Todo billete emitido por un sistema centralizado de prazas (con ou sen reserva) poderá ser obxecto de cambio, agás que exista algunha limitación polas condicións especiais ás que estea suxeito o título de transporte.
O billete que se vai cambiar debe estar dentro do seu período de validez, e o cambio deberase solicitar nun punto con sistema de venda centralizada de prazas, coa necesaria anticipación para poder efectuar as operacións que correspondan e como máximo
- ata cinco minutos antes da hora de saída da estación que figure no billete.
- Que a venda anticipada estea dispoñible para a data do novo billete solicitado.
- Que se o título que se vai cambiar ten un período de validez, o novo billete deberá estar dentro do devandito prazo.
- Que satisfaga as seguintes condicións económicas establecidas para estas operacións.
- O cambio será gratuíto para o mesmo día. Se se trata dun día distinto os gastos serán do 10% do importe do billete que se vai cambiar (cun mínimo dun euro).
- Cando o cambio de billete sexa por un de maior prezo, percibirase a diferenza entre ambos, ademais da percepción establecida se o cambio fose para outro día.
- Cando o cambio sexa por un billete de menor contía, devolveráselle a diferenza ao viaxeiro, sen prexuízo da recarga que corresponda.
Anulacións
Todo billete emitido poderá ser anulado nas condicións que a continuación se recollen, en función da natureza do título.
- En xeral, todo billete poderase anular dentro do seu período de validez, debendo solicitarse coa necesaria anticipación para poder efectuar as operacións que correspondan, e como máximo ata cinco minutos antes da hora da saída do tren da estación de orixe do billete do que se solicita a anulación.
- Cando o billete sexa emitido por un sistema de venda centralizada de prazas (con ou sen reserva), e se presente para a súa anulación nun punto onde non exista conexión ao devandito sistema, o prazo para realizar a operación finalizará unha hora antes da hora de saída do tren da estación de orixe do billete.
- A anulación de títulos Multiviaje ou abonos deberá realizarse, con carácter xeral, antes do comezo do seu período de validez e como máximo ata cinco minutos antes da hora de saída do tren da estación de orixe do billete, nos termos que se establezan para cada produto comercial.
A solicitude de reintegro do billete, título Multiviaje ou abono por parte do viaxeiro deberase realizar no prazo de un mes desde a data de anulación.
Na anulación dun billete, título Multiviaje ou abono, independentemente da data en que esta se produza, deducirase o 15% do importe do título de transporte anulado en concepto de gastos de anulación.