Tratamento de datos de carácter persoal

Quen é o responsable do tratamento dos teus datos persoais?

 

Renfe Viajeros Sociedad Mercantil Estatal S.A. ("Renfe Viajeros"), con domicilio na Avenida de Pío XII n.º 110 CP 28036 Madrid.

Como te podes poñer en contacto co Delegado de Protección de Datos do Grupo Renfe?

 

Poderás contactar co delegado de protección de datos do Grupo Renfe no seguinte enderezo de correo electrónico: dpd@renfe.es.

Que datos persoais teus trata Renfe Viajeros?

 

Con ocasión da túa relación connosco, Renfe Viajeros pode tratar as seguintes categorías de datos persoais:

  • Datos identificativos e de contacto (incluídos enderezos postais e/ou electrónicos).
  • Datos sociodemográficos (tais como idade, situación familiar, residencias, estudos e ocupación).

Desde Renfe Viajeros pedímosche que manteñas os teus datos debidamente actualizados para garantir que en todo momento os datos que tratamos son veraces. Se os modificas, comunícanos para que esteamos ao corrente da súa situación actual.

Para que utilizamos os teus datos persoais?

 

1.    Xestionar o noso programa de fidelización

En Renfe Viajeros recompensamos os nosos clientes frecuentes con programas de fidelización deseñados para mellorar a súa experiencia de viaxe, antes, durante e despois da viaxe. Por este motivo, trataremos os datos dos clientes titulares da tarxeta Más Renfe para xestionar os Puntos Renfe obtidos mediante o uso da tarxeta e para enviarche información relacionada con este programa para que poidas aproveitalo ao máximo.

2.    Coñecerte mellor e personalizar a túa experiencia

En Renfe Viajeros queremos que a túa experiencia como cliente sexa o máis satisfactoria posible, a través dunha relación personalizada o máis adaptada ao teu perfil de cliente e ás túas necesidades. Para logralo precisamos coñecerte mellor, analizando non só os datos que nos permiten identificarte como cliente, senón tamén os produtos e servizos que tes contratados connosco, así como os usos que fas dos produtos, servizos e das canles de Renfe Viajeros. Ademais, aplicaremos métodos estatísticos e de clasificación para axustar axeitadamente o teu perfil. Grazas a esta análise, podemos mostrarche características, produtos e servizos que consideramos axeitados para o teu perfil, información sobre os produtos e servizos que tes con Renfe Viajeros, así como ofertas personalizadas con prezos máis axeitados para ti.

3.    Compartir os teus datos con empresas do Grupo Renfe, empresas colaboradoras e/ou empresas participadas por Renfe Viajeros, para que che poidan ofrecer produtos e servizos adaptados ás túas necesidades

Para que poidas beneficiarte, só por ser o noso cliente, dos servizos de empresas colaboradoras e/ou empresas participadas e do Grupo Renfe comunicándolles os seus datos.

4.    Mellorar a calidade dos produtos e servizos

Necesitamos usar a túa información porque en Renfe Viajeros queremos:

  • Aumentar o teu grao de satisfacción como cliente.
  • Atender as túas expectativas.
  • Perfeccionar os nosos procesos internos.
  • Mellorar a calidade de produtos e servizos existentes.
  • Desenvolver novos produtos e servizos, xa sexan propios ou de terceiros.
  • Realizar estatísticas, enquisas, cálculos actuariais, medias e/ou estudos de mercado que poidan ser de interese para Renfe Viajeros.
  • Mellorar os instrumentos de loita contra a fraude.

Atendendo ás finalidades anteriormente indicadas, conservaremos os teus datos conforme aos prazos sinalados na lexislación que resulte de aplicación en función dos tratamentos realizados ou, se é o caso, ata que solicites a supresión dos teus datos ou manifestes a túa oposición a ditos tratamentos.

Por que razón utilizamos os teus datos persoais (base legal)?

 

  • Para xestionar o programa de fidelización ao que te subscribiches.
  • Porque interésalle a Renfe que aproveites o noso programa de fidelización, coñecerte mellor e que a túa experiencia sexa máis personalizada.
  • Para levar a cabo as finalidades para as que nos dás o teu consentimento e que che describimos anteriormente.
     

Como obtivemos os teus datos?

 

Os datos que tratamos para os fins anteriormente indicados, obtivémolos directamente de ti.

Quen recibirá os teus datos?

 

1. Empresas do Grupo Renfe coas seguintes finalidades:

  • Desenvolver accións comerciais para produtos e servizos relacionados co noso programa de fidelización.
  • Cumprir obrigas legais.

2. Empresas colaboradoras e/ou participadas por Renfe Viajeros, coas seguintes modalidades:

  • Desenvolver accións comerciais para produtos e servizos, tanto xerais como personalizados.
  • Contratar produtos e/ou servizos das devanditas entidades.

3. Ademais, Renfe Viajeros conta coa colaboración dalgúns terceiros provedores de servizos que teñen acceso aos seus datos persoais e que tratan os referidos datos en nome e por conta de Renfe Viajeros como consecuencia da súa prestación de servizos.

 

Que dereitos tes?

 

Podes exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade de datos ante a Asesoría Xurídica de Renfe Viajeros mediante o envío dun correo electrónico a dereitos.viajeros@renfe.es ou por correo postal dirixíndote a Renfe Viajeros Sociedade Mercantil Estatal S.A. Avenida Cidade de Barcelona, 8-1ª Planta – 28007 Madrid. Deberás achegar copia do teu DNI ou documento oficial que che acredite.

Se consideras que non tratamos os teus datos persoais de acordo coa normativa, podes contactar co Delegado de Protección de Datos na dirección dpd@renfe.es. Non obstante, pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es).

Queremos lembrarche que sempre poderás cambiar ou suprimir facilmente o uso que facemos dos teus datos, así como revogar o consentimento que nos outorgaches en dereitos.viaxeiros@renfe.es.