Renfe

Buscar en Irene de Renfe

Tarxeta Renfe & Tú Córdoba–Rabanales

Contido da páxina

Media Distancia Convencional

A tarxeta personalizada sen contacto Renfe & Tú permite un acceso máis rápido as plataformas, ao proporcionar maior velocidade de validación e reducir as colas para acceder ou saír da plataforma para o que abonda con achegar a tarxeta ao lector situado na parte superior dos tornos de acceso.

Será posible a súa utilización no percorrido de Media Distancia entre Córdoba e Rabanales.

Características comerciais

A tarxeta é personalizada e leva impreso o nome, a foto, o número de documento do titular e o número de código de viaxeiro.

Pódense solicitar nos puntos de Atención ao Cliente en calquera estación, previo pagamento dun importe de 2,00 €.

Unha vez adquirida e personalizada permitirase a carga de calquera tipo de título de transporte vixente; así mesmo, permitirá repoñer os títulos en caso de perda.

Información adicional