Trátase dun produto que conta con trens modernos de deseño innovador e dinámico, tanto exterior como interior e adáptase perfectamente aos criterios dunha relación multifrecuencia.
É unha das mellores opcións de viaxe para os desprazamentos de carácter profesional, cun alto grao de aceptación por parte dos nosos clientes debido ao seu confort, seguridade, frecuencia e servizos a bordo.
Cunha velocidade comercial de 200 km/h, trátase dun servizo cómodo e moderno no que destaca a atención personalizada ao cliente e a funcionalidade do equipamento.
Ofrece prazas sentadas en Clases Preferente e Turista.
Amplitude, confort, luminosidade e un coidado deseño son as características máis destacables da área Preferente de Alaris.
Os clientes desta área poderán gozar dos servizos de aparcadoiro con franquía (excepto* nos estacionamentos das estacións de Madrid Atocha), sala club e prensa; todos eles incluídos no prezo do billete.
Coches de tipo salón, con corredor central, cada fila conta con tres asentos, dous formando parella e outro independente, cun amplo espazo entre eles. A metade das prazas do coche están orientadas en sentido da marcha do tren.
Nun extremo están situados dous maleteiros laterais verticais, ademais de estantes superiores portaobxectos.
Cada un dos asentos dispón de mesa auxiliar, conexión para audio/vídeo, papeleira, apoiabrazos individuais, repousapés e a posibilidade de reclinar o respaldo e deslizar o asento.
A área de Turista é de características análogas á de Preferente en canto a confort, luminosidade e deseño. Coche de tipo salón, con corredor central e dúas prazas a cada lado. A metade das prazas van orientadas en sentido da marcha do tren.
Nun extremo están situados dous maleteiros laterais verticais, ademais de estantes superiores portaobxectos.
Para persoas con mobilidade reducida, o coche 2 dispón dun espazo para ancorar a cadeira de rodas e aseo adaptado.
Cada un dos asentos dispón de mesa auxiliar, conexión para audio/vídeo, papeleira, apoiabrazos, repousapés e a posibilidade de reclinar o respaldo e deslizar o asento.
© Renfe. Todos os dereitos reservados.
Información legal |
Accesibilidade Web