Renfe

Renfe - Ave

Co inicio do servizo AVE entre Madrid e Sevilla abríase unha nova etapa para o ferrocarril en España. Este fito supuxo un punto de inflexión no proceso da metamorfose do tren, que rexurdiu con forza apostando pola innovación.

A apertura das liñas Madrid-Barcelona, Madrid-Málaga e Madrid-Valladolid permitiulle a Renfe seguir implantando novos trens AVE e expandir o concepto deste servizo, que implica unhas prestacións específicas de calidade e confort e que permitiu acurtar os tempos de viaxe, establecidos en 2 horas e 30 minutos no traxecto Madrid-Barcelona. Este tempo é similar ao que dura o traxecto entre Madrid e Málaga ou entre Madrid e Sevilla, mentres que entre Madrid e Valladolid os trens empregan unha hora en realizar o percorrido completo.

Entre os aspectos do servizo destaca a puntualidade e os compromisos que, en relación con este atributo, a empresa adquire cos seus clientes.

© Renfe. Todos os dereitos reservados.
Información legal | Accesibilidade Web