Renfe

Buscar en Irene de Renfe

Renfe Spain Pass

Contido da páxina


Renfe Spain Pass é un pase que permite viaxar polo noso país aos non residentes en España.


  • A validez deste pase é de 6 meses desde a data de compra e é válido durante 1 mes desde a data de formalización da primeira viaxe.
  • O cliente pode elixir entre dúas modalidades: Club ou Turista, para adulto ou neno (entre 4 e 13 anos cumpridos, os nenos menores de 4 anos viaxan gratis se non ocupan praza).
  • O cliente pode escoller pases de 4, 6, 8, 10 ou 12 viaxes para utilizar en 1 mes.
  • É válido para todos os trens de AVE Larga Distancia e Media Distancia (excluíndo as prazas deitadas).
  • O billete permite completar a súa viaxe en tren de Cercanías sempre que se corresponda coa localidade de orixe ou destino da súa reserva.
  • Pódese comprar en: internet, axencias de viaxes autorizadas e estacións.
  • Co localizador do pase pódense comprar os billetes en internet, axencias de viaxes e estacións autorizadas.
  • É un pase persoal e instransferible e cómpre acreditalo con pasaporte.
  • Ademais, con "CiudadesAVE" e Spain Pass, podes gozar de importantes descontos en museos, restaurantes, pases turísticos, etc.

Comprar o Renfe Spain Pass

Información adicional