Que métodos de pagamento se admiten en Renfe.com?

Podes pagar as túas compras en renfe.com mediante tarxeta de crédito ou débito, con Puntos Renfe ou con PayPal. Renfe ofréceche un sistema de compra seguro, sen posibilidade de fraude. Todos os datos confidenciais xerados ao operar co sistema están cifrados. Poderás comprobar que ao realizar estas operacións sensibles, o teu navegador indica que está traballando contra un servidor seguro.

Que operacións podo facer cun billete pagado con PayPal?

Se é na mesma canle na que efectuaches a compra, podes facer as mesmas operacións que con calquera billete pagado con tarxeta de crédito: cambios, anulacións, indemnizacións automáticas, etc. Noutras canles, como estacións, axencias de viaxes ou máquinas autovenda, podes realizar operacións que non impliquen ningún custo adicional.

Podo cambiar nunha estación ou nunha axencia de viaxes un billete pagado con PayPal?

Si, sempre que non implique ningún pagamento adicional. De se producir unha devolución como consecuencia do cambio, esta faríase á conta de PayPal coa que realizaches o pagamento.

Podo anular nunha estación ou nunha axencia de viaxes un billete pagado con PayPal?

Si. O importe devolto ingresarase na conta de PayPal coa que realizaches o pagamento.

Canto tempo teño para mercar un billete?

Podes mercar os teus billetes desde o mesmo momento en que se poñan á venda no sistema de venda electrónica e ata 15 minutos antes da saída do tren.

Que pasa se non podo ver ou imprimir o billete que merquei?

Podes imprimir o teu billete nas máquinas autovenda instaladas nas estacións ou solicitalo indicando o número de tarxeta de crédito coa que se efectuou a compra no teléfono de información de venda por internet 91 919 05 04.

Podo anular os meus billetes?

Si, se a tarifa o permite, ata 15 minutos antes da saída do tren. Para facelo, necesitarás o código de compra ou o número do billete (13 díxitos). Dependendo da túa tarifa, esta operación pode ter custos adicionais. Lembra que os billetes poden anularse sen custos dentro dun prazo de 2 horas despois da compra.

Podo cambiar os meus billetes?

Si, se a tarifa o permite, ata 15 minutos antes da saída do tren. En función da túa tarifa, esta operación pode implicar custos adicionais.

Podo imprimir os meus billetes, solicitar unha factura ou envialos a unha carteira PassBook ou Pass Wallet en calquera momento, se non o fixen ao finalizar a compra do meu billete?

Si, sempre que sexas cliente rexistrado poderás facelo desde a túa área privada.

Que beneficios teño ao rexistrarme?

Ao rexistrarte, poderás acceder máis rapidamente á compra de billetes e gozarás doutras vantaxes:

  • Poderás consultar billetes comprados e non utilizados.
  • Poderás realizar cambios e solicitar reembolsos dun xeito máis sinxelo. 
  • Poderás dar de alta as túas tarxetas de crédito e mercar coa que queiras sen ter que introducir os números cada vez.
  • Poderás participar en sorteos de viaxes, entradas para espectáculos, eventos deportivos, etc.
  • Poderás recibir comunicacións de interese no teu correo electrónico, se así o desexas.
     

Que é a compra telefónica?

Con este servizo, chamando a 91 232 03 20, podes mercar telefonicamente billetes para trens de Alta Velocidad–Larga Distancia, Media Distancia Convencional e Avant, dende o mesmo momento no que estean dispoñibles no sistema de venda e ata 30 minutos antes da saída do tren.

Tamén podes facer cambios e anulacións por teléfono, agás nos trens de Media Distancia. O pagamento realízase con tarxetas de crédito ou débito, sempre que fosen emitidas por un banco nacional. Solicitaráseche o número da tarxeta, a súa data de caducidade e o código de control da tarxeta.

Ten presente que, para poder utilizar unha tarxeta en venda telefónica, esta debeu ser utilizada en calquera canle de Renfe que permita a súa verificación: Internet, despachos de billetes, axencias de viaxes ou máquinas autovenda. Tamén podes facer o pagamento con Puntos Renfe obtidos pola utilización da tarxeta de fidelización +Renfe.

O servizo de venda telefónica fornecerache un número de localizador correspondente ao teu billete. Opcionalmente, se o desexas e sen custo engadido, poderase emitir o localizador mediante:

  • unha mensaxe SMS a un teléfono móbil (válido só para teléfonos nacionais).
  • unha notificación dirixida a un enderezo de correo electrónico. (Non é válido como título de transporte).

Lembra que, para viaxar, debes obter os billetes correspondentes dos localizadores. Podes facelo ata 5 minutos antes da saída do tren en calquera dos seguintes puntos:

  • Máquinas autovenda dispoñibles nas estacións 
  • En estacións cun punto de venda habilitado para emitir este tipo de billetes. (consultar 91 232 03 20)
     

A canle de venda telefónica valida as tarxetas de pagamento PayGold, un xeito áxil, cómodo e seguro de mercar desde o teléfono, sen límite de gasto e válido tamén para tarxetas estranxeiras.


Como validar a miña tarxeta en PayGold?

Para realizar as túas compras por teléfono da forma máis cómoda e segura, chama ao 912 320 320 e o noso equipo enviará un SMS ou un correo electrónico cunha ligazón a RedSys (plataforma de comercio electrónico segura) para validar a túa tarxeta (tes 72 horas).

Desde esta ligazón debes cubrir o formulario cos datos da túa tarxeta. Para asegurar a súa validez, farase un cargo inmediato de 1 euro, que se devolverá unha vez enviado o formulario.

Unha vez validada a túa tarxeta, podes mercar os teus billetes utilizando só o número de teléfono ou o correo electrónico asociado á túa tarxeta.

Que pasa se perdín o código de compra ou o localizador?

Se es cliente rexistrado, podes consultar toda a información en Mis Viajes. Se non estás rexistrado, nas máquinas de facturación automática podes introducir o número de tarxeta de crédito coa que realizaches a compra do billete e imprimilo. Noutros casos, podes chamar ao teléfono de información de vendas por internet 91 919 05 04.

É necesario levar o billete impreso?

Para viaxar sempre é necesario que vaias provisto do teu billete. Débelo levar impreso, imprimilo nas máquinas de facturación automática das estacións que estean preparadas para iso ou solicitalo nos despachos de billetes.

Outras opcións son:

  • Billete no móbil.
  • Billete en formato PassBook.
  • Billete na app Renfe Ticket.

Con canto tempo de antelación debo estar na estación?

O punto de control que permite o acceso ao tren péchase 5 minutos antes da saída do tren. Non obstante, nas estacións grandes e en todas aquelas con escáner para equipaxes é aconsellable acudir con bastante antelación.