Quen é o responsable do tratamento dos teus datos persoais?
Renfe Viajeros Sociedad Mercantil Estatal S.A. ("Renfe Viajeros"), con domicilio na Avenida de Pío XII n.º 110 CP 28036 Madrid.
Como te podes poñer en contacto co Delegado de Protección de Datos do Grupo Renfe?
Poderás contactar co delegado de protección de datos do Grupo Renfe no seguinte enderezo de correo electrónico: dpd@renfe.es
Que datos persoais teus trata Renfe Viajeros?
Con ocasión da túa relación connosco, Renfe Viajeros pode tratar as seguintes categorías de datos persoais:
Desde Renfe Viajeros pedímosche que manteñas os teus datos debidamente actualizados para garantir que en todo momento os datos que tratamos son veraces. Se os modificas, comunícanos para que esteamos ao corrente da súa situación actual.
Para que utilizamos os teus datos persoais?
1. Xestionar os produtos e servizos que teñas, solicites ou contrates con Renfe Viajeros.
En Renfe Viajeros tratamos os teus datos persoais para:
2. Xestionar tarxetas que outorgan dereitos a descontos (Tarjeta Más Renfe Joven)
Trataremos os datos das tarxetas que dan dereito ao titular a obter descontos (Tarjeta Más Renfe Joven) emitidas por Renfe para a xestión e identificación dos beneficiarios dos descontos asociados aos devanditos documentos. Tamén queremos informarvos de que en Renfe Viajeros premiamos aos nosos clientes frecuentes con programas de fidelización deseñados para mellorar a súa experiencia de viaxe, antes, durante e despois da súa viaxe. Por este motivo, trataremos os datos dos clientes titulares da Tarjeta Más Renfe para xestionar os Puntos Renfe obtidos mediante o uso da Tarjeta Más Renfe e enviarlles información relacionada con dito programa para o seu maior aproveitamento.
3. Coñecerte mellor e personalizar a túa experiencia
En Renfe Viajeros queremos que a túa experiencia como cliente sexa o máis satisfactoria posible, a través dunha relación personalizada o máis adaptada ao teu perfil de cliente e ás túas necesidades.
Para logralo precisamos coñecerte mellor, analizando non só os datos que nos permiten identificarte como cliente, senón tamén os produtos e servizos que tes contratados connosco, así como os usos que fas dos produtos, servizos e das canles de Renfe Viajeros. Ademais, aplicaremos métodos estatísticos e de clasificación para axustar axeitadamente o teu perfil.
Grazas a esta análise, podemos mostrarche características, produtos e servizos que consideramos axeitados para o teu perfil, información sobre os produtos e servizos que tes con Renfe Viajeros, así como ofertas personalizadas con prezos máis axeitados para ti.
4. Comunicar os teus datos a sociedades do Grupo Renfe, empresas colaboradoras e/ou participadas por Renfe Viajeros para que che poidan ofrecer produtos e servizos personalizados para ti
Para que poidas beneficiarte, só por ser o noso cliente, dos servizos de empresas colaboradoras e/ou empresas participadas e do Grupo Renfe comunicándolles os seus datos.
5. Mellorar a calidade dos produtos e servizos
Necesitamos usar a túa información porque en Renfe Viajeros queremos:
Atendendo ás finalidades anteriormente indicadas, conservaremos os teus datos conforme aos prazos sinalados na lexislación que resulte de aplicación en función dos tratamentos realizados ou, se é o caso, ata que solicites a supresión dos teus datos ou manifestes a túa oposición a ditos tratamentos.
Por que razón utilizamos os teus datos persoais (base legal)?
Como obtivemos os teus datos?
A maioría dos datos que tratamos para as finalidades anteriormente indicadas obtivémolos directamente de ti, a través dos formularios que puxemos á túa disposición no noso sitio web.
Porén, informámoslle de que, en ocasións, poderemos tratar os seus datos cando estes foron facilitados por terceiros como axencias de viaxes ou outras persoas físicas que, no seu nome, soliciten ou contraten os produtos e/ou servizos que ofrecemos a través do noso sitio web. En ambos dous casos, informámosche que as categorías de datos que poderemos tratar serán:
Así mesmo, informámoste de que, para que eses terceiros nos poidan facilitar os teus datos, deberán informarte previamente das finalidades e da demais información contida nesta Política. Neste sentido, lembrámosche que esta información estará sempre á túa disposición no noso sitio web e que podes contactar connosco en todo momento, a través dos medios de contacto facilitados na presente Política de Privacidade ou no noso sitio web.
Quen recibirá os teus datos?
Renfe Viajeros poderá comunicar os teus datos persoais a:
1. Empresas do Grupo Renfe coas seguintes finalidades:
2. Organismos públicos competentes, xuíces e tribunais, cando Renfe Viajeros teña a obriga legal de facilitalos.
3. Terceiras entidades, públicas e/ou privadas, coas que Renfe Viajeros chegou a acordos de colaboración en interese e beneficio de determinados colectivos.
4. Empresas colaboradoras e/ou participadas por Renfe Viajeros, coas seguintes modalidades:
5. Ademais, Renfe Viajeros conta coa colaboración dalgúns terceiros provedores de servizos que teñen acceso aos seus datos persoais e que tratan os referidos datos en nome e por conta de Renfe Viajeros como consecuencia da súa prestación de servizos.
Que dereitos tes?
Podes exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade de datos ante a Asesoría Xurídica de Renfe Viajeros mediante o envío dun correo electrónico a dereitos.viajeros@renfe.es ou por correo postal dirixíndote a Renfe Viajeros Sociedade Mercantil Estatal S.A. Avenida Cidade de Barcelona, 8-1ª Planta – 28007 Madrid. Deberás achegar copia do teu DNI ou documento oficial que che acredite.
Se consideras que non tratamos os teus datos persoais de acordo coa normativa, podes contactar co Delegado de Protección de Datos no enderezo dpd@renfe.es. Non obstante, poderás presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es).
Queremos lembrarche que sempre poderás cambiar ou suprimir facilmente o uso que facemos dos teus datos, así como revogar o consentimento que nos outorgaches en dereitos.viaxeiros@renfe.es.