ou vixilancia, abondará con que amosen a súa guía de pertenza e a súa tarxeta de identidade militar ou, no seu caso, carné profesional.
12.3. Os viaxeiros portadores de armas deberán actuar en todo momento coa dilixencia e precaución necesarias e comportarse de xeito que non poñan en perigo os demais viaxeiros nin os seus bens, nin os alarmen nin lles causen danos ou molestias.
13.1. Os obxectos esquecidos, perdidos ou abandonados polos viaxeiros e todos aqueles dos que se descoñeza a súa procedencia, que sexan atopados nos coches ou noutras dependencias de Renfe-Operadora, serán conservados durante o prazo de dous meses por Renfe-Operadora, que levará un rexistro especial deles, con expresión da súa referencia e características principais e do día e lugar onde foron atopados, para os efectos do destino que, no seu caso, deba dárselles de acordo coas disposicións vixentes ou, no seu defecto, para allealos en poxa pública.
13.2. Se antes de allear os devanditos obxectos os seus donos solicitasen a súa entrega, esta efectuarase despois da debida xustificación e aboamento dos gastos que procedan, mesmo os do seu transporte ata un lugar distinto daquel en que se atoparon.
14.1. Antes de subir ao tren, o viaxeiro deberá comprobar que é o correspondente ao percorrido da súa viaxe e para o que o habilita o título de transporte adquirido.
14.2. Considérase praza ocupada toda aquela para a que o viaxeiro presente o título de transporte válido coa correspondente reserva, e non poderá ocupar outra aínda que estea libre en parte ou na totalidade do percorrido.
14.3. Aos viaxeiros con billete sen praza designada facilitaráselles unha entre as que non estean reservadas.
14.4. A distribución das prazas libres en ruta estará en mans do axente encargado da intervención. Calquera modificación de praza ao longo da viaxe deberá ser solicitada previamente a este persoal.
14.5. O viaxeiro que por calquera causa (duplicidade, non existir o coche que figura no seu billete etc.) non atope a súa praza libre, poderá optar por:
14.6. Con carácter xeral, non se emitirán billetes sen dereito a asento. Non obstante, poderanse expedir billetes sen dereito a asento na forma e nos trens que Alta Velocidad e Larga Distancia determinen, con suxeición a un máximo por coche e sempre que o tren non leve prazas de asentos libres. Nos billetes farase mención expresa a esta circunstancia. Este billete, que deberá levar a indicación de "sen praza", venderase cos mesmos prezos e condicións ca os demais e co consentimento do viaxeiro, que se obriga, en principio, a facer toda a viaxe de pé.
Non obstante, se ao longo do percorrido fosen quedando prazas libres, o axente encargado da intervención en ruta irá acomodando os viaxeiros que se atopen nesas condicións.
15.1. O viaxeiro que, ao iniciar a viaxe ou durante ela, desexe ocupar unha praza diferente e de maior prezo á asignada no seu billete, deberá poñelo previamente en coñecemento do axente encargado da intervención en ruta do tren ou, cando se trate dunha praza deitada (liteiras e camas), do persoal acompañante do coche correspondente.
15.2. En tal caso o viaxeiro deberá aboar no acto a diferenza de prezo correspondente.
15.3. Cando o prezo da nova praza sexa inferior ao do seu billete, o cambio non dará lugar a reintegro ningún.
16.1. A interrupción da viaxe por parte do viaxeiro non permite a súa continuación noutro tren agás que se recolla expresamente nas condicións comerciais do título de transporte adquirido polo viaxeiro. O incumprimento desta norma considerarase abandono da viaxe e dará lugar á invalidación do billete desde o punto en que se produciu a interrupción.
16.2. O transbordo de trens que o viaxeiro teña que efectuar para proseguir a viaxe polo itinerario e nas condicións indicadas nos seus billetes, non se considerará interrupción da viaxe se o transbordo se realiza no primeiro tren con prazas dispoñibles, de acordo coas súas condicións de viaxe.
16.3. O transbordo con outros modos de transporte ou entre trens de diferentes empresas ferroviarias, autorizado polos billetes combinados correspondentes, rexerase polas súas condicións particulares.
16.4. Os transbordos entre estacións onde non haxa enlace ou continuidade material do servizo ferroviario faranse a expensas do viaxeiro no tocante ao seu traslado e ao da súa equipaxe, a non ser que se preste este servizo e o seu prezo se perciba como complemento, ou estea incluído no importe do billete.
17.1. O viaxeiro que desexe prolongar o seu percorrido deberá comunicarllo previamente ao axente encargado da intervención en ruta, e autorizarase sempre que as condicións do tren e a dispoñibilidade de prazas o permitan. O prezo do novo traxecto deberase aboar no acto.
