Renfe

Información legal

Condicións xerais de uso do web

1. Información xeral

Este aviso legal (en adiante, o "Aviso Legal") regula o uso do servizo do portal da internet "www.renfe.es" (en adiante, o "Portal") que a entidade pública empresarial Renfe-Operadora (en adiante, "A empresa") pon a disposición dos usuarios da internet.

A entidade pública empresarial Renfe-Operadora é un organismo público dos previstos no artigo 43.1.b) da Lei 6/1997, do 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración xeral do Estado, que se atopa adscrito ao Ministerio de Fomento.

Renfe-Operadora ten personalidade xurídica propia e diferenciada da do Estado, plena capacidade xurídica e de obrar para o cumprimento dos seus fins e patrimonio e tesouraría propios, nos termos establecidos na disposición adicional terceira da Lei 39/2003, do 17 de novembro, do sector ferroviario e nos termos establecidos no seu propio estatuto, aprobado polo Real decreto 2396/2004, do 30 de decembro (BOE do 31 de decembro).

Datos de contacto de Renfe-Operadora:

  • Enderezo: Avda. Pío XII, 110. 28036, Madrid.
  • CIF Q-2801659J
  • Fax de contacto: 91 300 61 77
  • Correo electrónico de contacto: comunicacion@renfe.es

 

2. Condicións xerais de uso do web

2. 1. Información xeral

A utilización da páxina web www.renfe.es atribúe a condición de usuario da mesma (en adiante, o "Usuario") e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal na versión publicada por Renfe-Operadora no momento mesmo en que o Usuario acceda á citada páxina web. En consecuencia, o Usuario debe ler atentamente este Aviso Legal en cada unha das ocasións en que se propoña utilizar a páxina web, xa que pode sufrir modificacións.

A utilización de certos servizos ofrecidos aos Usuarios a través da páxina web está sometida a condicións particulares propias (en adiante, as "Condicións Particulares") que, segundo os casos, substitúen, completan e/ou modifican este Aviso Legal. Xa que logo, con anterioridade á utilización dos devanditos servizos o Usuario tamén ha de ler atentamente as correspondentes Condicións Particulares.

Renfe-Operadora infórmao de que o acceso e uso da páxina web www.renfe.es e de todos os subdominios e directorios incluídos baixo a mesma (en adiante conxuntamente denominados como o Portal), así como os servizos que a través dela se poidan obter, están suxeitos aos termos que se estipulan neste Aviso Legal. Xa que logo, se as consideracións detalladas no mesmo non son da súa conformidade, pregámoslle non faga uso do Portal, xa que calquera uso deste ou dos servizos nel incluídos implicará a aceptación dos termos legais recollidos neste texto.

O Portal ten por obxecto promover as actividades que realiza e os servizos que presta Renfe-Operadora, polo que a información contida nel ten como obxectivo principal informar o Usuario sobre os devanditos servizos ofrecidos, constituíndo, no seu caso, unha mera invitación a contratar, pero nunca unha oferta vinculante. Todos os produtos e servizos contidos no Portal son prestados por Renfe-Operadora consonte a normativa vixente.

Renfe-Operadora resérvase o dereito a realizar cambios no Portal sen previo aviso, co obxecto de actualizar, corrixir, modificar, engadir ou eliminar os contidos do Portal ou o seu deseño. Os contidos do Portal actualízanse periodicamente e, dado que a actualización da información non é inmediata, suxerímoslle que comprobe sempre a vixencia e exactitude da información contida no Portal, posto que, en caso de existir discrepancias entre documentos en papel publicados oficialmente por Renfe-Operadora e a versión electrónica publicada neste Portal, prevalecerá a versión en papel publicada oficialmente por Renfe-Operadora.

Os contidos, as actividades comerciais, os produtos e os servizos incluídos no Portal non están concibidos nin dirixidos a persoas que residan en xurisdicións onde os seus contidos non estean autorizados.

2. 2. Carácter gratuíto e utilización do Portal

O uso do Portal de Renfe-Operadora ten carácter gratuíto para os Usuarios. Non obstante o anterior, algúns dos Servizos subministrados por Renfe-Operadora a través do Portal están suxeitos ao pagamento dun prezo na forma que se determine nas correspondentes Condicións Particulares.

2.3. Rexistro de Usuario

Con carácter xeral, a prestación dos Servizos non esixe a previa subscrición ou rexistro dos Usuarios. No entanto, Renfe-Operadora condiciona a utilización dalgúns dos Servizos ao rexistro previo do Usuario. O devandito rexistro haberase de efectuar na forma expresamente indicada no propio servizo ou nas Condicións Particulares que o regulen.

2.4. Obriga de facer un uso correcto do Portal , os Servizos e os Contidos

O Usuario comprométese a utilizar o Portal, os Servizos e os Contidos postos a disposición dos Usuarios no Portal de conformidade coa lei, con este Aviso Legal, coas Condicións Particulares de certos Servizos e demais avisos, regulamentos de uso e instrucións postos no seu coñecemento, así como coa moral e os bos costumes xeralmente aceptados e coa orde pública. Para tal efecto, o Usuario absterase de utilizar calquera dos Servizos e/ou dos Contidos con fins ou efectos ilícitos, prohibidos neste Aviso Legal, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir a normal utilización dos Servizos, dos equipos informáticos ou dos documentos, ficheiros e toda clase de contidos almacenados en calquera equipo informático (“hacking” ou “pirataría informática”) de Renfe-Operadora, doutros Usuarios ou de calquera usuario da Internet (hardware e software).

