Nos trens AVE, AVE Internacional entre España e Francia, Alvia, Euromed e Intercity, as condicións de cancelación dependerán do billete (Básico, Elige ou Prémium) que teñas comprado e da data da túa viaxe (se é anterior ou posterior ao 25 de xaneiro de 2027).
Para viaxes ata o 25 de xaneiro de 2027:
- o billete básico non admite anulacións.
- o billete Elige e Elige Confort permite a anulación; neste caso devolvemos o 70 % do importe.
Podes mellorar a túa viaxe adquirindo, por 5 €, o complemento Reembolso total, co que recuperas o 100 % do importe do teu billete se cancelas ata 7 días antes da saída do tren ou o 95 % nos últimos 6 días naturais. Tamén podes adquirir por 10 € o Pack Superflex, que inclúe os extras Cambios ilimitados, Puente AVE e Reembolso total.
- o billete Prémium permite a anulación cun reembolso de ata o 100 % ata 7 días antes da saída do teu tren ou do 95 % se cancelas nos últimos 6 días naturais. Ademais, inclúe sen custo extra o Pack Superflex. Lembra que o billete Prémium non está dispoñible no AVE Internacional.
Para viaxes a partir do 25 de xaneiro de 2027:
- o billete básico non admite anulacións.
- o billete Elige e Elige Confort permite a anulación; neste caso devolvemos o 70 % do importe.
Podes mellorar a túa viaxe adquirindo, por 10 €, o complemento AVE Flex, co que recuperas o 100 % do importe do teu billete se cancelas ata 7 días antes da saída do tren ou o 95 % nos últimos 6 días naturais.
- o billete Prémium permite a anulación cun reembolso de ata o 100 % ata 7 días antes da saída do teu tren ou do 95 % se cancelas nos últimos 6 días naturais. Ademais, inclúe sen custo adicional AVE Flex. Lembra que o billete Prémium non está dispoñible no AVE Internacional.
Se estás fóra de España, sen acceso ás canles de Renfe habituais, para solicitar a anulación dos billetes tes que ter en conta que:
- os billetes emitidos por Renfe non poderán ser anulados en puntos de venda doutra rede.
- os billetes obtidos a través da web de renfe poden anularse polo mesmo medio.
- os billetes PDF pagados con tarxeta de crédito ou PayPal poderán dirixirse ao teléfono Renfe Contigo (+34) 912 320 320.
Nos trens Avant, Media Distancia, Cercanías e Rodalies:
- Como condición xeral, deducirase o 15 % do prezo do billete anulado en concepto de gastos de anulación.
- Se é unha tarifa Ida e Volta, para servizos Avant e Media Distancia, poderanse anular cada un dos billetes de maneira individual, cun custo do 40 % do billete anulado. Se se realiza unha anulación simultánea de ambos os dous traxectos, terá un custo do 15 % dos billetes anulados.
- Os billetes para servizos de Cercanías e Rodalies unicamente poderán ser anulados antes de transcorridas dúas horas desde a súa adquisición.