Renfe

Buscar en Irene de Renfe

Tren + Autobús

Contido da páxina

É un servizo intermodal nun único billete combinado que garante ao cliente o enlace entre ambas as dúas compañías de transporte.

AVANZA

  • Barcelona aeroporto El Prat con destino Barbastro e Huesca (en ambos os dous sentidos con transbordo tren+autobús en Barcelona-Sants).
  • Madrid P. Atocha con destino Marbella e Estepona e regreso (ambos os dous sentidos con transbordo tren+autobús en Málaga).
  • Madrid P. Atocha con destino Pireneo Aragonés: Barbastro, Jaca, Candanchú, Astún, Biescas, Panticosa, Formigal e regreso (ambos os dous sentidos con transbordo tren+autobús en Huesca).
  • Madrid/Sevilla/Málaga con destino Pireneo Aragonés: Barbastro, Monzón, Binefar, Graus, Benasque, Sabiñánigo, Jaca, Candanchú, Astún e regreso (con transbordo tren+autobús en Zaragoza).

ALSA

  • Madrid P. Atocha, Ciudad Real, Albacete e Barcelona S. con destino Benidorm e regreso (ambos os dous sentidos con transbordo en Alacant).
  • Madrid P. Atocha e Barcelona S. con destino Denia-Jávea e regreso (ambos os dous sentidos con transbordo Valencia J. Sorolla).
  • Madrid P. Atocha con destino Vielha-Andorra e regreso (ambos os dous sentidos con transbordo tren-autobús en Lleida-Pirineus).
  • Madrid Chamartín con destino Roquetas-Aguadulce e regreso (ambos os dous sentidos con transbordo tren-autobús en Almería).
  • Madrid Pta. Atocha e Barcelona S. con destino Algarve Portugués: Faro, Albufeira, Portimao, Lagos e regreso (ambos os dous sentidos con transbordo tren-autobús en Sevilla).

BAILE

  • Asturias, Cantabria, Galicia, Cataluña e Madrid con destino Alacant, L’Altet, Los Arenales e Santa Pola e regreso (ambos os dous sentidos con transbordo tren+autobús en Alacant).

TEISA

  • Madrid P. de Atocha e Barcelona Sants con destino Figueres e regreso (ambos os dous sentidos con transbordo en Figueres Vilafant).

La Regional

  • Madrid Chamartín e Galicia con destino Toro e regreso (ambos os dous sentidos con transbordo tren+autobús en Zamora).

Canles de venda

Despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, www.renfe.com, axencias de viaxes presenciais e virtuais, e venda telefónica - Renfe Contigo 91 232 03 20.

Cambios e anulacións.

As condicións para realizar cambios ou anulacións, afectarán ao conxunto do billete, sendo de aplicación as establecidas especificamente para a tarifa adquirida para o traxecto de Renfe, podéndose realizar os cambios e anulacións ata 10 horas antes da saída do primeiro traxecto da viaxe.

Equipaxes

O viaxeiro poderá levar consigo, baixo a súa custodia e responsabilidade, nos lugares destinados para o efecto, ata 3 vultos de man. O conxunto dos tres vultos non poderá superar 25 kg. de peso nin 290 cm. (largo+ancho+alto). Así mesmo, o maior dos tres vultos non deberá exceder as dimensións de: 85 x 55 x 35 cm.

Non se admiten bicicletas nin animais de compañía.

Servizo Atendo

A solicitude de asistencia nas estacións formalizarase a través do teléfono 912 140 505 e exclusivamente para o traxecto prestado por Renfe. Queda excluído o traxecto en autobús.

A prestación do servizo Atendo iniciarase e finalizarase sempre nos puntos de encontro das estacións sinaladas a ese efecto para este servizo.

Outra información

Dispoñibilidade dos billetes: estes billetes poderanse adquirir desde o mesmo momento que se poñan á venda ata 10 horas antes da saída do primeiro traxecto da viaxe.

En caso de seleccionar a opción de Ida e Volta, o período máximo para transcorrer entre as dúas viaxes non poderá ser superior a 90 días.

Este billete combinado ten garantido o enlace oficial na estación de ferrocarril correspondente. En caso de perda de enlace oficial garantirase ao cliente a chegada a destino polos medios alternativos que se establezan a ese efecto, sen custo adicional para el.

Non se presta o servizo de viaxe de menores sen acompañamento.

Aos prezos do traxecto en tren poderáselle aplicar o desconto derivado de ser titular de Familia Numerosa.

O cliente deberá presentar o billete xunto cos documentos xustificativos en vigor para a obtención dos descontos e conservalos ata a finalización da viaxe. Igualmente, deberá presentar o documento que acredite a identidade do titular.

Información adicional