Renfe-Operadora resérvase a posibilidade de exercer as accións xudiciais pertinentes contra os Usuarios que violen ou infrinxan o compromiso indicado no parágrafo precedente.

2.5. Links ou hiperligazóns

É posible que Renfe-Operadora lle facilite o acceso a outras páxinas web que consideramos poden ser do seu interese. O obxectivo destas ligazóns é unicamente facilitarlle a busca dos recursos que lle poidan interesar a través da Internet. No entanto, esas páxinas non pertencen a Renfe-Operadora, nin Renfe-Operadora fai unha revisión dos seus contidos e, xa que logo, non se pode facer responsable dos mesmos, do funcionamento da páxina ligada ou dos posibles danos que poidan derivar do acceso ou uso da mesma.

Non se permitirá a ligazón de ningunha páxina web nin enderezo de correo electrónico ao Portal, agás coa autorización expresa por escrito de Renfe-Operadora. Adicionalmente, as devanditas ligazóns deberán respectar as seguintes condicións: (a) unicamente poderán realizarse ligazóns coa Home Page ou páxina principal desta web; (b) o mero establecemento da ligazón non suporá a existencia de ningún tipo de acordo, contrato, patrocinio nin recomendación por parte de Renfe-Operadora con respecto á páxina que realiza a ligazón.

En calquera momento, Renfe-Operadora poderá retirar a autorización mencionada no parágrafo anterior, sen necesidade de alegar causa ningunha. En tal caso, a páxina que realizara a ligazón deberá proceder á súa inmediata supresión, tan pronto como reciba a notificación da revogación da autorización por parte de Renfe-Operadora.

2.6. Frames

Renfe-Operadora prohíbe expresamente a terceiros que apliquen "frames" ou a utilización de calquera outro mecanismo que altere o deseño, a configuración orixinal ou os contidos do seu Portal.

2.7. Privacidade

Renfe-Operadora cumpre coa Lei orgánica 15/99, de protección de datos de carácter persoal.

 

3. Dereitos de propiedade intelectual e de propiedade industrial

Tanto o deseño do Portal e os seus códigos fonte coma os logos, marcas, debuxos, modelos e demais signos distintivos que aparecen no mesmo pertencen a Renfe-Operadora ou entidades colaboradoras e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial. Os contidos do Portal están igualmente protexidos por dereitos de propiedade intelectual de Renfe-Operadora ou de terceiros. O seu uso, reprodución, distribución, comunicación pública, posta a disposición, transformación ou calquera outra actividade similar ou análoga queda totalmente prohibida, agás que medie expresa autorización de Renfe-Operadora ou que o devandito uso se produza estritamente nos termos derivados da contratación dos servizos ofrecidos a través do Portal. Renfe-Operadora resérvase o dereito a exercer as accións xudiciais que correspondan contra os Usuarios que violen ou infrinxan os seus dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial.

4. Responsabilidades

Uso do Portal: o acceso ao Portal e o uso correcto da información contida nel son responsabilidade de quen realice estas accións, sen que se poida facer responsable a Renfe-Operadora polo uso incorrecto, ilícito ou neglixente que o Usuario puidese facer do Portal.

Utilización dos contidos: Renfe-Operadora facilita todos os contidos do seu Portal de boa fe e dedicará os seus mellores esforzos a que os mesmos estean permanentemente actualizados e vixentes; no entanto, Renfe-Operadora non asume responsabilidade ningunha con respecto ao uso ou acceso que realicen os Usuarios fóra do ámbito ao que se dirixe o Portal, cuxa responsabilidade final recaerá sempre sobre o Usuario. O Usuario que actúe contra a imaxe, bo nome ou reputación de Renfe-Operadora, así como quen utilice ilícita ou fraudulentamente os deseños, marcas, logos ou contidos do Portal, será responsable fronte a Renfe-Operadora da súa actuación. Polo tanto, o Usuario deberase abster de obter ou intentar obter informacións, logos, tons, imaxes, debuxos, marcas, ficheiros de son e calquera outro material sonoro e/ou gráfico accesible a través do Portal empregando mecanismos distintos dos indicados neste Aviso Legal e no Portal.

Virus: Renfe-Operadora comprométese a aplicar todas as medidas necesarias para intentar garantirlle ao Usuario a ausencia de virus, vermes, cabalos de Troia e elementos similares no seu Portal. Porén, estas medidas non son infalibles e, xa que logo, Renfe-Operadora non pode asegurar totalmente a ausencia dos devanditos elementos nocivos. En consecuencia, Renfe-Operadora non será responsable dos danos que calquera destes elementos puidese ocasionarlle ao Usuario.

Fallos tecnolóxicos: Renfe-Operadora realizará os seus mellores esforzos para que o Portal non sufra interrupcións, pero non pode garantir a ausencia de fallos tecnolóxicos, nin a permanente dispoñibilidade do Portal e dos servizos contidos nel e, en consecuencia, non asume responsabilidade ningunha polos danos e perdas que se poidan xerar pola falta de dispoñibilidade e polos fallos no acceso ocasionados por desconexións, avarías, sobrecargas ou caídas da rede non imputables a Renfe-Operadora.

Erros na contratación: en caso de que o Usuario cometa algún erro na introdución dos datos necesarios para levar a cabo a contratación, dado que esta se produce mediante o envío nunha mensaxe dun código alfanumérico, o Usuario non recibirá o servizo contratado, sen que isto implique responsabilidade ningunha para Renfe-Operadora.

5. Lei aplicable

A lei aplicable en caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman este Aviso Legal, así como calquera cuestión relacionada cos servizos deste Portal, será a lei española.

© Renfe. Todos os dereitos reservados.
Información legal |