Renfe

Buscar en Irene de Renfe

Equipaxes

Contido da páxina

En todos os servizos AVE, Larga Distancia, Avant, Media Distancia Convencional, Cercanías e Feve, considérase equipaxe todo vulto de man que conteña prendas e obxectos de uso persoal ou profesional que o viaxeiro leve consigo e cuxa natureza non contraveña as disposicións de seguridade establecidas nas leis e regulamentos e non represente perigo ou molestias para os outros viaxeiros, outras equipaxes ou ao material ferroviario.

A vixilancia da equipaxe será de exclusiva responsabilidade do viaxeiro e este garantirá durante toda a viaxe que non se desprace da localización establecida.

Renfe Viajeros non será responsable de ningunha incidencia, roubo, extravío ou danos ocasionados na equipaxe que poidan sufrir pola súa mala colocación ou contido, a non ser que lle fosen imputables.

Equipaxe de man

É a equipaxe que polas súas dimensións e características pode ser transportado por cada viaxeiro.

Poderanse levar 3 vultos que non superen a suma dos tres os 25 kg. Igualmente, a suma das súas dimensións non deberá superar os 290 cm. e o maior deles non excederá os 85 x 55 x 35 cm (alto-ancho-fondo).

Teñen esta consideración:

  • As maletas, os bolsos de man, mochila, maletíns portaordenadores e similares.
  • As cadeiras e coches portabebés, sempre que vaian pregados.
  • Os instrumentos musicais que, transportados na súa funda, non superen as dimensións 30 x 120 x 38 cm (ancho-largo-fondo).
  • En AVE, Larga Distancia e Avant, as bicicletas pregadas ou desmontadas deberán ir dentro dunha funda, cuxas dimensións non sumen entre as tres máis de 180 cm. Nos trens de Media Distancia Convencional, Cercanías e Feve non será imprescindible que as bicicletas pregadas viaxen dentro dunha funda.

Equipaxe especial

É a equipaxe que polas súas dimensións ou outras limitacións non se considera “equipaxe de man” e, polo tanto, estará sometido a condicións concretas para cada unha das súas tipoloxías.

Soamente se poderá transportar unha equipaxe especial por viaxeiro.

O portador dunha equipaxe especial soamente poderá transportar como "equipaxe de man" un vulto que non supere as dimensións de 55 x 35 x 25 cm (ancho-alto-fondo).

Poderase transportar como equipaxe especial unha bolsa de paus de golf ou un equipo de esquí por viaxeiro. Ademais, este deberá ter en conta os seguintes condicionantes:

  • Tanto as bolsas de golf como as de esquí deberán estar perfectamente pechadas de tal xeito que impida o movemento ou desprazamento dos elementos que conteñan.
  • Os equipos de esquí deberán viaxar dentro da correspondente bolsa.
  • Bicicletas.

Transporte de armas de fogo e obxectos perigosos

Condicións xerais

Obxectos non permitidos

  • Armas de fogo, se non se acompañan de licenza e guía de pertenza.
  • Cartucheiría, agás a que porten nos cargadores das armas os membros de Forzas e Corpos de Seguridade, Forzas Armadas, CNI e posuidores de licenza B.
  • Bastóns-estoque, puñais, navallas automáticas e calquera navalla, coitelo ou arma branca.
  • Obxectos punzantes ou con bordos, contundentes ou aqueles que resulten especialmente perigosos para a integridade física das persoas.
  • Substancias explosivas, inflamables, químicas ou tóxicas.
  • Pistolas de bolas de pintura.

Normas para o control de accesos de obxectos perigosos

  • Armas de fogo portadas por particulares. Debe portarse licenza e guía de pertenza.
  • Armas de fogo regulamentarias portadas por persoal habilitado. Acredítanse como persoal mediante a súa placa ou carné profesional.
  • Armas brancas, históricas e outras. Os sabres, machetes, armas históricas ou outras que formen parte do equipo regulamentario do persoal das Forzas e Corpos de Seguridade ou das Forzas Armadas serán admitidos no control de seguridade.
  • Armas deportivas. A persoa con armas utilizadas en deportes poderá pasalas polo control de seguridade sempre que estean debidamente embaladas e acredite documentalmente estar federado no devandito deporte.
  • Instrumentos de traballo. Os instrumentos de traballo que sexan cortantes, punzantes ou contundentes poderán transportarse debidamente embalados, polo persoal que acredite documentalmente a súa profesión.
  • Munición. Non poderá transportarse munición, segundo establece o RD 230/1998 Art. 239-3, agás:
    • Armas curtas, munición no cargador, persoal posuidor de licenza tipo B.
    • Armas de fogo, munición nos cargadores, persoal habilitado. Este persoal deberá identificarse como tal.

Transporte de municións

Segundo o Real Decreto 989/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de artigos pirotécnicos e cartucheiría, no seu artigo 167.2, os viaxeiros particulares non poden transportar municións nos transportes colectivos (tren, bus, etc.).

Rodalies de Catalunya

Nestes trens, as condicións de acceso e comercialización determínaas a Generalitat de Catalunya, polo tanto as normas descritas nesta páxina non son aplicables a estes.

Información adicional