Renfe

Salas club

Contido da páxina

Algunhas estacións dispoñen de Salas Club consistentes en espazos reservados, deseñados para facer a espera máis cómoda e confortable antes da saída do tren. Estas Salas están atendidas por persoal de terra e póñense a dispor do cliente toda unha serie de facilidades para facer máis pracenteira a súa estancia nas estacións.

A utilización destas salas limítase á cidade de orixe, unicamente o día da data indicada no seu billete e desde 2 horas antes da saída do tren.

Nas Salas Club o cliente poderá dispoñer de área para o descanso, de lectura, de traballo, para celebrar reunións, para o lecer, aseos e autoservizo de cafetaría. O consumo dos produtos ofrecidos nestas son para uso exclusivo no seu interior.

Ás Salas Club poderán acceder os clientes:

  • Con billete en asento Preferente, asento Gran Confort, cama Gran Clase ou cama Preferente de calquera dos servizos AVE e Larga Distancia.
  • De trens turísticos de luxo.
  • Con billetes intermodais Renfe-Iberia cuxa reserva de praza no tren sexa de clase Preferente.
  • Con billete adquirido cun BonoAVE Preferente, BonoAVE FLEXIBLE Preferente e Bono COLABORATIVO Preferente (independentemente da clase para a que se formalice o billete).
  • Os titulares da Tarxeta +Renfe Plata ou +Renfe Oro en vigor cun billete AVE e Larga Distancia de calquera clase e tarifa no que deberá figurar o número da tarxeta impreso no billete.
  • Os titulares da Tarxeta +Renfe Premium en vigor cun billete AVE, Larga Distancia ou Avant de calquera clase e tarifa, no que deberá figurar o número da tarxeta impreso no billete.
  • Os titulares da Tarxeta +Renfe Plata, +Renfe Oro e +Renfe Premium en vigor cun billete intermodal Renfe-Iberia de calquera acomodación.
  • Admítese o acceso de animais de compañía nas mesmas condicións que as establecidas para realizar a súa viaxe.

Non poderán utilizala os clientes:

  • Con billetes obtidos coa Tarifa Promo.
  • Os acompañantes, agás no caso dos menores que viaxen co Servizo de menores sen acompañamento e persoas de mobilidade reducida.

Os carros portaequipaxes non se admiten no seu interior.

As estacións que dispoñen de salas club son as seguintes:

Dispoñibilidade
EstaciónsDías dispoñiblesHorario
Alacant Terminal Sala con Wi-Fi De luns a venres de 05:35 a 20:10 h
Sábados de 06:05 a 20:10 h
Domingos de 06:05 a 21:20 h
Albacete Los Llanos Sala con Wi-Fi De luns a venres de 06:35 a 22:45 h
Sábados de 07:35 a 22:05 h
Domingos de 09:05 a 22:45 h
Barcelona Sants Sala con Wi-Fi De luns a sábado 05:30 a 22:00 h
Domingos de 06:30 a 22:00 h
Camp de Tarragona Sala con Wi-Fi De luns a sábado de 06:00 a 23:15 h
Domingos de 07:30 a 23:15 h
Córdoba Central Sala con Wi-Fi De luns a venres de 06:20 a 23:30 h
Sábados e domingos de 07:30 a 23:30 h
Girona Sala con Wi-Fi De luns a venres de 06:15 a 22:15 h
Sábados e domingos de 07:30 a 22:15 h
Lleida-Pireneos Sala con Wi-Fi De luns a sábado de 06:15 a 22:55 h
Domingos de 07:15 a 22:55 h
Málaga María Zambrano Sala con Wi-Fi Luns a xoves de 05:40 a 20:15 h
Venres de 06:20 a 21:20 h
Sábados de 07:15 a 20:15 h
Domingos de 07:15 a 21:20 h
Madrid Chamartín Sala con Wi-Fi De luns a venres de 06:10 a 22:30 h
Sábados de 06:40 a 22:30 h
Domingos de 07:30 a 22:30 h
Madrid Porta de Atocha Sala con Wi-Fi SALA CLUB A
De luns a venres de 05:15 a 21:30 h
Sábados, domingos e festivos de 06:00 a 21:30 h
SALA CLUB B
Mércores, xoves e venres de 13:00 a 21:00 h
Sevilla Sta. Justa Sala con Wi-Fi De luns a venres de 05:40 a 21:30 h
Sábados e domingos de 06:30 a 21:30 h
Valencia Joaquín Sorolla Sala con Wi-Fi De luns a venres de 05:55 a 21:25 h
Sábados de 06:55 a 21:25 h
Domingos de 07:25 a 21:25 h
Valladolid Campo Grande Sala con Wi-Fi De luns a venres de 08:00 a 22:30 h
Sábados de 08:00 a 21:30 h
Domingos de 08:00 a 22:30 h
Zaragoza Delicias Sala con Wi-Fi De luns a venres de 06:20 a 22:50 h
Sábados de 06:30 a 22:50 h
Domingos de 07:10 a 22:50 h

Sala con Wi-Fi Salas que dispoñen da prestación gratuíta de Wi-Fi. Para ter acceso ao servizo Wifi, o cliente conectarase á rede “SalaClub” visible para todos os dispositivos, a través da que se presentará un portal para a súa autenticación mediante un correo electrónico e un contrasinal, todo isto nunha contorna segura. Cómpre ter un número de teléfono móbil para a recepción dun SMS de confirmación que se usará para validar a alta e conectarse á rede wifi.

Información adicional

© Renfe. Todos os dereitos reservados.
Información legal | Accesibilidade web