As solicitudes de reembolso dun pase Interrail serán atendidas exclusivamente a través da empresa que o emitiu (pases de Renfe, nas estacións equipadas con terminais VCX), cun cargo do 15 % en concepto de gastos de anulación nos seguintes supostos:
O reembolso non procede:
Non se pode emitir ningún duplicado dun pase, incluso no caso da súa deterioración, roubo ou perda.
No momento da compra, o titular debe amosar o documento de identidade acreditativo (DNI ou pasaporte) cunha fotografía, na que demostre a súa identidade e nacionalidade. No caso de que este último non cadre co país de residencia, tamén deberá amosar algún documento ou certificado dun organismo oficial que o acredite.
Se a compra é realizada por un terceiro ou se efectúa a través de internet, o viaxeiro deberá poder demostrar os datos da súa identidade e residencia nos termos descritos o primeiro día de validez.
O cliente pode acceder desde o menú "Anulación" durante as dúas horas seguintes á compra para solicitar un reembolso sen cargo en casos de erro na gravación de datos, modalidade do pase, desistir da viaxe, etc. A partir dese período, terá un cargo do 15 % do valor do pase e desde que entre en fase de preparación do pedido polo Centro de Emisión de Renfe e se imprima, o cliente non poderá anulalo. Tras a súa recepción, pódese solicitar un reembolso cun cargo do 15 % do valor do billete anulado segundo o procedemento indicado no apartado "Reembolsos".
Poden distinguirse diversos supostos: