Renfe

Compra o teu Interrail en Renfe

Contido da páxina

Que é Interrail?

É un pase que permite viaxar nas compañías participantes de 30 países europeos e tránsito marítimo entre Italia e Grecia, segundo as características da modalidade escollida. A gama de pases Interrail comprende os Interrail Global Pass e Interrail One Country Pass.

Pode ser adquirido e utilizado por persoas con residencia nalgún dos seguintes países: Albania, Alemaña, Andorra, Austria, Bélxica, Bielorrusia, Bosnia-Herzegovina, Bulgaria, Cidade do Vaticano, Croacia, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, FYR Macedonia, Francia, Grecia, Hungría, Islandia, Italia, Kosovo, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Moldavia, Mónaco, Montenegro, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, República de Irlanda, Romanía, Rusia, San Marino, Serbia, Suecia, Suíza, Turquía e Ucraína.

Tamén pode figurar como residencia un dos territorios seguintes: Illas Aland, de Finlandia; Illas Feroe, de Dinamarca; Xibraltar, Guernsey, Illa de Man e Jersey, do Reino Unido; Svalbard e Jan Mayen, de Noruega.

Os residentes en territorios de ultramar que pertencen a países europeos non poden adquirilo.

É persoal e intransferible, polo que cómpre acreditar a identidade e data de nacemento mediante a presentación de D.N.I. ou pasaporte que inclúa unha fotografía.

Non existe límite de idade para viaxar cun pase Interrail. Ademais do pase para adultos, existen as seguintes variantes:

  • "Youth" destinado a mozos que non teñan cumpridos 28 anos o primeiro día de validez do pase.
  • "Senior" destinado a adultos con 60 anos cumpridos o primeiro día de validez do pase.
  • Child” destinado a nenos entre 4 e 11 anos cumpridos. Este pase é gratuíto cando viaxan acompañados de adultos (limitado a dous nenos por adulto).

Interrail pode adquirirse en España ata 3 meses antes data do primeiro día de validez.

Interrail Renfe Travel Video

As posibilidades que ofrece Interrail son ilimitadas. O viaxeiro pode dedicarse a coñecer grandes metrópoles europeas, cada cal fascinante exemplo dun modo de vida único e vibrante (O Gran Tour: París – Bruxelas – Amsterdam – Frankfurt – Viena); pode descubrir Europa do Leste, co seu ambiente único e a actitude positiva das súas xentes (A nova Europa: Berlín – Varsovia – Ostrava – Praga -- Budapest – Liubliana) ou concentrarse nun só país, por exemplo Italia, e coñecer as rexións máis sorprendentes, que representan a magnífica beleza do país e a súa rica cultura (Beleza Mediterránea: Milán–Xénova–La Spezia–Viareggio–Pisa–Florencia).

O pase Interrail acéptase na maioría de trens de Europa; non obstante, nalgúns trens de altas prestacións recoméndase efectuar unha reserva, mentres que noutros é obrigatorio.

Estas reservas, que non están incluídas no pase, garanten un asento (ou cama) nun tren determinado e en ocasións inclúen servizos adicionais.

As reservas poden adquirirse anticipadamente nas principais estacións españolas, a través de Internet na páxina www.interrail.eu ou nas estacións locais de cada país durante a viaxe.

Para obter máis información sobre as reservas e a súa emisión, así como sobre traxectos que poidan realizarse en trens que non requiran reserva, pódese consultar a páxina https://www.interrail.eu/es/reservas/es-necesario-hacer-reservas

Igualmente, para aproveitar mellor as posibilidades do pase Interrail, pode descargarse a aplicación Rail Planner, que é gratuíta e que ofrece, entre outros:

  • Información de horarios das principais compañías europeas.
  • Información sobre a situación das principais estacións europeas.
  • Listaxe de compañías colaboradoras que ofrecen descontos aos portadores de pases.
  • Posibilidade de adquirir reservas en liña dalgunhas compañías.

Comprar Interrail

Compra o teu Interrail en renfe.com

Lembra que para comprar o teu Interrail debes :

  • Rexistrarte na aplicación de compra de billetes.
  • Seleccionar a opción de "Venda Internacional".

Modalidades

Interrail Global Pass

Utilizable nas compañías participantes de todos os países membros de Interrail.

Ofrécese en dúas modalidades: Continua e Flexible.

  • Modalidade Continua de 15, 22 días ou 1 mes.
  • Modalidade Flexible de 5 días en 15 días; de 7, 10 ou 15 días en 1 mes.

Para adultos en 1.ª e 2.ª clase, maiores de 60 anos en 1.ª e 2.ª clase e mozos menores de 28 anos en 1.ª e 2.ª clase. Os nenos menores de 4 anos viaxan gratis a condición de non ocupar praza. Os nenos entre 4 e 11 anos cumpridos que viaxen acompañados de adultos (limitado a dous nenos por adulto) obterán un pase adicional a 0 euros, en 1.ª ou 2.ª clase, segundo o pase do adulto acompañante.

O Interrail Global Pass é válido para realizar dúas viaxes no país de residencia:

  • unha viaxe de ida desde o lugar de residencia do viaxeiro ata a fronteira, porto ou aeroporto de saída.
  • unha viaxe de volta desde a fronteira, porto ou aeroporto de chegada ata o seu lugar de residencia.

