Para nenos entre 4 e 14 anos (sen cumprir) na data de viaxe e menores de 4 anos que ocupen praza. Esta tarifa é aplicable todos os días en todas as clases e trens. O desconto é do 40% e non é acumulable a ningunha outra oferta. En xeral non será necesaria acreditación ningunha, aínda que durante a viaxe, cando existan dúbidas razoables sobre a idade do neno, poderáselle solicitar ao adulto que o acompaña un documento oficial que certifique a idade do menor.
Nenos entre 4 e 14 anos (sen cumprir). Descontos do 40% sobre a tarifa base en todos os trens, días e percorridos. Os nenos menores de 4 anos viaxan de balde sen ocupar asento.
Os nenos menores de seis anos poderán viaxar de balde sempre que non ocupen praza, Rodalies excepto onde os nenos pagan a partir de 4 anos.
O desconto non é acumulable a ningunha outra oferta, agás aquelas que así o indiquen especificamente nas súas condicións.
Información dispoñible en renfe.mobi
© Renfe. Todos os dereitos reservados.
Información legal |