Renfe

Euromed

Contido da páxina

Traxectos e servizos

A mellor opción de viaxe, por rapidez, frecuencia, prestacións, confort, seguridade e atención ao cliente, para os desprazamentos por traballo e negocios no Arco Mediterráneo.

Cunha velocidade comercial de 220 km/h, doce servizos que permiten desprazarse diariamente de centro a centro de cidade, onde a nosa tripulación tanto en terra como a bordo lle ofrecerá un servizo adaptado ás necesidades do cliente.

Euromed ofrece prazas sentadas en clase Preferente e Turista e unha cafetaría de agradable deseño.

Para persoas con mobilidade reducida, dispón dun espazo para ancorar a cadeira de rodas e dun aseo específico na área de Preferente.

Clase Preferente

Dispón de 63 prazas en clase Preferente, unha delas para persoas con mobilidade reducida con ancoraxe de seguridade. Conta tamén cun aseo para estes viaxeiros, que poderán moverse sen dificultades polo interior dos vehículos grazas a un deseño que facilita estes desprazamentos.

A amplitude, o confort, a luminosidade e un coidado deseño son as características máis salientables da área Preferente de Euromed.

Os clientes desta área poderán gozar dos servizos de estacionamento, sala club, prensa e restauración na praza, todos eles incluídos no prezo do billete. Os percorridos de curta duración impiden ofrecer o servizo de restauración na praza.

Coches de tipo salón con corredor central. Cada fila conta con tres asentos, dous formando parella e outro independente, cun amplo espazo entre eles. Nun extremo atópanse dous maleteiros laterais verticais, ademais de estantes superiores portaobxectos.

En canto ás butacas, son reclinables, teñen repousapés e pódense orientar no sentido da marcha. Cada butaca conta con luces individuais de lectura, así como cun sistema de recepción de son con catro canles de audio e dúas de vídeo.

Clase Turista

A área de Turista dispón de 236 prazas, de características análogas á de Preferente en canto a confort, luminosidade e deseño. Coche de tipo salón, con corredor central e dúas prazas a cada lado.

Nun extremo atópanse dous maleteiros laterais verticais, ademais de estantes superiores portaobxectos.

En canto ás butacas, son reclinables, teñen repousapés e pódense orientar no sentido da marcha. Cada butaca conta con luces individuais de lectura, así como cun sistema de recepción de son con catro canles de audio e dúas de vídeo.

Información adicional

© Renfe. Todos os dereitos reservados.
Información legal | Accesibilidade Web