Renfe

Condicións legais para a venda de billetes

Información sobre o proceso de venda en liña de billetes

Para adquirir billetes a través da venda en liña, cómpre seguir os pasos seguintes:

  • 1. Busca de trens, onde poderá seleccionar o traxecto, a data e o número de viaxeiros.
  • 2. Selección de trens, onde poderá seleccionar o tren concreto en que desexa realizar o traxecto seleccionado.
  • 3. Tarifas e forma de pagamento, onde se detallan os diversos medios de pagamento aceptados: tarxetas de crédito ou débito e cargo a puntos obtidos por medio das tarxetas Visa Renfe e Club Ave.
  • 4. Confirmación de compra e impresión do billete onde, unha vez confirmada a compra, se xerará un billete cun localizador cuxos datos serán arquivados por se houbese que modificalo ou anulalo. O cliente deberá levar o billete impreso para viaxar. Pode imprimilo ben no seu PC particular ou ben nalgunha das máquinas auto check-in das estacións que dispoñen delas.

O sistema Venda en liña de billetes só permite adquirir algunhas das tarifas de venda de billetes de Renfe Operadora, de xeito que se vostede pode acollerse a algunha oferta ou tarifa diferente das sinaladas, deberá obter o seu billete nas estacións, oficinas de vendas ou axencias de viaxes autorizadas.

Igualmente, se a tarifa o permite, nas opcións “Cambio de billetes” e “Reembolso de billetes” do portal de venda en liña vostede poderá modificar ou anular o billete ata unha hora e media antes da saída do tren da súa estación de orixe.

Así mesmo, a adquisición de billetes a través do sistema de venda en liña supón a aceptación íntegra das Condicións xerais de viaxeiros aplicables ao servizo contratado.

Renfe Operadora garante a confidencialidade dos datos facilitados para a adquisición de billetes a través do sistema de venda en liña, así como o seu tratamento consonte a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, que se pode consultar na política de privacidade deste sitio web.

© Renfe. Todos os dereitos reservados.
Información legal |