Agás que se estipule o contrario nestas condicións especiais, o transporte réxese por:
Os billetes só serán válidos para o tren (día, hora, data…) para o que foron vendidos.
Estes billetes non inclúen o transporte noutros trens entre estacións da mesma cidade.
Non se substituirán billetes perdidos, roubados ou extraviados, nin se autorizará a viaxar sen os billetes, nos casos mencionados.
Todo cambio e anulación pode levar asociada unha retención.
A solicitude de cambio ou anulación presentarase na rede ou axencia onde se obtivo o billete.
En caso de solicitar anulación, é obrigatorio presentar os billetes. Cando estean danados ou ilexibles, e non se poida ver información esencial (ruta, clase, etc.), non se aceptarán para o seu procesamento.
As condicións específicas de cambio ou anulación de cada produto figuran no cadro da Gama Tarifaria.
Calquera solicitude de anulación implica a liberación da praza correspondente.
Ata os 4 anos cumpridos, viaxarán de balde sen dereito a praza.
Os nenos de entre 4 e 11 anos cumpridos teñen unha tarifa especial. A redución de neno non é acumulable con ningunha outra, agás a de grupo.
Os nenos que teñan máis de 11 anos pagarán os mesmos prezos que os adultos.