Servizo nocturno de gama alta. Un cuarto rodante para gozar das comodidades dun hotel, con todas as vantaxes dun tren.
Deseñado para chegar ás capitais de destino aproveitando a noite para durmir e acordando no centro da cidade elixida a primeira hora da mañá.
Para realizar a viaxe de negocios, de turismo ou de lecer, individualmente, coa súa parella ou en familia, na mesma cabina. Trenhotel ofrece múltiples fórmulas para satisfacer as expectativas dos nosos clientes.
A tripulación da área de cama (Gran Clase e Preferente) daralle a benvida e entregaralle a chave de acceso ao departamento, ademais de preguntarlle a que hora desexa ser espertado.
Este produto pon á súa disposición os servizos de cafetaría e restaurante, completando así a oferta Trenhotel.
Todos os trens dispoñen de prazas sentadas.
Os Trenhotel circulan en relacións nacionais e internacionais.
Rutas nacionais
Rutas internacionais
As cabinas de Gran Clase están deseñadas para garantir a maior comodidade cun novo concepto de servizo: viaxe e aloxamento completo, en modalidade individual ou dobre.
Todos os departamentos de Gran Clase están dotados do equipamento preciso para o aseo persoal: ducha, lavabo e inodoro, cun completo neceser e os elementos de lencería necesarios.
O noso persoal de a bordo daralles a benvida aos nosos clientes e entregaralles a tarxeta individual que abre a pechadura de seguridade de cada cabina. Ao longo da viaxe, existe un servizo de cabina atendido pola nosa tripulación.
Nas relacións:
Os clientes de Gran Clase poderán gozar dos servizos de estacionamento, sala club, prensa e (agás no Trenhotel Madrid-Ferrol e v.v.) de detalle de cortesia e restaurante (cea e almorzo), todos eles incluídos no prezo do billete.
Así mesmo, as camas están deseñadas cunhas medidas de 190 x 77 cm, co obxectivo de proporcionaren o confort necesario para o descanso nocturno.
As relacións
realízanse con trens de nova xeración, inspirados nun deseño onde prima a comodidade e o carácter cálido do hábitat.
Os clientes de Gran Clase poderán gozar dos servizos de estacionamento, sala club e prensa, así como dun detalle de cortesía. A restauración, que está composta po a cea e o almorzo, é opcional. Existe a posibilidade de que estea incluída no prezo do billete (Cama Cea + Alm.) ou non (Cama Gran Clase). É o cliente quen decide o nivel de prestación que desexa.
Ademais, nestes novos trens o confort compleméntase cos seguintes elementos:
As persoas con mobilidade reducida dispoñen dunha cabina adaptada, un aseo ampliado e accesos con dimensións normalizadas á cafetaría e ao restaurante.
Nas relacións:
as cabinas de cama Preferente, utilizadas en modalidade individual ou dobre, dispoñen de lavabo e elementos de aseo persoal, así como de teléfono individual para se comunicar co persoal de a bordo.
A porta de acceso ao departamento ten pechadura de seguridade mecánica con bloqueo interior, e as dimensións de cada cama son 190 x 77 cm.
Os clientes destas cabinas poderán gozar do servizo de estacionamento, sala club, prensa e da revista Paisajes.
Nas relacións:
as cabinas de cama Turista dispoñen de lavabo e catro camas, dúas inferiores e dúas superiores, cunha escaleira pregable para acceder ás superiores.
A modalidade de viaxe nestas cabinas é de Turista señora e Turista cabaleiro, de se adquirir os billetes de xeito individualizado, ou Turista familiar/grupo, en cuxo caso cumprirá obter os billetes pola totalidade das camas da cabina.
Nas relacións:
a oferta comercial do produto Trenhotel pode incluír prazas sentadas en clase Turista, en Preferente ou en ambas as dúas. Os coches dispoñen de aire acondicionado con regulación automática, megafonía, zona de equipaxe nun extremo do coche e bandexa lonxitudinal portaequipaxes en ambos os dous lados.
Os coches son de tipo salón e teñen as butacas dispostas en filas; os Preferentes con distribución 2+1 e 26 prazas (20 prazas os coches que contan con butacas superreclinables). Os Turistas, con distribución 2+2, contan con 36 prazas. As butacas son reclinables, con mesiñas abatibles sobre o respaldo do asento anterior, e están orientadas no sentido da marcha.
As butacas superreclinables dispoñen dun panel de control para regular o asento e dunha mesiña extraíble situada no repousabrazos. O 50% están orientadas no sentido da marcha.
As relacións:
realízanse con trens de nova xeración, inspirados nun deseño onde prima o confort.
A oferta comercial está composta polos novos asentos superreclinables, denominados «butacas Gran Confort», que ofrecen un elevado grao de comodidade, cun ángulo de repouso de 136º e 1330 mm de espazo entre as filas de butacas. Dispoñen de controis independentes para reclinar o respaldo e elevar o repousapés, cómodos repousacabezas orientables en altura, manta de viaxe (en tempada), mesiña extraíble situada no repousabrazos, toma de corrente eléctrica, sistema de audio con catro canles e revisteiro.
Os coches dispoñen de aire acondicionado con regulación automática, megafonía, zona de equipaxe nun extremo do coche e bandexa lonxitudinal portaequipaxes en ambos os dous lados. O 50% están orientadas no sentido da marcha.
As persoas con mobilidade reducida dispoñen dunha praza para poderen viaxar na súa propia cadeira de rodas e dunha butaca Gran Confort adaptada, dun aseo accesible e de accesos con dimensións normalizadas á cafetaría e ao restaurante.
© Renfe. Todos os dereitos reservados.
Información legal |
Accesibilidade Web