Renfe

Estrella

Traxectos e servizos

Servizo nocturno deseñado para viaxes de Larga Distancia que permite chegar a destino a primeira hora da mañá, ofrecéndolles aos nosos clientes a posibilidade de aproveitar unha xornada completa de traballo ou lecer.

A oferta de áreas de viaxe permite elixir entre distintas opcións: camas, liteiras e prazas sentadas.

As cabinas de cama comercialízanse en modalidade individual ou dobre en coches de Gran Clase. Las Cabinas Gran Clase disponen de ducha e lavabo no interior.

Os coches de liteiras, con departamentos para un máximo de 6 persoas, pódense utilizar nas modalidades de señora, cabaleiro ou mixto. Os billetes pódense adquirir de forma individualizada ou pola totalidade do departamento na modalidade de grupo/familia.

Cama Gran Clase

Os departamentos de cama Gran Clase, de modalidade individual ou dobre, contan co seguinte equipamento:

  • cabina de ducha
  • lavabo
  • neceser cos útiles necesarios para o aseo persoal
  • luz individual de lectura
  • maleteiro
  • teléfono individual en cada cama para comunicar co axente de servizos a bordo

Os viaxeiros desta área poderán gozar do servizo de estacionamento e sala club, así como da revista Paisajes.

 

Liteiras

Departamentos de seis prazas con tres liteiras a cada lado.

Os departamentos están equipados cunha escaleira extensible para o acceso ás liteiras superiores, zona para equipaxes, pechadura interior de seguridade na porta, luz individual para cada praza, rede portaobxectos, panel de control de iluminación e aire acondicionado.

As modalidades de venda son departamentos de señora, de cabaleiro ou mixtos, cando se obteñen os billetes de forma individualizada.

Tamén se pode adquirir un departamento completo e beneficiarse do desconto correspondente.

Prazas sentadas

A oferta comercial do produto Estrella pode incluír prazas sentadas de clase Turista, de clase Preferente ou das dúas.

Os coches poden estar divididos en departamentos con corredor lateral ou ser coches de tipo salón con corredor central. A capacidade é de 76 a 24 prazas, segundo os modelos.

Os departamentos dispoñen de asentos con respaldos desprazables, luz individual, panel de control de iluminación e aire acondicionado. Nos coches salón algúns modelos incorporan servizo de audio e vídeo que non se utiliza para o servizo.

© Renfe. Todos os dereitos reservados.
Información legal | Accesibilidade Web