Renfe

Control de acceso

Contido da páxina

Pensando en todos os clientes, para lles facilitar o acceso ao tren e garantir a máxima seguridade e o maior nivel de información, o noso persoal de servizos en terra daralles a benvida, realizará o control de billetes e colaborará nas necesidades que poidan xurdir antes da saída do tren.

A recepción dos nosos clientes contribúe á personalización do trato que ofrecemos nos nosos servizos. Supón un contacto previo, antes do inicio da viaxe.

Este servizo compleméntase co de recepción e despedida ao pé do tren por parte da tripulación de servizos a bordo (Altaria, Alvia, AVE, Euromed e Trenhotel).

Co fin de garantir a máxima seguridade, o punto de control permítelles acceder ao tren unicamente a aqueles clientes que dispoñen do seu billete e que van realizar a viaxe.

O control de acceso péchase 2 minutos antes da saída do tren.

Información adicional

© Renfe. Todos os dereitos reservados.
Información legal | Accesibilidade Web