Que abonos podo mercar por Internet?

Podes mercar e xestionar os seguintes abonos:

  • Abono Tarjeta Plus.
  • Bono Colaborativo.
  • BonoAVE.
  • BonoAVE Flexible.
  • Renfe Spain Pass.
  • Tarjeta Plus 10.

Aínda que só podes mercar a Tarjeta Plus 10 Estudiante nos despachos de billetes, si podes xestionar as túas viaxes desde a opción "Abonos"

Debo rexistrarme para mercar un abono?

Si, ten que ser un cliente rexistrado para poder adquirir un abono.

Que é formalizar e desformalizar?

Unha vez adquirido o teu abono, debes indicar en que día e en que tren queres viaxar. É o que chamamos facer unha formalización da viaxe. Podes facelo accedendo a "Mis abonos" e seleccionando a opción "Nueva formalización".

Se cambias de opinión e non queres facer esa viaxe, poderás anulalo premendo a icona de anulación e así evitarás que esta viaxe conste como unha formalización no teu abono. É o que chamamos desformalizar.