Esta oferta vai dirixida a persoas que realicen unha viaxe de ida e volta, sen que transcorran entre ambas as datas máis de 60 días e mantendo as mesmas cidades de orixe e destino.
O desconto é do 20% para todas as clases e trens de AVE–Larga Distancia.
Unha vez obtidos os billetes de ida e volta non se permitirá a anulación parcial da viaxe de ida, cumprindo anular ambos os dous e solicitar novos billetes.
A oferta é compatible cos trens de Media Distancia, agás para trens de Avant e Media Distancia convencional con AVE, en que se aplican as condicións comerciais que estableza cada operador.
10% sobre a tarifa base do tren para viaxeiros que realizan viaxe de ida e volta, entre dúas estacións, en trens de Media Distancia.
Validez: a viaxe de ida será válida para a data e o tren que figuran no billete. A viaxe de volta poderase realizar ata 15 días despois da data da viaxe de ida, esta incluída, unha vez formalizado o billete, en todos os casos, no despacho de billetes.
Ida e volta no día 10%. Ida e volta no mesmo día, de se pecharen ambos os traxectos no momento da compra. Admite cambio e anulación.
Ida e volta en distinto día 10% volta ata 15 días despois da ida, esta incluída.
Este desconto non é aplicable na relación Ourense-Santiago-A Coruña, onde se ofrece un Abono 10.
O desconto non é acumulable a ningunha outra oferta, agás aquelas que así o indiquen especificamente nas súas condicións.
Información dispoñible en renfe.mobi
© Renfe. Todos os dereitos reservados.
Información legal |