Permitirase o acceso de bicicletas nos trens que teñan oferta de prazas deitadas (coches cama).
Ao adquirir o billete deberase solicitar a opción de Viaxar con bicicletas.
En coche cama, sexa material convencional ou Trenhotel, unicamente será posible a admisión de bicicletas cando se adquira o departamento na modalidade familiar, é dicir, que todos os viaxeiros que ocupen o departamento constitúan un grupo.
Como norma xeral só se admitirá unha bicicleta por viaxeiro, cun máximo de dúas bicicletas por departamento.
As bicicletas deberán estar previamente embaladas en bolsas para bicicletas deseñadas para ese fin, cos pedais desmontados e o guiador xirado 90º.
Renfe non se fai responsable dos posibles danos ou perdas.
Admitirase o transporte de bicicletas en todos os trens de Media Distancia que teñan unha área específica ou espazo suficiente para o seu transporte. Só se admitirá unha bicicleta por viaxeiro sempre que a ocupación do tren o permita ou non se supere a capacidade máxima permitida para cada coche ou tren. En caso contrario o viaxeiro terá dereito a utilizar outro tren de Media Distancia ou á devolución do importe da viaxe non realizada.
Como norma xeral, os viaxeiros en grupo con máis de tres bicicletas deberán ser autorizados previamente por Renfe-Operadora. Só no caso de grupos autorizados poderase superar o límite máximo para cada coche ou tren admitido.
Este transporte poderase realizar en todos os trens de Media Distancia, aínda que poderá limitarse naqueles trens con saturación de viaxeiros. Poderase establecer un máximo por tren e coche para este transporte. Este transporte non ocupará asento nin poderá dispoñer de reserva de praza. O prezo será o establecido na tarifa vixente.
O viaxeiro que leve unha bicicleta deberá manter en todo momento o coidado debido para garantir a seguridade e comodidade dos demais viaxeiros, e será o responsable dos posibles danos que se poidan producir no tren e a terceiras persoas.
Na tarifa especial n.º 6 poderanse establecer limitacións a este transporte, en función da data, a hora, o período e o traxecto.
Admitirase o transporte de bicicletas nos trens e horarios expresamente autorizados en cada núcleo de Cercanías. Só se admitirá unha bicicleta por viaxeiro.
A carga, custodia e descarga das bicicletas será efectuada polos seus propietarios e Renfe non será responsable dos danos ou perdas que poidan sufrir as mesmas durante a viaxe.
© Renfe. Todos os dereitos reservados.
Información legal |