Renfe

Buscar en Irene de Renfe

Compra Múltiple

Contido da páxina

É unha iniciativa pensada para os viaxeiros que utilizan o tren de xeito recorrente nos seus desprazamentos en todos os servizos AVE, Larga Distancia, Avant e Media Distancia Convencional, en todas as clases e prazas sentadas.

O cliente poderá adquirir nunha única operación ata tres destinos, sendo coincidentes o primeiro e o último.

O desconto para aplicar será dun 20 % para cada traxecto sobre o prezo da tarifa Xeral/Base, establecida para cada un.

O desconto non será acumulable a outros, agás o derivado de ser titular de Familia Numerosa e aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

O período de validez é dun año, incluída a data de adquisición do billete.

Canles de venda

Despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, www.renfe.com, axencias de viaxes presenciais e virtuais, e venda telefónica - Renfe Contigo 91 232 03 20.

Cambios

Os billetes poderán ser cambiados, dentro do seu período de validez, sempre que se manteña esta mesma oferta, así como as orixes e destinos. Esta operación non ten custo.

Cando o cambio sexa a un billete de maior importe, o cliente deberá aboar a diferenza.

Cando o cambio sexa a un billete de menor importe, da cantidade para reintegrar, descontarase o 15 %.

Anulacións

Poderán anularse cada un dos traxectos de maneira individual, cun custo do 40 % do prezo do billete anulado.

Se se realiza unha anulación simultánea dos tres traxectos, terá un custo do 15 % dos billetes anulados.

Perda do tren

En caso de perda dos trens AVE e Larga Distancia por causas non imputables a Renfe e para aqueles clientes que se presenten cun límite máximo de 30 minutos (a contar desde a hora prevista da saída do tren), na estación de orixe da viaxe ofreceráselles a posibilidade de viaxar no seguinte tren con prazas libres nas condicións que Renfe determine.

Sen custo para o cliente, se viaxa en idéntica ou inferior clase á do billete orixinal.

Outra información

Non poderá realizarse a compra múltiple cando os puntos de orixe e destino se atopen dentro do mesmo núcleo de Cercanías.

Todas as estacións dunha mesma cidade considéranse a mesma para o proceso de enlazado de traxectos. Polo tanto, pode realizarse indistintamente ata/desde calquera delas.

Tamén se considerarán, a estes efectos, a mesma estación:

  • Antequera, Antequera–Santa Ana e Bobadilla.
  • Segovia e Segovia Guiomar.
  • Tarragona e Camp de Tarragona.
  • Figueres e Figueres Vilafant.
  • Huesca–Tardienta.
  • Villena–Villena A.V. e Elda Petrer.

O cliente deberá presentar o billete xunto cos documentos xustificativos en vigor para a obtención dos descontos e conservalos ata a finalización da viaxe. Igualmente, deberá presentar o documento que acredite a identidade do titular.

Información adicional