O meu billete permite anulacións?

Nos trens AVE e Alvia, Euromed e Intercity, as condicións de anulación dependerán do billete (Básico, Elige e Prémium) que adquirises:

  • O billete Básico non admite cambios nin anulacións. 
  • O billete Elige e Elige Confort permite a anulación; neste caso devolvémosche o 70 % do importe. Podes mellorar a túa viaxe adquirindo, con custo extra, o complemento Reembolso total co que recuperas o 100 % do importe do teu billete, se cancelas ata 7 días antes da saída do tren ou o 95 % nos últimos 6 días naturais. 
  • O billete Prémium ten incluído o complemento Reembolso total.

Nos trens Avant, Media Distancia, Cercanías e Rodalies:

  • Como condición xeral, deducirase o 15 % do prezo do billete anulado en concepto de gastos de anulación.
  • Se é unha tarifa Ida e Volta, para servizos Avant e Media Distancia, poderanse anular cada un dos billetes de maneira individual, cun custo do 40 % do billete anulado. Se se realiza unha anulación simultánea de ambos os dous traxectos, terá un custo do 15 % dos billetes anulados.
  • Os billetes para servizos de Cercanías e Rodalies unicamente poderán ser anulados antes de transcorridas dúas horas desde a súa adquisición.