Renfe

Buscar en Irene de Renfe

Audio a bordo

Contido da páxina

A música forma parte das nosas vidas e AVE - Larga Distancia, consciente disto, definiu unha oferta de entretemento musical a bordo.

A través das canles de música individualizadas poñemos ao seu dispor varios estilos (clásica, pop/rock, folk, jazz...), froito dunha elaborada selección de compositores, autores e intérpretes de onte, de hoxe e de sempre.

A nosa tripulación entregaralle os auriculares necesarios nos servizos diúrnos (Altaria, AVE, Euromed e Talgo); non obstante, pode utilizar os seus propios auriculares a través da conexión estándar de cada praza. En trens Alvia, ofrecerase este servizo dependendo do tipo de material que realice o percorrido.

Información adicional