Renfe

Buscar en Irene de Renfe

Cambios e anulacións

Contido da páxina

Cambios dos billetes

En xeral os billetes dos trens AVE, Larga Distancia, Avant e Media Distancia Convencional poderán cambiar. Os servizos Cercanías e Feve non admiten cambios.

As condicións para cambiar son as seguintes:

Se o título de transporte ten prazo de caducidade, a nova data da viaxe solicitada estará comprendida no devandito prazo.

En AVE, Larga Distancia, Avant e Media Distancia, os billetes poderán ser cambiados en xeral, agás aquelas ofertas que expresamente o indiquen así, cantas veces o solicite o cliente dentro do seu período de validez (desde a súa adquisición ata o tempo establecido para cada canle de venda) e coa necesaria anticipación para poder levar a cabo os procedementos correspondentes no sistema de venda.

Realizaranse cun mínimo do 10 % de gastos de cambio sobre o prezo do billete excluíndo gastos de xestión, a non ser que exista algunha limitación establecida nas condicións comerciais das ofertas ás que estea suxeito o título de transporte, e mesmo sen custo nos cambios para o mesmo día. Estes pódense consultar en cada unha das ofertas descritas na sección “Tarifas e descontos” desta web, agás nos servizos de Media Distancia Convencional que se realizarán cun mínimo de 1 euro por billete.

Os billetes dos servizos de Cercanías e Feve, así como as formalizacións dos Títulos Multiviaxe non admiten cambios.

En AVE, Larga Distancia, Avant e Media Distancia non se admiten os cambios dos Títulos Multiviaxe e das súas formalizacións.

O reintegro ou abono xerado efectuarase mediante o mesmo medio de pagamento previamente utilizado, segundo se indica a continuación:

  • Para o mesmo día, o cambio do billete será sen custo (agás que exista algunha condición diferente na oferta contratada):
    • Se o novo billete é de MAIOR importe, o cliente aboará a diferenza.
    • Se o novo billete é de IDÉNTICO importe, non se lle aplicará ningún cargo.
    • Se o novo billete é de MENOR contía, da cantidade a reintegrar (unha vez deducidos os gastos de cambio de habelos) descontarase en xeral o 15 % do importe da diferenza que se devolverá ao cliente.
  • Para outro día, o cambio de billete terá como mínimo un 10 % de gastos ou os custos especificados nas condicións comerciais das ofertas contratadas:
    • Se o novo billete é de MAIOR importe, o cliente aboará a diferenza. Tamén pagará a cantidade adicional equivalente á porcentaxe de gastos de cambio establecido na oferta do billete cambiado.
    • Se o novo billete é de IDÉNTICO importe, abonará a cantidade adicional equivalente á porcentaxe de gastos establecida na oferta contratada do billete cambiado, en concepto de gastos de cambio.
    • Cando o cambio sexa un billete de MENOR contía, da cantidade a reintegrar (unha vez deducidos os gastos de cambio de habelos) descontarase en xeral o 15 % do importe da diferenza que se devolverá ao cliente.

En servizos AVE e Larga Distancia, a emisión do novo billete non xera gastos de xestión.

Anulacións dos billetes

En AVE, Larga Distancia, Avant e Media Distancia Convencional, os billetes poderán ser anulados en xeral, dentro do seu período de validez (desde a súa adquisición ata o tempo establecido para cada canle de venda) e coa necesaria anticipación para poder levar a cabo os procedementos correspondentes no sistema de venda.

En xeral, as anulacións realizaranse cun mínimo do 15 % de gastos sobre o prezo do billete (excluíndo os gastos de xestión). Ademais, certas ofertas comerciais poderán ter condicións máis restritivas, como non admitir a anulación, admitila cunha antelación determinada e/ou cunha porcentaxe diferente de gastos.

En Cercanías e Feve admítense as anulacións dos billetes unicamente no momento da compra. Esta operación non xerará ningún custo para o cliente.

Anulacións dos Títulos Multiviaxe

En AVE, Larga Distancia, Avant e Media Distancia Convencional, só se poderá anular sen ningún custo asociado, sempre que non se realizase ningunha operación sobre o mesmo. No caso de facer algunha operación con el, pero non realizar ningunha viaxe, poderase anular cun custo do 15 % do prezo do devandito Título Multiviaxe, en concepto de gastos de anulación.

En Cercanías e Feve só se poderán anular sempre antes do inicio do seu período de utilización. Esta operación non xerará ningún custo para o cliente.

Anulacións das formalizacións dos Títulos Multiviaxe

En AVE, Larga Distancia, Avant admítese a anulación da formalización sen ningún custo asociado para o cliente.

