Renfe

Buscar en Irene de Renfe

Talgo

Contido da páxina

O produto Talgo ofrece diferentes posibilidades de viaxe de longa distancia entre as principais poboacións españolas; este produto goza de recoñecido prestixio e é valorado positivamente polos nosos clientes.

Actualmente conviven varias “xeracións” tecnolóxicas, desde o Talgo III ata os Talgos de VIIª xeración, con velocidades comerciais entre 160 e 200 km/h. A partir da IVª “xeración”, todos os trens dispoñen dun sistema de oscilación que incrementa a comodidade durante a viaxe e permite acadar maiores velocidades.

Todos os Talgos dispoñen de prazas sentadas en áreas de Preferente e Turista, así como de servizo de cafetaría, música e vídeo.

Clase Preferente

Coches de tipo salón con corredor central. Cada ringleira conta con tres asentos, dous formando parella e outro independente, cun amplo espazo entre eles. As prazas están orientadas no sentido da marcha do tren, agás as dos extremos, que permanecen fixas.

Cada un dos asentos dispón de mesa auxiliar, conexión para audio/vídeo, papeleira, repousabrazos individuais, repousapés e a posibilidade de reclinar o respaldo ou desprazar o asento.

Nun extremo atópase un maleteiro lateral vertical; ademais, dispón de estantes superiores portaobxectos.

Clase Turista

A área de Turista ten unhas características análogas á de Preferente en canto a comodidade, luminosidade e deseño. Os coches son tipo salón con corredor central e dúas prazas a cada lado, orientadas todas no sentido da marcha do tren agás as dos extremos, que permanecen fixas.

Cada un dos asentos dispón de mesa auxiliar, conexión para audio/vídeo, papeleira, repousabrazos, repousapés e a posibilidade de reclinar o respaldo ou desprazar o asento.

Nun extremo hai un maleteiro lateral vertical e, ademais, dispón de estantes superiores portaobxectos.

En canto aos servizos a bordo, a área de Turista ten ao seu dispor, entre outros: vídeo, música e cafetaría.

Información adicional