Renfe

Política de privacidade

Para os efectos do disposto na Lei orgánica 15/99, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, Renfe-Operadora infórmao de que os datos persoais que vostede nos facilite durante o seu proceso de rexistro ou nun momento posterior serán incluídos nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal mantido baixo a responsabilidade de Renfe-Operadora.

A finalidade do ficheiro é xestionar os seus usuarios, prestar os servizos aos que vostede pode acceder a través da nosa páxina web, vender e enviar billetes, obter estatísticas diversas e realizar estudos de mercado.

Así mesmo, e unicamente no caso de que vostede así o autorizase durante o seu proceso de rexistro, os devanditos datos poderán ser utilizados para o envío por parte de Renfe-Operadora de publicidade e información de Renfe-Operadora ou de terceiros cos que Renfe-Operadora subscriba os correspondentes acordos para lle ofrecer promocións especiais, actualizacións, novidades e outras ofertas comerciais relacionadas co sector de viaxes e servizos asociados que consideremos que poidan resultar do seu interese.

Renfe-Operadora infórmao de que ten dereito a acceder, rectificar, cancelar e actualizar os seus datos de carácter persoal, así como a se opoñer ao seu tratamento, de conformidade co disposto na normativa aplicable. Para isto deberá enviar unha carta dirixida a : Renfe-Operadora, Atención al Cliente, Avda. Ciudad de Barcelona 6, 28007, Madrid

© Renfe. Todos os dereitos reservados.
Información legal |