Renfe

Arco

Arco forma parte dos produtos diúrnos de gama media de Larga Distancia. Ofrece vehículos adaptados para acadar unha velocidade de 200 km/h.

Arco enlaza as comunidades de Cataluña e Valencia con Estremadura e Andalucía, así como o País Vasco con Galicia. Tamén complementa os servizos Alvia na relación Barcelona-A Coruña.


Clase Preferente

Os clientes desta área poderán gozar dos servizos de estacionamento e sala club.

Coches climatizados de tipo salón con corredor central. Cada fila conta con tres asentos, dous formando parella e outro independente, cun amplo espazo entre eles. A metade das prazas do coche están orientadas no sentido da marcha do tren.

Nun extremo atópanse dous maleteiros laterais verticais, ademais de estantes superiores portaobxectos.

Cada un dos asentos dispón de mesa auxiliar, papeleira, repousabrazos individuais, repousapés e a posibilidade de reclinar o respaldo e desprazar o asento.

Clase Turista

Coche de tipo salón, con corredor central e dous asentos a cada lado. A metade das prazas van orientadas no sentido da marcha do tren.

Nun extremo atópanse dous maleteiros laterais verticais, ademais de estantes superiores portaobxectos.

Cada un dos asentos dispón de mesa auxiliar, papeleira, repousabrazos, repousapés e a posibilidade de reclinar o respaldo e desprazar o asento.

© Renfe. Todos os dereitos reservados.
Información legal | Accesibilidade Web