Renfe

Altaria

Contido da páxina

  • Madrid-Alxeciras
  • Madrid-Murcia-Cartaxena

Clase Preferente

A amplitude, o confort, a luminosidade e un coidado deseño son as características máis salientables da área Preferente de Altaria.

Os clientes desta área poderán gozar dos servizos de estacionamento con franquía (agás nos aparcadoiros das estacións de Madrid Atocha), sala club e prensa, todos eles incluídos no prezo do billete. Os percorridos de curta duración impiden ofrecer o servizo de restauración na praza.

Cada un dos asentos dispón de mesa auxiliar, conexión para audio/vídeo, papeleira, repousabrazos individuais, repousapés e a posibilidade de reclinar o respaldo e desprazar o asento.

A distancia entre asentos é de 103 cm e a largura de 50 cm.

Dispón de estantes superiores portaobxectos e maleteiros verticais nos extremos do coche.

Clase Turista

Os coches de Turista, de características análogas aos de Preferente en canto a confort, luminosidade e deseño, son tipo salón, con corredor central e dúas prazas a cada lado. As prazas van orientadas no sentido da marcha do tren, agás as dos extremos, que permanecen fixas.

Cada un dos asentos dispón de mesa auxiliar, conexión para audio/vídeo, papeleira, repousabrazos, repousapés e a posibilidade de reclinar o respaldo e desprazar o asento. A distancia entre asentos é de 103 cm e a largura da butaca de 46 cm. Dispón de estantes superiores portaobxectos e maleteiros verticais nos extremos do coche.

En canto aos servizos a bordo, a área de Turista ten á súa disposición: vídeo, música e cafetaría.

Información adicional

© Renfe. Todos os dereitos reservados.
Información legal | Accesibilidade Web