Renfe

Buscar en Irene de Renfe

Tarifa intermodal con barco ou avión

Contido da páxina

Esta oferta comercial desenvolveuse para facilitar e potenciar o transporte intermodal de viaxeiros.

Condicións comerciais

Para a aplicación desta tarifa será necesario que o tempo máximo entre a chegada e a saída de ambos os dous medios de transporte sexa de 48 horas, ademais de cumprir tamén a presentación dun documento xustificativo que reúna os requisitos seguintes:

"Avión + Tren"

Admitiranse billetes de transporte aéreo de calquera traxecto internacional ou nacional que teña como orixe ou destino as illas Baleares, as illas Canarias ou Melilla. A poboacións de intercambio modal serán aquelas nas que os billetes de transporte aéreo e tren, xa sexan de orixe ou destino, coincidan ou aquelas que pola súa proximidade faciliten o tránsito.

“Barco + tren”

Billetes das liñas regulares marítimas e billetes ou bonos de cruceiros vacacionais que operen en portos españois. As poboacións de intercambio modal serán aquelas nas que os billetes de barco e tren, xa sexan de orixe ou destino, coincidan ou aquelas que pola súa proximidade faciliten o tránsito.

Documentación

Os documentos xustificativos para a obtención do desconto poderán ser:

  • Billete de transporte aéreo.
  • Tarxeta de transporte aéreo.
  • Bono de cruceiro vacacional.
  • Factura da axencia de viaxes onde se reflicta a viaxe
  • Billete electrónico de liña marítima.
  • Tarxeta de embarque de liña marítima.

Trens e clases

Todas as clases de AVE–Larga Distancia, Alta Velocidad–Media Distancia e na maioría dos trens de Media Distancia Convencional.

Desconto

En trens de AVE–Larga Distancia: desconto do 10 % en viaxes de ida ou dun 25 % nas viaxes de ida e volta co regreso pechado.

En trens de Alta Velocidad–Larga Distancia (Avant) e Media Distancia Convencional: desconto do 15 % por traxecto.

Puntos de venda

Os billetes poderanse emitir nos puntos de venda das estacións, oficinas de venda e axencias de viaxes.

Non está permitida a venda en ruta.

Cambios e anulacións

Pódense realizar cambios e anulacións nas condicións establecidas con carácter xeral.

Información adicional