Renfe

Buscar en Irene de Renfe

Familia numerosa

Contido da páxina

Esta tarifa facilita aos membros das familias consideradas numerosas, que dispoñan do correspondente título acreditativo -outorgado polas diferentes Comunidades Autónomas-, a posibilidade de viaxar con importantes descontos segundo a categoría, en todos os trens no seu percorrido nacional AVE, Larga Distancia, Avant, Media Distancia Convencional, Cercanías e Feve, en todas as prazas e clases.

Para obter o desconto, o cliente deberá presentar o título oficial de Familia Numerosa (libro, carné, etc.), ou documento que acredite fidedignamente esa condición e a categoría na que a mesma se clasifica, ou ben fotocopia compulsada desta. Tamén poderán presentar os títulos caducados que estean acompañados dunha solicitude de renovación debidamente cuberta.

O desconto efectuarase unicamente no momento da compra dos billetes, aplicándose un:

  • 20 % para os integrantes de familia numerosa de categoría xeral.
  • 50 % para os integrantes de familia numerosa de categoría especial.

Estes descontos son acumulables a calquera outro, agás naqueles produtos/servizos/ofertas que especificamente así o indiquen nas súas condicións comerciais.

Os títulos de familia numerosa, emitidos pola Generalitat de Catalunya para familias monoparentais, só serán aceptados como tales nos trens de Rodalies, cuxa administración é competencia da Generalitat de Catalunya, quen determina as súas condicións de comercialización.

Os billetes poderanse adquirir en puntos de venda nos despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, www.renfe.com, axencias de viaxes presenciais, venda telefónica - Renfe Contigo 912 320 320, Renfe Ticket e máquinas de autovenda multiproduto.

Poderanse efectuar cambios e anulacións, se as tarifas aplicadas no billete adquirido así o admiten.

O cliente deberá presentar o billete xunto con todos os documentos xustificativos para a obtención dos descontos aplicados e o título de familia numerosa e conservalos ata a finalización da viaxe. Tamén se lle poderá requirir o documento que acredite a identidade do viaxeiro.

Información adicional