En Media Distancia Convencional admítese a anulación da formalización da reserva sen ningún custo asociado para o cliente. Pero, se o cliente formalizou sobre un tren con tarifa superior, poderá anular sen custos, se o fai antes das dúas horas posteriores á formalización. A partir dese momento, terá que pagar un 15 % da diferenza aboada entre os dous prezos, en concepto de gastos.

En Cercanías e Feve unha vez que se realiza a formalización no torniquete xa non se pode anular.

O reintegro ou abono xerado efectuarase mediante o mesmo medio de pagamento previamente utilizado.

Un billete comprado nos despachos de billetes das estacións pódese cambiar/anular en:

  • Despachos de billetes das estacións e oficina de venda de Ceuta.

    Tempo antes da hora da saída do tren da estación de orixe do viaxeiro para realizar cambios e anulacións: 5 minutos.

    Debe realizarse co mesmo medio de pagamento previamente utilizado.

  • Venda telefónica e servizo de cambios e anulacións por teléfono.

    Tempo antes da hora da saída do tren da estación de orixe do viaxeiro para realizar cambios e anulacións: 30 minutos.

    Só se poden realizar as operacións nos billetes que se abonasen con tarxeta de crédito ou con tarxeta do programa de fidelización de Renfe.

    Os billetes abonados en metálico só se poden cambiar se teñen o mesmo prezo e nunca se poden anular.

  • Máquinas autovenda multiproduto.

    Tempo antes da hora da saída do tren da estación de orixe do viaxeiro para realizar cambios e anulacións: 5 minutos.

    Só se poden realizar as operacións nos billetes que se abonasen con tarxeta de crédito ou con tarxeta do programa de fidelización de Renfe.

Un billete comprado en axencias de viaxes presenciais pódese cambiar/anular en:

  • Despachos de billetes das estacións e oficina de venda de Ceuta.

    Tempo antes da hora da saída do tren da estación de orixe do viaxeiro para realizar cambios e anulacións: 5 minutos.

    Mesmo medio de pagamento previamente utilizado.

    Para a anulación dos billetes abonados en metálico e adquiridos nunha axencia de viaxes deberá acudir aos despachos das estacións para a emisión dun xustificante co que deberá dirixirse á axencia de viaxes para que lle realicen o reembolso nun prazo máximo de 90 días.

  • Axencias de viaxes presenciais:

    Tempo antes da hora da saída do tren da estación de orixe do viaxeiro para realizar cambios e anulacións: 5 minutos.

    Mesmo medio de pagamento previamente utilizado.

    Os billetes RIT de Touroperación non admiten cambios. As anulacións sempre se realizarán na axencia de viaxes onde se adquiriron.

  • Máquinas autovenda multiproduto.

    Tempo antes da hora da saída do tren da estación de orixe do viaxeiro para realizar cambios e anulacións: 5 minutos.

    Billete impreso previamente.

    Só se poden realizar as operacións nos billetes que se abonasen con tarxeta de crédito ou con tarxeta do programa de fidelización de Renfe.

Un billete comprado en www.renfe.com pódese cambiar/anular en:

  • Despachos de billetes das estacións e oficina de venda de Ceuta.

    Tempo antes da hora da saída do tren da estación de orixe do viaxeiro para realizar cambios e anulacións: 5 minutos.

    Mesmo medio de pagamento previamente utilizado.

    Se o cambio dun billete adquirido a través de Paypal implica abono, primeiro devolverase o importe íntegro dos billetes á conta de Paypal e cargarase o importe ds novos billetes á modalidade de pagamento elixida polo cliente.

  • www.renfe.com.

    Tempo antes da hora da saída do tren da estación de orixe do viaxeiro para realizar cambios e anulacións: 15 minutos.

    Para realizar as operacións cómpre dispoñer do localizador ou número do billete.

  • Venda telefónica e servizo de cambios e anulacións por teléfono.

    Tempo antes da hora da saída do tren da estación de orixe do viaxeiro para realizar cambios e anulacións: 30 minutos.

    Só se poden realizar as operacións con tarxeta de crédito ou por un billete de idéntico prezo ou con tarxeta do programa de fidelización de Renfe.

  • Máquinas autovenda multiproduto.

    Tempo antes da hora da saída do tren da estación de orixe do viaxeiro para realizar cambios e anulacións: 5 minutos.

    Billete impreso previamente.

    Só se poden realizar as operacións nos billetes que se abonasen con tarxeta de crédito ou con tarxeta do programa de fidelización de Renfe.

    Os billetes adquiridos con Paypal unicamente admiten cambios a custo cero.

  • Renfe Ticket

    Tempo antes da hora da saída do tren da estación de orixe do viaxeiro para realizar cambios e anulacións: 15 minutos.

    Cómpre dispoñer do localizador ou número do billete, unha vez asociado o título de transporte a Renfe Ticket.

    Os billetes adquiridos con Paypal unicamente admiten cambios a custo cero.

