Renfe

Buscar en Irene de Renfe

Billete Promo+

Contido da páxina

Esta oferta baséase nun sistema de prezos dinámicos con importantes descontos nos trens AVE e Larga Distancia no seu traxecto nacional, que se determinen en función do tren, data de viaxe e antelación da compra e sen renunciar a unha serie de atributos de calidade.

Os prezos dos billetes poderán acadar descontos de ata o 65 % sobre a tarifa Xeral, ao ser adquiridos en www.renfe.com, Renfe Ticket, axencias de viaxes presenciais e virtuais.

Estes billetes estarán dispoñibles nos despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, venta telefónica e máquinas autovenda multiproduto cun desconto máximo do 35 % sobre a tarifa Xeral.

Estes descontos non son acumulables a outros, agás o derivado de ser titular de Familia Numerosa e aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

Cambios

Se o cliente desexa cambiar o billete, aboará unha cantidade adicional equivalente ao 20 % do importe do billete cambiado en concepto de gastos de cambio. Ademais, o cliente aboará a diferenza entre os dous billetes, de haber algunha.

En ambos os dous casos, cando o cambio sexa a un billete de menor contía da cantidade para reintegrar, unha vez deducidos os gastos de cambio, de haber algún, descontarase un 15 % do devandito importe.

Anulacións

Admítense as anulacións de billetes cunha dedución do 30 % sobre o prezo do billete.

Perda do tren

En caso de perda do tren por causas non imputables a Renfe e para aqueles clientes que se presenten cun límite máximo de 30 minutos (a contar desde a hora prevista da saída do tren), na estación de orixe da viaxe ofreceráselles a posibilidade de viaxar no seguinte tren con prazas libres nas condicións que Renfe determine.

O cliente terá que aboar un 20 % do prezo do novo billete calculado sobre a tarifa Xeral, se este viaxase en idéntica ou inferior clase á do billete orixinal.

Selección de asento

Non se pode realizar selección gráfica de asento.

O cliente deberá presentar o billete xunto cos documentos xustificativos en vigor para a obtención dos descontos e conservalos ata a finalización da viaxe. Igualmente, deberá presentar o documento que acredite a identidade do titular.

Información adicional