Renfe

Buscar en Irene de Renfe

Carné Xove

Contido da páxina

Oferta dirixida aos clientes entre 14 e 25 anos na data da viaxe, para viaxar en trens AVE, Larga Distancia, Avant, Media Distancia Convencional cun 20 % de desconto sobre o prezo da tarifa Xeral/Base en todos os trens, clases e prazas.

Para obter o desconto, o mozo debe ser titular dun Carné Xove emitido por calquera das Comunidades Autónomas de España ou asociado a unha tarxeta bancaria emitida por entidades financeiras colaboradoras. Igualmente, é válido o European Youth Card emitido nos países asociados a EYCA e para os titulares de GO25 (IYTC).

Non serán válidos os carnés de estudante.

O desconto non será acumulable a outros, agás o derivado de ser titular de Familia Numerosa e aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

Canles de venda

Os billetes pódense adquirir nos despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, www.renfe.com, axencias de viaxes presenciais e virtuais, venda telefónica - Renfe Contigo 91 232 03 20, Renfe Ticket.

Cambios

  • Admítese o cambio do billete para o mesmo día sen custo, dentro do seu período de validez.
  • Se o cliente desexa cambiar o billete para outro día, aboará unha cantidade adicional equivalente ao 10 % do importe do billete cambiado en concepto de gastos de cambio. Nos trens de Media Distancia Convencional aboarase un mínimo de 1€ por billete.

En caso de que o novo billete sexa de maior importe, o cliente aboará a diferenza.

Cando o cambio sexa a un billete de menor importe da cantidade para reintegrar, unha vez deducidos os gastos de cambio, de habelos, descontarase un 15 %.

Anulacións

Admítense as anulacións dos billetes, cunha dedución do 15 % sobre o prezo do billete.

Perda do tren

En caso de perda dos trens AVE e Larga Distancia por causas non imputables a Renfe e para aqueles clientes que se presenten cun límite máximo de 30 minutos (a contar desde a hora prevista da saída do tren), na estación de orixe da viaxe ofreceráselles a posibilidade de viaxar no seguinte tren con prazas libres nas condicións que Renfe determine.

O cliente terá que aboar un 20 % do prezo do novo billete calculado sobre a tarifa Xeral, se este viaxase en idéntica ou inferior clase á do billete orixinal.

O cliente deberá presentar o billete xunto con todos os documentos xustificativos para a obtención dos descontos e conservalos ata a finalización da viaxe. Do mesmo xeito, o documento que acredite a identidade do titular do carné.

Información adicional