Renfe

Buscar en Irene de Renfe

Tarifa 4Mesa

Contido da páxina

É unha oferta destinada para viaxes en trens AVE e Larga Distancia nos espazos configurados por catro prazas enfrontadas, dúas a dúas entre si, con ou sen mesa.

As catro prazas comercialízanse de forma conxunta cun 60 % de desconto sobre a tarifa Xeral, aínda que poden ser ocupadas por un número menor de viaxeiros se o desexan, sempre aboando o importe total da oferta.

O desconto non será acumulable a outros, agás o derivado de ser titular de Familia Numerosa e aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

Poderase viaxar ata con dúas mascotas de forma gratuíta, cun máximo dunha mascota por persoa que viaxe.

Canles de venda

Os billetes poderán adquirirse nos despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, www.renfe.com, axencias de viaxes presenciais e virtuais, venda telefónica - Renfe Contigo 91 232 03 20, Renfe Ticket.

Cambios

Non admite cambio de billetes.

Anulacións

Admítese a anulación cuns gastos do 50 % do prezo dos billetes. É indispensable realizar a anulación de todos os billetes asociados a un mesmo localizador.

Indemnización por demora

  • Igual ou superior a 60 minutos: devolución do 50 %.
  • Superior a 90 minutos: devolución do 100 % do importe do billete.

Perda do tren

En caso de perda do tren por causas non imputables a Renfe e para aqueles clientes que se presenten cun límite máximo de 30 minutos (a contar desde a hora prevista da saída do tren), na estación de orixe da viaxe ofreceráselles a posibilidade de viaxar no seguinte tren con prazas libres nas condicións que Renfe determine.

O cliente terá que aboar un 20 % do prezo do novo billete calculado sobre a tarifa Xeral, se este viaxase en idéntica ou inferior clase á do billete orixinal.

O cliente deberá presentar o billete xunto cos documentos xustificativos en vigor para a obtención dos descontos e conservalos ata a finalización da viaxe. Igualmente, deberá presentar o documento que acredite a identidade do titular.

Información adicional