17.2. Se non se lle realizase a solicitude previa ao axente encargado da intervención, entenderase que o viaxeiro está desprovisto de título de transporte válido para o percorrido de prolongación.
En xeral, o abandono ou perda do tren na estación de comezo da viaxe ou no seu transcurso invalidará o billete e non dará dereito a ningún reembolso.
19.1. Os viaxeiros están na obriga de presentar o seu título de transporte e os documentos acreditativos que autoricen a utilizalo, cando así o soliciten os axentes ou persoal autorizado por Renfe-Operadora, antes de acceder ao tren, no seu percorrido ou antes de abandonar a estación de destino.
19.2. Naqueles trens en que o acceso estea regulado mediante control especificaranse as condicións no propio título de transporte.
19.3. Os títulos de transporte e documentos carecerán de validez cando:
Non se acompañen da documentación necesaria habilitante para a natureza do título de transporte adquirido.
Non cumpran as condicións esixidas para determinados trens e servizos ou contraveñan a tarifa aplicable.
Nestes supostos considerarase o viaxeiro desprovisto de billete, e o axente encargado da intervención ou persoal autorizado por Renfe-Operadora regularizará a situación do viaxeiro de acordo co disposto na seguinte condición.
Poderáselles denegar tamén o acceso aos vehículos de transporte e ás salas de embarque ou de espera a aquelas persoas que non se sometan aos controis de seguridade establecidos para o acceso dos viaxeiros aos vehículos. Neste suposto o viaxeiro non terá dereito ao reembolso do prezo do billete.
20.1. Os viaxeiros procedentes dunha estación con venda de billetes que accedan aos trens sen título de transporte deberán aboar o dobre do importe do billete.
No caso de negárense, esixiráselles que abandonen o tren na mesma estación, se estivese estacionado, ou na seguinte con parada, no caso de estar en marcha. Todo o anterior sen prexuízo de que, no caso de ter identificado o viaxeiro, Renfe-Operadora formule a correspondente denuncia ante a Delegación do Goberno para a instrución do oportuno expediente sancionador por infracción administrativa, ao abeiro do artigo 95 da Lei do sector ferroviario.
20.2. Excepcionalmente, cando un viaxeiro se presente sen título de transporte ou se dea algunha das circunstancias descritas nas condicións anteriores, se o axente de intervención advirte a súa boa fe, a veracidade das súas manifestacións ou aprecie outras circunstancias que o xustifiquen, poderá regularizar a súa situación sen penalización ningunha.
20.3. Os cobros que perciba o axente encargado da intervención en ruta efectuaranse á entrega do boletín regulamentario.
20.4. Os títulos de transporte ou documentos que non sexan válidos ou sexan utilizados fraudulentamente serán retirados polo axente encargado da intervención, sen dereito a reintegro ningún e coa regularización establecida nos parágrafos anteriores.
20.5. O persoal encargado da intervención en ruta poderá trocar por outro documento acreditativo calquera billete cando exista algunha causa xustificada.
21.1. De modo xeral, serán susceptibles de indemnización, de acordo coa lexislación vixente e coa normativa comercial específica de Alta Velocidad e Larga Distancia sobre condicións de posvenda, os viaxeiros que se comprobe que sufriron determinado incumprimento das condicións do seu contrato de transporte por causa imputable a Renfe-Operadora.
21.2. Renfe-Operadora terá a disposición dos viaxeiros un libro ou follas de reclamacións nos termos previstos na normativa do sector ferroviario.
21.3. O viaxeiro que se considere lesionado no seu dereito poderá expoñer as súas queixas no devandito libro ou follas de reclamacións, así como utilizar os distintos medios de comunicación (tales como o correo ordinario, teléfono, telefax, correo electrónico ou a internet, conforme se estableza para tal efecto) para dirixir o documento ou carta correspondente a calquera oficina de Renfe-Operadora.
21.4. O prazo de presentación da reclamación será dun mes, que empezará a contar desde que se teña coñecemento do feito que a provocou.
21.5. Sen prexuízo da utilización do libro ou follas de reclamacións, o viaxeiro poderá reclamar os danos e perdas ocasionados por Renfe-Operadora por vía xudicial ou, no seu caso, arbitral.
22.1. Agás por causa de forza maior, o viaxeiro afectado por unha cancelación, interrupción ou atraso da viaxe terá dereito a recibir a indemnización correspondente.
23.1. Entenderase por cancelación da viaxe, sempre que non concorran causas de forza maior, a imposibilidade de iniciala nas condicións previstas no título de transporte.