Un billete comprado en venda telefónica pódese cambiar/anular en:

  • Despachos de billetes das estacións e oficina de venda de Ceuta.

    Tempo antes da hora da saída do tren da estación de orixe do viaxeiro para realizar cambios e anulacións: 5 minutos.

    Mesmo medio de pagamento previamente utilizado.

  • Venda telefónica e servizo de cambios e anulacións por teléfono.

    Tempo antes da hora da saída do tren da estación de orixe do viaxeiro para realizar cambios e anulacións: 30 minutos.

    Se non se emitiu o billete da reserva telefónica.

    Só se poden realizar as operacións con tarxeta de crédito ou por un billete de idéntico prezo ou con tarxeta do programa de fidelización de Renfe.

  • Máquinas autovenda multiproduto.

    Tempo antes da hora da saída do tren da estación de orixe do viaxeiro para realizar cambios e anulacións: 5 minutos.

    Se non se emitiu o billete da reserva telefónica.

    Só se poden realizar as operacións nos billetes que se abonasen con tarxeta de crédito ou con tarxeta do programa de fidelización de Renfe.

Un billete comprado en axencias de viaxes virtuais pódese cambiar/anular en:

  • Despachos de billetes das estacións e oficina de venda de Ceuta.

    Tempo antes da hora da saída do tren da estación de orixe do viaxeiro para realizar cambios e anulacións: 5 minutos.

    Só se admite realizar operacións cos billetes adquiridos en axencias de viaxes virtuais coa tarifa Empresas. Co mesmo medio de pagamento previamente utilizado. Tanto para os cambios coma para as anulacións, só se poden realizar as operacións nos billetes que se abonasen con tarxeta de crédito.

    Os billetes con tarifa AGE non admiten nin cambio nin anulación.

  • Axencias de viaxe presenciais.

    Tempo antes da hora da saída do tren da estación de orixe do viaxeiro para realizar cambios e anulacións: 5 minutos.

    Se a tarifa aplicada no billete o permite, admítese o cambio e anulación unicamente en axencias de viaxes da súa rede comercial.

  • Axencias de viaxe virtuais.

    Tempo antes da hora da saída do tren da estación de orixe do viaxeiro para realizar anulacións: 5 minutos.

    Se a tarifa aplicada no billete o permite, admítese a anulación unicamente na axencia de viaxes virtual emisora.

Un billete comprado nas máquinas de autovenda multiproduto pódese cambiar/anular en:

  • Despachos de billetes das estacións e oficina de venda de Ceuta.

    Tempo antes da hora da saída do tren da estación de orixe do viaxeiro para realizar cambios e anulacións: 5 minutos.

    Mesmo medio de pagamento previamente utilizado.

  • Venda telefónica e servizo de cambios e anulacións por teléfono.

    Tempo antes da hora da saída do tren da estación de orixe do viaxeiro para realizar cambios e anulacións: 30 minutos.

    Mesmo medio de pagamento previamente utilizado.

  • Máquinas autovenda multiproduto.

    Tempo antes da hora da saída do tren da estación de orixe do viaxeiro para realizar cambios e anulacións: 5 minutos.

    Mesmo medio de pagamento previamente utilizado.

  • Renfe Ticket.

    Tempo antes da hora da saída do tren da estación de orixe do viaxeiro para realizar cambios e anulacións: 15 minutos.

    Unha vez asociado o localizador ou número do billete a Renfe Ticket, admítense os cambios e anulacións co mesmo medio de pagamento previamente utilizado.

Un billete comprado en Renfe Ticket pódese cambiar/anular en:

  • Despachos de billetes das estacións e oficina de venda de Ceuta.

    Tempo antes da hora da saída do tren da estación de orixe do viaxeiro para realizar cambios e anulacións: 5 minutos.

    Mesmo medio de pagamento previamente utilizado. Cómpre imprimir o billete.

  • www.renfe.com.

    Tempo antes da hora da saída do tren da estación de orixe do viaxeiro para realizar cambios e anulacións: 15 minutos.

    Para realizar as operacións cómpre dispoñer do localizador ou número do billete.

  • Venda telefónica e servizo de cambios e anulacións por teléfono.

    Tempo antes da hora da saída do tren da estación de orixe do viaxeiro para realizar cambios e anulacións: 30 minutos.

    Mesmo medio de pagamento previamente utilizado.

  • Máquinas autovenda multiproduto.

    Tempo antes da hora da saída do tren da estación de orixe do viaxeiro para realizar cambios e anulacións: 5 minutos.

    Mesmo medio de pagamento previamente utilizado.

    Os billetes adquiridos con Paypal unicamente admiten cambios a custo cero.

  • Renfe Ticket.

    Tempo antes da hora da saída do tren da estación de orixe do viaxeiro para realizar cambios e anulacións: 15 minutos.

    Mesmo medio de pagamento ca o previamente utilizado.

Información adicional