Renfe

Buscar en Irene de Renfe

Abono Mensual Regional para Estudiantes

Contido da páxina

É un abono unipersoal, personalizado e intransferible, mediante o cal o viaxeiro poderá realizar viaxes ilimitadas, de ida ou volta, de forma indistinta entre dúas estacións concretas, cunha redución do prezo sobre tarifa a Xeral/Base nos servizos Media Distancia Convencional autorizados, durante o período de validez e mes aboado, dirixido a facilitar o acceso ás universidades.

O abono pódese utilizar todos os días durante un mes natural desde o primeiro e ata o derradeiro día do mes ambos os dous incluídos. Ambas as dúas datas irán impresas no título de transporte.

Estes prezos non serán acumulables a outros descontos, agás o derivado de ser titular de Familia Numerosa e aqueloutros que especificamente así o inclúan nas súas condicións.

Dirixido a alumnos, profesores e empregados de:

  • Universidades de Galicia (Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, e Centros Universitarios e Escolas Profesionais de Vigo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Lugo).
  • Universidades de Castela e León (Valladolid, Salamanca e Burgos).
  • Universidades de Castellón e Valencia.
  • Universidades de Castela A Mancha (Campus Ciudad Real, Campus Albacete, Campus Toledo e Campus Cuenca).
  • Universidades de Andalucía (Granada, Almería, Sevilla, Pablo Olavide, Córdoba, Huelva, Málaga e Cádiz).
  • Universidade de Zaragoza.

Dirixido a alumnos:

  • Universidade do País Vasco.

Canles de venda do abono

Poderase emitir nos despachos de billetes das estacións, previa presentación das credenciais.

Pódese adquirir en ata dez días antes da súa data de inicio de validez.

Cambios do abono

Non se admite o cambio do abono.

Anulación do abono

O abono só se poderá anular antes do inicio do seu período de validez cunha dedución do 15 % sobre o seu prezo.

A anulación do abono poderase realizar nos despachos de billetes das estacións.

Formalización da reserva

A formalización é obrigatoria para cada viaxe e será válida para o traxecto e tren formalizado.

Canles de venda da formalización da reserva

Poderá realizarse nos despachos de billetes das estacións, máquinas autovenda e máquinas formalizadoras.

Cambios da formalización

Non se admite o cambio da formalización da reserva.

Anulación da formalización

Admítese a anulación da formalización da reserva sen ningún custo asociado para o cliente.

Pero, se o cliente formalizou sobre un tren con tarifa superior, poderá anular sen custos, se o fai antes das dúas horas. A partir dese momento, terá que pagar un 15 % da diferenza aboada entre os dous prezos, en concepto de gastos.

O cliente deberá presentar o Abono Mensual Regional Estudiantes xunto coa formalización da reserva e os documentos xustificativos en vigor para a obtención dos descontos, e conservalos ata a finalización da viaxe. O persoal encargado tamén lle poderá requirir o documento que acredite a identidade do titular do abono.

Información adicional