23.2. No caso de cancelación do servizo, o viaxeiro terá dereito a que se lle devolva o prezo pagado polo mesmo.
23.3. Se a cancelación ocorrese nas corenta e oito horas previas á fixada para o inicio da viaxe, Renfe-Operadora estará na obriga, a elección do viaxeiro, de proporcionarlle transporte noutro tren ou noutro modo de transporte en condicións equivalentes ás pactadas ou devolverlle o prezo pagado polo servizo.
23.4. Cando o viaxeiro fose informado da cancelación da viaxe nas catro horas previas á fixada para o seu inicio terá dereito, ademais, a unha indemnización a cargo de Renfe-Operadora consistente no dobre do importe do título de transporte.
24.1. Entenderase por interrupción da viaxe, sempre que non concorran causas de forza maior, a súa paralización mentres se está a desenvolver.
24.2. No caso de interrupción da viaxe Renfe-Operadora estará obrigada a proporcionarlle transporte ao viaxeiro o máis axiña posible noutro tren ou noutro modo de transporte, en condicións equivalentes ás pactadas.
24.3. Ademais, no caso de que o tempo de interrupción sexa superior a unha hora de duración, Renfe-Operadora estará obrigada a sufragar, cando corresponda, os gastos de manutención e hospedaxe do viaxeiro durante o tempo que dure a interrupción.
25.1. Agás nos supostos de forza maior e de acordo coa lexislación vixente, en caso de atraso na chegada a destino por tempo superior a unha hora, o viaxeiro terá dereito a unha indemnización pecuniaria equivalente ao cincuenta por cento do prezo do título de transporte utilizado. Cando o atraso supere a hora e trinta minutos, a indemnización será equivalente ao total dese prezo.
25.2. Sen prexuízo do anterior, Alta Velocidad e Larga Distancia poderán, con carácter xeral, facilitarlles aos seus clientes compensacións máis vantaxosas ca as anteriormente expresadas.
Cando exista cancelación ou interrupción do servizo contratado por persoas con discapacidade ou mobilidade reducida, levarase a cabo a habilitación do seu título de viaxe para outro tren ou modo de transporte que deberá cumprir as mesmas condicións de accesibilidade ca as que tiña o servizo inicialmente contratado.
27.1. Aos viaxeiros con discapacidade ou con mobilidade reducida que requiran un tratamento de transporte especial ou diferenciado facilitaránselles, na medida do posible, todos os medios dispoñibles para o adecuado transporte ou mobilidade nas instalacións e trens de Renfe-Operadora en que sexa posible a prestación deste servizo. A asistencia mencionada prestarase cando se notifique a súa necesidade no tempo e forma que determinen as regras especiais establecidas para tal efecto, e que estarán a disposición dos viaxeiros.
27.2. Este servizo poderá ofrecerse nas condicións previstas nas normas especiais establecidas para os efectos por Alta Velocidad e Larga Distancia e que estarán a disposición dos viaxeiros.
Poderán acollerse ao servizo de viaxes de nenos sen acompañante os nenos das idades que se determinen, sempre e cando non existan razóns de enfermidade ou outras que requiran que o menor sexa obxecto dunha vixilancia especial ou de coidados continuos que non puidese prestar o persoal a bordo do tren.
Renfe-Operadora poderá establecer facilidades de estacionamento para os viaxeiros con determinado tipo de título de transporte. As condicións ao respecto quedarán recollidas nas condicións específicas establecidas para o efecto, que estarán a disposición dos viaxeiros.
29.1. En determinadas estacións, Renfe-Operadora disporá de espazos denominados "salas club", onde se lles ofrecerán determinados servizos aos clientes.
29.2. Renfe-Operadora establecerá, a través das súas normativas comerciais, que billetes son válidos para o acceso ás salas club, así como as condicións de utilización.
29.3. Para todas as condicións comerciais aplicarase o disposto nas normas específicas, que estarán a disposición do viaxeiro.
En cumprimento do establecido polo artigo 59 da Lei 39/2003, de 17 de novembro, do sector ferroviario, estas Condicións xerais do contrato de transporte de viaxeiros de Alta Velocidad e Larga Distancia foron obxecto da preceptiva autorización polo Ministerio de Fomento mediante resolución da Secretaría de Infraestruturas do 17 de decembro de 2008, por delegación da ministra de Fomento, de conformidade coa Orde FOM/2893/2005, do 14 de setembro (BOE do 19 de setembro de 2005), e entrarán en vigor no prazo dun mes desde a súa notificación á empresa ferroviaria Renfe-Operadora.
© Renfe. Todos os dereitos reservados.
Información legal |