Renfe

Buscar en Irene de Renfe

Billete Flexible

Contido da páxina

O Billete Flexible é unha oferta comercial só para AVE e Larga Distancia en todas as súas clases e prazas -sentadas e deitadas- que, mantendo o mesmo prezo de tarifa Xeral sen descontos, presenta atributos adicionais que permitirán ao cliente obter mellores condicións no referente a cambios, anulacións e perda do tren.

Ao Billete Flexible poderán aplicárselle os descontos derivados de ser titular de Familia Numerosa e aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

Canles de venda

Despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, www.renfe.com, axencias de viaxes presenciais e virtuais, venda telefónica - Renfe Contigo 912 320 320, Renfe Ticket e máquinas de autovenda multiproduto.

Cambios

O billete pode cambiarse, sen custo, dentro do seu período de validez.

  • En caso de que o novo billete sexa de maior importe, o cliente aboará a diferenza.
  • Cando o novo billete sexa de menor importe, da cantidade para reintegrar, descontarase o 15 % en concepto de gastos de reembolso.

Anulacións

Admítese a anulación do billete cunha dedución do 5 % sobre o prezo do billete para devolver, en concepto de gastos de anulación.

Perda do tren

En caso de perda do tren por causas non imputables a Renfe e para aqueles clientes que se presenten cun límite máximo de 30 minutos (a contar desde a hora prevista da saída do tren), na estación de orixe da viaxe ofreceráselles a posibilidade de viaxar no seguinte tren con prazas libres nas condicións que Renfe determine.

Sen custo para o cliente sempre e cando viaxe en idéntica ou inferior clase á do billete orixinal.

O cliente deberá presentar o billete xunto cos documentos xustificativos en vigor para a obtención dos descontos e conservalos ata a finalización da viaxe. Igualmente, deberá presentar o documento que acredite a identidade do titular.

Información adicional