Uso do Portal:

o acceso ao Portal e o uso correcto da información contida nel son responsabilidade de quen realice estas accións, sen que se poida facer responsable a Renfe Viajeros polo uso incorrecto, ilícito ou neglixente que o Usuario puidese facer do Portal.

 

Utilización dos contidos

Renfe Viajeros facilita todos os contidos do seu Portal de boa fe e dedicará os seus mellores esforzos a que os mesmos estean permanentemente actualizados e vixentes; non obstante, Renfe Viajeros non asume responsabilidade ningunha con respecto ao uso ou acceso que realicen os Usuarios fóra do ámbito ao que se dirixe o Portal, cuxa responsabilidade final recaerá sempre sobre o Usuario. O Usuario que actúe contra a imaxe, bo nome ou reputación de Renfe Viajeros, así como quen utilice ilícita ou fraudulentamente os deseños, marcas, logos ou contidos do Portal, será responsable fronte a Renfe Viajeros da súa actuación. Polo tanto, o Usuario deberase abster de obter ou intentar obter informacións, logos, tons, imaxes, debuxos, marcas, ficheiros de son e calquera outro material sonoro e/ou gráfico accesible a través do Portal empregando mecanismos distintos dos indicados neste Aviso Legal e no Portal.

 

Virus

Renfe Viajeros comprométese a aplicar todas as medidas necesarias para intentar garantirlle ao Usuario a ausencia de virus, vermes, cabalos de Troia e elementos similares no seu Portal. Porén, estas medidas non son infalibles e, por iso, Renfe Viajeros non pode asegurar totalmente a ausencia dos devanditos elementos nocivos. En consecuencia, Renfe Viajeros non será responsable dos danos que calquera destes elementos puidese ocasionarlle ao Usuario.

 

Fallos tecnolóxicos

Renfe Viajeros realizará os seus mellores esforzos para que o Portal non sufra interrupcións, pero non pode garantir a ausencia de fallos tecnolóxicos, nin a permanente dispoñibilidade do Portal e dos servizos contidos nel e, en consecuencia, non asume responsabilidade ningunha polos danos e perdas que se poidan xerar pola falta de dispoñibilidade e polos fallos no acceso ocasionados por desconexións, avarías, sobrecargas ou caídas da rede non imputables a Renfe Viajeros.

A lei aplicable en caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman este Aviso Legal, así como calquera cuestión relacionada cos servizos deste Portal, será a lei española.