Validez xeográfica do Interrail Global Pass:

O Interrail Global é válido nos 30 países e compañías seguintes: Alemaña (DB e Thalys), Austria (OeBB) (1), Bélxica (SNCB, Eurostar e Thalys), Bosnia-Herzegovina (ZFBH e ZRS), Bulgaria (BDZ), Croacia (HZ), Dinamarca (DSB) (2), Eslovaquia (ZSSK), Eslovenia (SZ), España (Renfe), Finlandia (VR), Francia (SNCF, Eurostar e Thalys), Gran Bretaña (ATOC e Eurostar), Grecia (TRAINOSE), Hungría (MAV-START) (3), Italia (Trenitalia), Luxemburgo (CFL), Montenegro (ZPCG), Holanda (NS e Thalys), Irlanda (IE e NIR) (4), FYR Macedonia (MZ-T), Noruega (NSB), Polonia (PKP) (5), Portugal (CP), República Checa (CD), Romanía (CFR), Serbia (SV), Suecia (SJ) (6), Suíza (SBB) (7), Turquía (TCDD) e no TRÁNSITO MARÍTIMO entre Italia e Grecia operado por Attica Group (Compañías Superfast e Blue Star Ferries) e Minoan Lines.

  1. Inclúe a liña Ebenfurth-Sopron operada por RoeEE. Tamén nos trens da compañía WESTbahn.
  2. Inclúe a compañía privada Arriva. Non é válido nos trens IC Bornholm entre Kobenhavn e Ystad.
  3. Inclúe a liña Györ-Sopron e Sopron-Szombathely-Szentgotthárd operada por GYSEV.
  4. Inclúe Irlanda do Norte.
  5. Inclúe Przewozy Regionale “sp z o.o”
  6. Inclúe as seguintes compañías privadas: Arlanda Express, Connex, Merresor e Tagkompaniet.
  7. Incluye las siguientes compañías privadas: BLS, FART, MOB, RhB, SOB, SOB-bt, SSIF e THURBO.

Ver mapa ferroviario de Europa

Interrail One Country Pass

Utilizable no ámbito da(s) compañía(s) participante(s) do único país indicado no pase.

Ofrécese en modalidade flexible de 3, 4, 6 ou 8 días en 1 mes, para adultos en 1.ª e 2.ª clase, e mozos menores de 28 anos en 1.ª e 2.ª clase e seniors (maiores de 60 anos) en 1.ª ou 2.ª clase. Os nenos menores de 4 anos viaxan gratis a condición de non ocupar praza. Os nenos entre 4 e 11 anos cumpridos que viaxen acompañados de adultos (limitado a dous nenos por adulto) obterán un pase adicional a 0 euros, en 1.ª ou 2.ª clase, segundo o pase do adulto acompañante.

Non se pode adquirir un pase One Country para utilizalo no país de residencia.

Oferta do Interrail One Country Pass:

  • Interrail Austria Pass (*). Validez: OeBB, WESTbahn (Austria).
  • Interrail Benelux Pass. Validez: CFL,NS,SNCB, Thalys, Eurostar (Luxemburgo, Holanda, Bélxica).
  • Interrail Bulgaria Pass. Validez: BDZ (Bulgaria).
  • Interrail Croatia Pass. Validez: HZ (Croacia).
  • Interrail Czech Republic Pass. Validez: CD (República Checa).
  • Interrail Denmark Pass (*). Validez: DSB (Dinamarca).
  • Interrail Finland Pass. Validez: VR (Finlandia).
  • Interrail France Pass. Validez: SNCF, Thalys, Eurostar (Francia).
  • Interrail FYR Macedonia Pass. Validez: MZ-T (Macedonia).
  • Interrail Germany Pass. Validez: DB,Thalys (Alemaña).
  • Interrail Great Britain Pass. Validez: ATOC, Eurostar (Gran Bretaña).
  • Interrail Greece Pass. Validez: TRAINOSE (Grecia).
  • Interrail Greece Plus Pass. Validez: TRAINOSE / Attica Group (Grecia e tránsito marítimo entre Grecia e Italia).
  • Interrail Greek Islands Pass. Validez: Attica Group (Tránsito marítimo entre Italia e Grecia e entre as illas gregas).
  • Interrail Hungary Pass (*). Validez: MAV-START (Hungría).
  • Interrail Ireland Pass. Validez: IE / NIR (Irlanda).
  • Interrail Italy Pass. Validez: TRENITALIA (Italia).
  • Interrail Italy Plus Pass. Validez: TRENITALIA / Attica Group (Italia e tránsito marítimo entre Italia e Grecia).
  • Interrail Norway Pass (1). Validez: NSB (Noruega).
  • Interrail Poland Pass. Validez: PKP (Polonia).
  • Interrail Portugal Pass. Validez: CP (Portugal).
  • Interrail Romania Pass. Validez: CFR (Romanía).
  • Interrail Serbia Pass. Validez: SV (Serbia).
  • Interrail Slovakia Pass. Validez: ZSSK (Eslovaquia).
  • Interrail Slovenia Pass. Validez: SZ (Eslovenia).
  • Interrail Spain Pass. Validez: Renfe (España).
  • Interrail Sweden Pass (*). Validez: SJ (Suecia).
  • Interrail Switzerland Pass (*). Validez: CFF/SBB (Suíza).
  • Interrail Turkey Pass. Validez: TCDD (Turquía).

(*): As notas do InterRail Global Pass sobre estes países son extensivas á modalidade One Country.

(1): Só dispoñible en 2.ª clase.

Descontos

Diversas compañías marítimas e doutros sectores ofrecen condicións especiais aos portadores dun pase Interrail. Listaxe vixente de colaboradores na aplicación Rail Planner e www.interrail.eu

Condicións de uso e suplementos

Atopará a información sobre condicións de uso, suplementos, reembolsos, condicións de emisión, anulacións e situacións irregulares.

Información adicional

© Renfe. Todos os dereitos reservados.
Información legal | Accesibilidade web