Renfe

Viaxar con animais

En Ave e Larga Distancia

Permítese o seu transporte sempre que non se opoña o resto dos viaxeiros.

O viaxeiro faise responsable das molestias e danos que poida ocasionar o animal.

Deben ir provistos da "guía de sanidade". O transporte limitarase a pequenos animais domésticos, entendendo como tales, cans, gatos, furóns e aves (que non sexan de curral) cun peso máximo que non exceda os 10 kg.

Admitirase como máximo un só animal por viaxeiro, sempre dentro dunha gaiola cunhas dimensións máximas que non superen os 60 x 35 x 35 cm., e que dispoña dalgún elemento con dispositivo que permita conter e retirar os residuos.

En prazas deitadas só será posible o transporte en departamentos/cabinas completas (modalidade familiar).

O prezo que se debe aboar polo transporte é o equivalente a un 25% do asento de clase Turista segundo o traxecto e tipo de tren correspondentes, podendo viaxar en calquera das categorías do tren.

No trens AVE existe a posibilidade de que a gaiola do animal ocupe unha praza. Neste caso, aplicarase a tarifa xeral ou de ida/volta na clase que corresponda.


En Media Distancia

Admitirase o transporte de pequenos animais domésticos, sempre baixo a custodia do viaxeiro que os leve e sempre e cando os demais viaxeiros non se opoñan nin sufran ningunha molestia. O viaxeiro será responsable dos danos que os seus animais domésticos puidesen ocasionar. Os animais deberán ir, cando proceda, coa guía de sanidade, nas condicións hixiénico-sanitarias e de seguridade previstas na lexislación vixente.

O transporte limitarase a pequenos animais, como cans, gatos, furóns e aves, cun peso máximo que non exceda dos 10 kg. Admitirase como máximo un só animal por viaxeiro, sempre dentro dunha gaiola cun dispositivo que permita conter e retirar os residuos. As dimensións da gaiola non deben superar os 60 x 35 x 35 cm.

Este transporte poderase realizar en todos os trens de Media Distancia, aínda que poderá limitarse naqueles trens con saturación de viaxeiros. Poderase establecer un máximo por tren e coche para este transporte. Este transporte non ocupará asento nin poderá dispoñer de reserva de praza. O prezo será o establecido na tarifa vixente.


Conforme a lexislación vixente, os cans guía de invidentes poderán viaxar en todos os trens de forma gratuíta.


 

En Cercanías

Admitirase o transporte de pequenos animais domésticos, sempre baixo a custodia do viaxeiro que os leve, se non se opoñen os demais viaxeiros nin lles produce molestias.

Non se emitirá billete nin se pagará cantidade ningunha polo seu transporte.

Conforme a lexislación vixente, os cans guía de invidentes poderán viaxar en todos os trens de forma gratuíta.

Cercanías poderá limitar o seu transporte aos trens, horarios e estacións que se autoricen en cada núcleo.

© Renfe. Todos os dereitos reservados.
Información legal | Accesibilidade Web