A utilización da páxina web https://www.avlorenfe.com atribúe a condición de usuario dela (en diante, o "Usuario") e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal na versión publicada por Renfe Viajeros no momento mesmo en que o Usuario acceda á citada páxina Web. En consecuencia, o Usuario debe ler atentamente este Aviso Legal en cada unha das ocasións en que se propoña utilizar a páxina web, xa que pode sufrir modificacións.
Renfe Viajeros infórmalle de que o acceso e uso da páxina web https://www.avlorenfe.com e de todos os subdominios e directorios incluídos baixo a mesma (en adiante conxuntamente denominados como o Portal), así como os servizos que a través dela se poidan obter, están suxeitos aos termos que se estipulan neste Aviso Legal. Xa que logo, se as consideracións detalladas no mesmo non son da súa conformidade, pregámoslle non faga uso do Portal, xa que calquera uso deste ou dos servizos nel incluídos implicará a aceptación dos termos legais recollidos neste texto.
O Portal ten como finalidade fornecer información e permitir a compra de billetes para o servizo de trens AVLO.
Renfe Viajeros resérvase o dereito a realizar cambios no Portal sen previo aviso, co obxecto de actualizar, corrixir, modificar, engadir ou eliminar os contidos do Portal ou o seu deseño. Os contidos do Portal actualízanse periodicamente e, debido a que a actualización da información non é inmediata, suxerimos que comprobe sempre a vixencia e exactitude da información contida no Portal.
Os contidos incluídos no Portal non están concibidos nin dirixidos a persoas que residan en xurisdicións onde os seus contidos non estean autorizados.
O uso da web https://www.avlorenfe.com de Renfe Viajeros ten carácter gratuíto para os usuarios.
O Usuario comprométese a utilizar o Portal, os Servizos e os Contidos postos á disposición dos Usuarios no Portal de conformidade coa lei, o presente Aviso Legal, así como coa moral e os bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública. A tal efecto, o Usuario absterase de utilizar calquera dos Contidos con fins ou efectos ilícitos, prohibidos no presente Aviso Legal, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que de calquera xeito poidan danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir a utilización normal dos Servizos, dos equipos informáticos ou dos documentos, arquivos e toda clase de contidos almacenados en calquera equipo informático (“hacking” ou “pirataría informática”) de Renfe Viajeros, doutros Usuarios ou de calquera usuario de Internet (hardware e software).
Renfe Viajeros resérvase a posibilidade de exercer as accións xudiciais pertinentes contra os Usuarios que violen ou infrinxan o compromiso indicado no parágrafo precedente.
É posible que Renfe Viajeros lle facilite o acceso a outras páxinas web que consideramos poden ser do seu interese. O obxectivo destas ligazóns é unicamente facilitarlle a busca dos recursos que lle poidan interesar a través da Internet. Non obstante, esas páxinas non pertencen a Renfe Viajeros, nin Renfe Viajeros fai unha revisión dos seus contidos e, xa que logo, non se pode facer responsable dos mesmos, do funcionamento da páxina enlazada ou dos posibles danos que poidan derivar do seu acceso ou uso.
Non se permitirá a ligazón de ningunha páxina web ou dun enderezo de correo electrónico ao Portal, agás coa autorización expresa por escrito de Renfe Viajeros. Adicionalmente, as devanditas ligazóns deberán respectar as seguintes condicións:
a) unicamente se poderán realizar ligazóns a páxinas de avlorenfe.com respectando a totalidade do contido das ditas páxinas e non se poderán ligar contidos parciais delas.
(b) o mero establecemento da ligazón non suporá a existencia de ningún tipo de acordo, contrato, patrocinio nin recomendación por parte de Renfe Viajeros respecto da páxina que realiza a ligazón.
En calquera momento, Renfe Viajeros poderá retirar a autorización mencionada no parágrafo anterior, sen necesidade de alegar ningunha causa. En tal caso, a páxina que realizara a ligazón deberá proceder á súa inmediata supresión, tan pronto como reciba a notificación da revogación da autorización por parte de Renfe Viajeros.
Renfe Viajeros prohibe expresamente a terceiros que apliquen "frames" ou a utilización de calquera outro mecanismo que altere o deseño, a configuración orixinal ou os contidos do seu Portal.