Renfe

Buscar en Irene de Renfe

Abono Mensual Regional:

Contido da páxina

O Abono Mensual Regional permitirache obter Puntos Renfe e beneficiarte do resto de vantaxes das que xa gozan os membros do noso programa de fidelización.

Se aínda non pertences ao noso programa de fidelización, dáte de alta e comeza a acumular puntos que poderás trocar tanto en Renfe coma nos servizos que ofrecen as empresas asociadas ao programa (estancias en hoteis, alugueiro de vehículos, subscricións a revistas, etc.).

Non esquezas que para obter os teus puntos é imprescindible que indiques o teu número de Tarxeta +Renfe no momento da compra do teu abono.


É un abono unipersoal, personalizado e intransferible, mediante o cal o viaxeiro poderá realizar viaxes ilimitadas, de ida ou volta, de forma indistinta entre dúas estacións concretas, cunha redución do prezo sobre tarifa Xeral/Base nos servizos Media Distancia Convencional autorizados, durante o período de validez e mes aboado.

O abono pódese utilizar todos os días durante un mes natural desde o primeiro e ata o derradeiro día do mes ambos os dous incluídos. A data de validez irá impresa en el título de transporte.

Estes prezos non serán acumulables a outros descontos, agás o derivado de ser titular de Familia Numerosa e aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

Canles de venda do abono

Poderase emitir nos despachos de billetes das estacións e máquinas de autovenda.

Pódese adquirir ata 10 días antes da súa data de inicio de validez.

Cambios do abono

Non se admite o cambio do abono.

Anulación do abono

O abono só se poderá anular antes do inicio do seu período de validez cunha dedución do 15 % sobre o seu prezo.

A anulación do abono poderase realizar nos despachos de billetes das estacións.

Formalización da reserva

A formalización é obrigatoria para cada viaxe e será válida para o traxecto e tren formalizado.

Canles de venda da formalización da reserva

Poderá realizarse nos despachos de billetes das estacións, máquinas autovenda e máquinas formalizadoras.

Cambios da formalización

Non se admite o cambio da formalización da reserva.

Anulación da formalización

Admítese a anulación da formalización da reserva sen ningún custo asociado para o cliente.

Pero, se o cliente formalizou sobre un tren con tarifa superior, poderá anular sen custos, se o fai antes das dúas horas. A partir dese momento, terá que pagar un 15 % da diferenza aboada entre os dous prezos, en concepto de gastos.

O cliente deberá presentar o Abono Mensual Regional xunto coa formalización da reserva e os documentos xustificativos en vigor para a obtención dos descontos, e conservalos ata a finalización da viaxe. O persoal encargado tamén lle poderá requirir o documento que acredite a identidade do titular do abono.

Información adicional